Cantigas: | I | II | III | IV | V | VI | VII | VIII | IX | X | XI | XII | XIII | XIV | XV | XVI | XVII | XVIII | XIX | XX | XXI | XXII | XXIII | XXIV | XXV |
I. Cando eu non podía ver a señora do meu corazón e de min, ben coidaba que perdería doadamente a coita só con vela, e despois de a ver tiven unha coita maior.
II. Aínda que perdía a cabeza pola miña fermosa señora, coidaba que toda a coita de amor que tiña deixaría de importarme só con vela, e despois de a ver tiven unha coita maior.
III. A todo aquilo que eu coidaba darlle cabo, non llo dei, porque vede o que eu coidei: coidei que me libraría da coita só con vela, e despois de a ver tiven unha coita maior.
Servizo de publicacións da Universidade de Vigo - 2010 | Xosé Bieito Arias Freixedo |