Glosario


  A    B    C    D    E    F    G    I    J    L    M    N    O    P    Q    R    S    T    U    V    X  

 

 

A*

 

a1 art. det. f. (vid. o1).

 

a2 pron. pers. átono. (vid. o2).

 

a3 prep. Introduce o complemento indirecto: 41 sempre m’ aver a queixar / a Deus por el esto querer; 56 nunca el queira mostrar/ a nulh' ome tanto pesar; 82 A Dem' acomend' eu Amor; 126 Nostro Senhor!, quen m' oj' a mi desse; 341 Tod' este mal quant' a mi ven; 364 se prouguer a Nostro Senhor; 394 E muito fezeran a si melhor; 395 e a min, se a non fossen veer; 401 (407, 413) a vós eu nunca faria / pesar; 410 vós, a que eu por meu mal / fiz pesar. // Introduce un complemento directo de persoa: 72 un pouco que mi a min leixou; 122 Ja eu non amo a quen soia; // Indica dirección: 506 a Sevilha el-rei servir; 518 -A Sevilha se vai d' aqui. // Precede a moitas formas de infinitivo, sen engadir un significado específico, actuando como enlace co verbo principal: 10 desejando-vos a veer; 90 (96, 102) non cuidara tant' a viver; 348 o sén, nen lhi cuid' a guarir; 492 Outra senhor vos conven a buscar; 312 pero devia-lh' a fogir. // Noutras ocasións equivale a de: 266 ca non leixarei a trobar; 267 nen a dizer eno cantar / que eu fezer. // Forma parte da perífrase aver+ a + infinitivo. vid. aver. // Forma co infinitivo unha perífrase con valor de xerundio: 37 estar / a tan grave pesar veer. // Forma parte de diversas locs: A força (de) (alguén). (vid. s. v. força). // Sair (unha cousa) a. (vid. s. v. sair). // Teer a mal sén. (vid. s. v. teer) // Contrae co alomorfo do art. det. m. sg. lo. (vid. s. v. al1 ) / (do lat. ad).

 

aca adv. lg. ‘A este lugar’: 500 con meus desejos veerdes aca. / (do lat. eccum hac).

 

acabar v. t. ‘Realizar, dar cabo, levar a cabo’: 233 De quant' eu cuidei acabar. 234 nulha cousa non acabei. // Formas: Inf. acabar; Ind. Pret: 1 acabei / (de cabo, do lat. caput).

 

[acomendar] v. t. ‘Encomendar’: 82 A Dem' acomend' eu Amor. // Formas: Ind. Pres. acomend’ / (de comendar, do lat. commendare).

 

aduzer v. t. ‘Traer, conducir’: 4 E, pois me Deus aduss' aqui; 53 por mi a morte non aduzer. // Formas: Inf. aduzer. Ind. Pret.: 3 aduss’: / (do lat. adducere).

 

afan s. m. ‘Traballo, penalidades, desvelo, mortificación’: 16 Pero quen tanto mal levou / com' eu levei, e tant' afan. / (do prov. ant. afan, derivado do v. afanar, que procede a súa vez dunha base *affanare. vid. R. Lorenzo II, 43a, e T. Garcia-Sabell, 1991: 24-29, s.v.).

 

afazer v. i. ‘Afacer, acostumar’: 389 maos seran agora d' afazer. // Formas. Inf. afazer./ (derivado de fazer, do lat. facere).

 

aficar v. p. ‘Insistir con firmeza, teimar, instar con obstinación para conseguir algo’: 501 pois m' eu tanto non poss' aficar i / que vos queirades, amigo, partir. // Formas. Inf. aficar. / (de ficar, vid. R. Lorenzo II, 47a).

 

agora adv. t. ‘Neste momento’: 6 (13, 20) tanto me nembr' agora ja; 62 (68, 74, 80) ca o dem' agora d' Amor; 239 Que doo que agora ei; 399 mais se agor' amigar. // ‘Inmediatamente a continuación, no futuro inmediato’: 389 maos seran agora d' afazer / longi dela, nas terras u eu for / (do lat. hac hora).

 

aguardar v. t. ‘Agardar, esperar’: 39 e nunca no mundo prazer / des aqui ja mais aguardar. // Formas: Inf. aguardar. / (de guardar, do xerm. wardon).

 

ai interx. ‘Ai’: 450 -Ai, madre, que muito errei; 459 -Ai, madre!, non tenho prol i; 507 ai, madre, ir-lo-ei veer. / (de creación expresiva).

 

ainda adv. ‘Aínda, ademais diso’: 99 ainda m' outro ben fara. / (de etimoloxía incerta, para a que probablemente haxa que partir do lat. inde. Vid. R. Lorenzo II, 215, s. v.).

 

al1 combinación da prep. a e da variante do art. det. m. sg. el (vid.), ‘ao’: 107 logo mi veen ondas / al cor pola velida; 113 que mi non venhan ondas / al cor pola fremosa; 119 logo mi veen ondas / al cor pola ben feita.

 

al2 pron. indef. ‘Outra cousa’: 185 nen eu dela non atend' al; 191 e de tod' esto al xi mi faz; 245 Quisera-m’ eu que vissen al; 297 Pero que oje no mund' al; 304 nunca de min nen d' al sabor; 340 (346, 352, 358) eu atendesse de vós al; 359 ca de vós non atend' eu al; 379 Nen tenho i al, que seja sén; 403 Quen quer que vos d' end' al diga. // Emprégase no grupo fraseolóxico u non jaz al. (vid. jazer). / (do lat. arcaico e vulgar alid, en vez do clásico aliud).

 

ala adv. lg. ‘Ese lugar, aquel lugar’: 499 se vós en algũa sazon d' ala / con meus desejos veerdes aca. / (do lat. ad illac).

 

alegrar-se v. p. ‘Sentir alegría e contento’: 76 E non se dev’ om' alegrar; 79 non ei ja de que m' alegrar. // Formas: Inf. alegrar. / (de alegre, do prov. alegre, e este do lat. vulg. *alicer, xen. *alecris).

 

algũa pron. indef. f. sg. ‘Algunha’: Aparece só en función de modificación. 190 querer algũa vez mi praz; 499 se vós en algũa sazon d' ala / con meus desejos veerdes aca. / (do lat. vulg. *alicuna, contracción de aliquis una).

 

ali adv. lg. Aparece na loc. adv. de tempo des ali, ‘desde ese intre, desde entón’: 273 que non visse, ca des ali / fui sandeu. / (do lat. illic).

 

[alongar-se] v. p. ‘Afastarse, irse lonxe’: 366 (372, 378) e alongar-s’ á el de mi; 386 e alongar-s’ á end' assi; 365 (371, 377, 383) alongar-me querrei d' aqui. // Formas. Inf. alongar. Fut. Alongar-s’á / (de longo, do lat. longu).

 

altas adx. f. pl. ‘Elevadas, empinadas’: 105 e las muit' altas ribas; 111 nen as altas debrocas. / (do lat. altas).

 

amar v. t. e i. ‘Querer, ter amor por’: 24 da ren que máis soubess' amar; 122 Ja eu non amo a quen soia; 149 grad'u vos fui amar, nen ei; 150 i culpa porque vos amei; 157 por vos eu mui de coraçon / amar; 195 De ja sempr' esta dona amar. // Formas: Inf. amar. Ind. Pres.: 1 amo; Pret.: 1. amei. / (do lat. amare).

 

amiga s. f. Emprégase na frase seer amiga con (alguén), ‘manter unha relación amorosa’: 406 se podess’ eu seer, / amigo, convosc' amiga. / (do lat. amica).

 

amigar v. i. ‘Manter unha relación amorosa’: 399 mais se agor' amigar / quisessedes vós comigo. // Formas: Inf. amigar / (derivado de amigo).

 

amigo s. m. ‘Amigo, namorado, amante’: 397 Conhosco-me, meu amigo; 406 se podess’ eu seer, / amigo, convosc' amiga; 409 Se eu por amig' ouvesse / vós; 417 (420, 423) meu amigo, no monte; 424 Id' é meu amigo d' aqui; 443 veerá mui ben o meu / amigo quant' el ora fez; 451 que non vi o meu amigo; 455 (461, 467) de o por amig' aver; 470 que non veja meu amigo; 490 (496, 502) que vos queirades, amigo, partir; 505 meu amigo, que se quer ir; 519 se vai d’ aqui / meu amigo, por fazer ben. // Para a frase aver por amigo vid. s. v. aver. / (do lat. amicu).

 

amor s. m. ‘Sentimento de afecto e atracción cara a outra persoa’: 125 (129, 133) ca m'ei outra coita d' amor maior; 229 quanta coita avia d' amor; 335 Pero tant' é o meu mal d' amor; 361 Aqueste mui gran mal d' amor; 468 Madre, pois amor ei migo. // Adoita aparecer personificado: 62 (68, 74, 80) ca o dem' agora d' Amor; 71 quando s' Amor de min quitou; 82 A Dem' acomend' eu Amor; 289 ca non querra Deus nen Amor;. // Emprégase na expresión fazer amor: vid. s. v. fazer. / (do lat. amore).

 

[amostrar] v. t. ‘Mostrar, pór á vista’: 18 e, pois me vos Deus amostrou. Formas: Ind. Pret.: 3 amostrou. / (de mostrar, do lat. monstrare).

 

andar v. i. ‘Atoparse, estar metido’: 32 a coit' en que me vi andar. // Formas: Inf. andar. / (do lat. ambulare ou de*ambitare. Vid. R. Lorenzo II, 123b, s. v.)

 

ante1 prep. ‘Diante de, en presenza de’: 498 Nunca vos máis paredes ante min. / (do lat. ante).

 

ante2 adv. t. ‘Antes’: 123 nen ei a coita que ant' avia; 425 e non me quis ante veer. // En certos contextos perde o seu significado propiamente temporal e adquire o de prioridade: 34 vi, e quisera ante sofrer / mort’ ũa vez ja, ca ficar; 327 Ben vos digo que ante m' eu / queria ja siquer matar / ca lhi fazer nen un pesar. / (do lat. ante).

 

apos adv. t. ‘Despois de, tras’: 339 (345, 351, 357) bon dia nacera, senhor, / se apos tod' aqueste mal / eu atendesse de vós al. / (de a + pos, e este do lat. post).

 

aquende adv. lg. ‘Esta parte, o lado de aquí’: 207 (213, 219) ca vi mia senhor d' aquend' ir. / (do lat. eccum + hinc).

 

aqueste pron. dem. ‘Este’: Aparece só en función adxacente. 339 (345, 351, 357) se apos tod' aqueste mal; 361 Aqueste mui gran mal d' amor. / (do lat. eccum iste).

 

aqui adv. lg. ‘Este lugar, a este lugar’: 4 E, pois me Deus aduss' aqui; 27 u vos foron d' aqui filhar; 365 (371, 377, 383) alongar-me querrei d' aqui; 370 e pois mi aqui ven este mal; 382 e pois m' este mal aqui ven; 424 Id' é meu amigo d' aqui; 518 -A Sevilha se vai d' aqui. // Des aqui. ‘Desde este intre, de agora en diante’: 39 des aqui ja mais aguardar. / (do lat. eccum hic).

 

as art. det. f. pl. (vid. o1).

 

ascoitar (ascoitar) v. t. e i. ‘Escoitar, atender ao que di (alguén)’: 355 porque mi falar / non queredes, nen ascoitar; 448 ca lhi non querrei ascuitar / nulha cousa. // Formas: Inf. ascoitar, ascuitar. / (do lat. auscultare).

 

[assanhar-se] v. p. ‘Irarse, ensañarse’: 319 (325 331) assanha-s' ora contra mi. // Formas: Ind. Pres.: 3 assanha-se. / (formado sobre saña < probablemente do lat. insania).

 

assaz adv. de cantidade, ‘abondo, suficientemente’: 141 Assaz entendo eu que d' ir / começar con atal molher / come vós, non m’ era mester. / (do prov. assatz, do lat. ad satis).

 

assi adv. de modo, ‘así; desta maneira’: 247 Quisera-m’ eu que vissen al / e non vissen vós estes meus / olhos, e non quis assi Deus; 330 mais ela ben assi de seu / assanha-s’ ora contra min; 333 E poi-lo quer fazer assi; 386 e alongar-s’ á end' assi; 475 de vo-lo assi dizer. / (do lat. sic).

 

atal indef., ‘tal’: Aparece como primeiro termo dunha estrutura comparativa. 142 começar con atal molher / come vós non m’era mester. / (do lat. tale).

 

atan forma apocopada do indef. tanto, ‘tanto, tan grande’: Ten un valor ponderativo. 509 -Filha, ide; eu vosc’ irei. /-Faredes-me atan prazer, / ca non sei quando mi-o verei. / (do lat. tantu).

 

[atender] v. t. ‘Agardar, esperar’: 185 nen eu dela non atend' al; 340 (346, 352, 358) se apos tod’ aqueste mal / eu atendesse de vós al; 359 ca de vós non atend' eu al; 416 madr', irei u m' atende; 422 como m' atende soo. // Formas: Ind. Pres. 1 atendo; 3 atende. Subx. Pret. 1 atendesse. / (do lat. attendere).

 

aver  v.‘Ter’: 77 muito de ren que poss' aver; 79 non ei ja de que m' alegrar; 123 nen ei a coita que ant' avia; 128 ca tenh' eu que meor coita ouvesse; 149 u vos fui amar, nen ei / i culpa porque vos amei; 192 pois tan bon parecer á; 206 e direi-vos por que o ei; 210 que aja no meu coraçon; 215 E sempr' eu esforç' averei / contra pesar; 216 contra pesar, se o ouver;  218 non o querrei / aver oi mais, se Deus quiser; 226 (232, 238) ouv' eu maior coita des i; 229 quanta coita avia d' amor; 336 e a mui gran coita que ei; 239 Que doo que agora ei; 305 se a vir averei maior / coita; 356 pero máis én querria aver; 362 que eu por vós, mia senhor, ei; 468 Madre, pois amor ei migo; 487 nen palavra que eu aja, nen sén. // ‘Haber’: 132 mais ora ja non á i recado; 298 al / que tanto deseje non á; 324 e pero non á i razon; 427 e quanto de ben á en mi; 465 que prol á, madr', en lhi falar. // É frecuente a perífrase aver + a + inf.: Con valor modal de obrigatoriedade, ‘ter que’: 17 a nembrar-lh' avia de pran; 36 vivo por aver a estar; 40 e sempre m' aver a queixar; 48 e que sempr' aj’ a desejar; 280 ca o ben a dizer ei ja; 286 que o ben non aja a dizer; 373 E mentr' eu a guarir ouver; 375 non averei nunca a perder. / Con valor temporal de futuro: 50 que nunca mi á d' escaecer; 243 (249, 255, 261) ca nunca os ei a partir; 375 non averei nunca a perder. // Aver + que+ inf. ten carácter de obrigatoriedade: 45 que aja sempre que doer. // Aver + (de) + inf. ten valor de futuro e de obrigatoriedade: 22 Se om' ouvesse de morrer; 184 non mi á de fazer, senon mal; 202 que lho non aja de querer; 366 (372, 378, 384) e alongar-s’ á el de mi; 386 e alongar-s’ á end' assi; 507 ai, madre, ir-lo-ei veer; 513 e veer-lo-ei se vos prouguer; 520 e i-lo-ei veer por én. // Aver conselho, ‘saber que facer’: 30 Non me soub' i conselh' aver. // Aver coita, ‘sufrir aflición, estar atormentado’; na meirande parte dos casos refírese ao sufrimento amoroso: 123 nen ei a coita que ant' avia; 125 (129, 133) ca m'ei outra coita d' amor maior; 128 ca tenh' eu que meor coita ouvesse; 209 Ja por coita nen por pesar; 226 (232, 238) ouv' eu maior coita des i; 306 averei maior / coita, mais por que o farei; 336 e a mui gran coita que ei. // Aver poder, ‘ter capacidade para, ser quen de’: 201 e faz-mi que non ei poder / que lho non aja de querer; 454 (460; 466) ca non ei nen un poder / de o por amig’aver. // Aver sabor, ‘ter gusto, sentir pracer, sentir agrado, desexar’: 257 Pero que ora, senhor, an / en vos veer mui gran sabor; 292 tal sabor ei de a veer; 303 Se a non vir non averei / nunca de min nen d’ al sabor; 350 sabor averia del ja; 458 se vós én sabor avedes. // Aver por amigo, ‘ter por namorado’: 409 Se eu por amig' ouvesse; 455 (461, 467) ca non ei nen un poder / de o por amig' aver. // Formas: Inf. aver; Ind. Pres. 1 ei; 3 á; 5 avedes, 6 an; Fut. 1 averei; Copret. 1 avia; Pret. 1 ouve; Pospret. averia. Subx. Pres. 1 aja; Fut. 1 ouver; Pret. ouvesse. / (do lat. habere).

 

[aviir] v. i. ‘Suceder, ocorrer’: 5 (12, 19) dizer-vos quer' o que m' aven. // Formas: Ind. Pres. 3 aven. / (do lat. advenire).

 

 

B

 

[bẽeizer] v. t. ‘Bendicir’: 83 e bẽeiga Deus la senhor. // Formas: Subx. Pres. 3 bẽeiga. / (do lat. benedicere).

 

ben1adv. de modo, ‘de xeito o suficientemente bo, convenientemente’: 60 e cuidava que m' ia ben // Como reforzo dunha afirmación. 52 Ben me posso maravilhar; 88 e ben vos faço sabedor; 223 ben cuidav’ enton / que podesse coita perder; 277 Ben tenh' eu que m' estranhará; 283 E ben pod' ũa ren creer / quen me desto quiser cousir; 321 E ben pode saber que non / meresco eu desta sanha ren; 327 Ben vos digo que ante m' eu / queria ja siquer matar; 330 mais ela ben assi de seu / assanha-s’ ora contra min; 442 E veerá mui ben o meu / amigo; 453 e pero lhi fale, ben sei / ca non ei nen un poder; 511 -Ben o sabe Nostro Senhor. // A ben feita, denominación perifrástica da amada: 119 mi veen ondas / al cor pola ben feita. // Parecer ben, ‘ter unha fermosa presenza, ser fermoso’: 186 tan muito parec' ela ben. / (do lat. bene).

 

ben2 s. m. ‘Ben, favor, recompensa amorosa’: 174 Gran mal mi ven / e non mi ven / nen verra ben. // ‘Virtude, cualidade positiva’: 427 e quanto de ben á en mi; 488 nen cousa que en mi seja de ben. // Fazer ben, ‘facer ou conceder algo que resulta beneficioso, facer un favor, favorecer, cumpri-lo deber’: 98 E Deus, que mi fez este ben; 99 ainda m' outro ben fara; 519 A Sevilha se vai d’aqui / meu amigo, por fazer ben; 523 -Madre, faredes-me ben i. // Querer (gran) ben ou (gran) ben querer, ‘amar’: 127 que a que ben quigi ben quisesse; 136 d' ir osmar de vos querer ben; 188 (194, 200) mi-a faz a força ben querer; 268 o mui gran ben / que vos eu quero; 274 mai-lo ben direi / que vos eu quero / mia senhor; 280 ca o ben a dizer ei ja / que vos eu quero; 291 A dona que eu quero ben; 286 que o ben non aja a dizer / que vos eu quero; 323 ergo se lhi quero gran ben; 439 mais logo me lh' eu quera ben; 481 o ben que lh' eu sei querer; 482 por quanto ben mi queredes. / (do lat. bene).

 

bon adx. ‘Bo’: 338 bon dia nacera, senhor. // Emprégase cualificando ao substantivo parecer, co significado de ‘fermoso’: 138 (145, 152, 159) mai-lo vosso bon parecer; 187 (193, 199) que o seu mui bon parecer; 192 pois tan bon parecer á; 198 tan bon parecer lhi foi dar; 251 O vosso mui bon parecer. / (do lat. bonu).

 

buscar v. t. ‘Procurar’: 492 Outra senhor vos conven a buscar. / (de etimoloxía incerta; vid. R. Lorenzo II, 254b, s.v. buscar).

 

 

C

 

ca1 conx. causal, ‘porque, xa que, pois’: 62 (68, 74, 80) e todo se tornou en mal / ca o dem' agora d' Amor / me fez filhar outra senhor; 78 E non se dev’ om’ alegrar/.../ca eu, que o quige fazer, / non ei ja de que m’ alegrar; 101 ca per nen un sén / non cuidara tant’ a viver / como vevi, sen vos veer; 125 (129, 133) e pesa-mi, par Santa Maria / ca m'ei outra coita d' amor maior; 128 ca tenh' eu que meor coita ouvesse; 151 nen ei / i culpa porque vos amei, / ca me vos partira end' eu; 157 ca Deus non mi perdon / se m’én non quisera quitar; 197 ca Deus, que me quis destroir / tan bon parecer lhi foi dar; 207 (213, 219) ca vi mia senhor d' aquend' ir / e ora vejo-a viir; 235 De quant’eu cuidei acabar / nulha cousa non acabei, / ca vede-lo que eu cuidei; 243 (249, 255, 261) ca nunca os ei a partir / de chorar, u vos eu non vir; 266 Ora mi-o tenhan a mal sén / ca non leixarei a trobar; 273 que non visse, ca des ali / fui sandeu; 280 mais sera o que Deus quiser, / ca o ben a dizer ei ja / que vos eu quero; 289 ca non querra Deus nen Amor / que vo-l’ eu non queira, senhor; 359 ca de vós non atend' eu al / que mi façades, senon mal; 385 ca non viverei máis des i; 396 ca por outra non mi (verso inconcluso); 405 non lho queirades creer, / ca se podess' eu seer, / amigo, convosc’ amiga; 445 ca en seu poder seja eu / se el ven e m’ eu non vingar; 448 ca lhi non querrei ascuitar / nulha ren do que m’ el rogar; 493 Outra senhor vos conven a buscar / ca nunca vos eu jamais por meu terrei; 510 (517, 524) ca non sei quando mi-o verei. // Conx. completiva, ‘que’: 454 (460, 466) e pero lhi fale, ben sei / ca non ei nen un poder / de o por amig’ aver. / (do lat. quia).

 

ca2 conx. comparativa. Introduce o segundo termo dunha comparación: 35 quisser’ ante sofrer / mort' ũa vez ja, ca ficar / vivo; 329 ante m’eu / queria ja siquer matar / ca lhi fazer nen un pesar; 494 pois ides máis ca por mi por el-rei / fazer. / (do lat. quam).

 

cada que loc. conx. ‘Cada vez que, sempre que’: 296 (302, 308, 314) sempre cada que a vejo; 311 non veja cada que poder. / (do lat. vulg. cata).

 

camanho indef. cuant. ‘De qué magnitude’: 294 non saberia dizer / camanh' é, pero non é sén. / (do lat. quam magnu).

 

cantar s. m. ‘Cantiga’: 267 nen a dizer eno cantar / que eu fezer. / (do verbo cantar, do lat. cantare).

 

catar v. t. ‘Ver, mirar, ollar’: 381 vos eu falar / non ous' ir, senhor, nen catar; 391 e catarán muito contra u jaz. // Formas: Inf. catar. Ind. Fut. 6 catarán. / (do lat. captare).

 

chorar1 v. i. ‘Deitar bágoas a causa dunha emoción ou dun pesar’: 47 que nunca possa tolher / estes meus olhos de chorar; 244 (250, 256, 262, 264) ca nunca os ei a partir / de chorar, u vos eu non vir; 393 a terra desta dona que os faz / sempre chorar e o sono perder. // Formas: Inf. chorar. / (do lat. plorare).

 

chorar2 s. m. ‘Choro, pranto’: 240 Que doo que agora ei / dos meus olhos, polo chorar / que faran. / (do verbo chorar).

 

coita s. f. ‘Aflición, afán, pena’: 1 Quantas coitas, senhor, sofri; 9 vivo na maior / coita que podia viver; 32 a coit' en que me vi andar; 203 De gran coita faz gran lezer; 224 que podesse coita perder; 236 cuidei-me de coita quitar; 342 nen a gran coita que sofri; 474 Gran coita me faz ousada. // Para a expresión aver coita, vid. aver. // Aínda que na inmensa maioría dos casos se trata dun sufrimento amoroso, en ocasións aparece a expresión explícita: 125  (129, 133) ca m'ei outra coita d' amor maior; 229 quanta coita avia d' amor. / (derivado de coitar < do lat. vulg. *coctare; vid. R. Lorenzo II, 392b-393).

 

coitada adx. f. sg. ‘Aflixida, desgraciada’: 476 e pois eu vivo coitada. / (do verbo coitar).

 

com’, come vid. como1.

 

começar v. i. e t. ‘Empezar, ter inicio’: 58 Ora começa o meu mal. // Aparece na expresión começar con (unha muller), ‘iniciar, ou pretender iniciar, unha relación amorosa’: 142 começar con atal molher / come vós non m’era mester; 318 lhi non praz / do que con ela comecei. // Formas: Inf. começar. Ind. Pres. 3 começa. Pret. 1 comecei. / (do lat. vulg. cominitiare).

 

comigo pron. pers. tón., forma ligada da 1ª pers. sg., ‘canda min, coa miña persoa’: 400 se agor’ amigar / quisessedes vós comigo; 452 u el falasse comigo / (de cum + migo, e este do lat. mecum).

 

como1 conx. mod. ‘Como, da maneira en que’: 422 como m' atende soo. // conx. comparativa. Introduce o segundo termo dunha estrutura comparativa. Neste caso alterna coa forma come: 16 quen tanto mal levou / com' eu levei, e tant' afan; 91 (97, 103) non cuidara tant’ a viver / como vevi, sen vos veer; 143 começar con atal molher / come vós non m' era mester; 299 al / que tanto deseje non á / como d' ir u a possa ja / veer. // Come se: ‘Coma se’: 7 tanto me nembr’ agora ja / come se nunca fosse rem. / (do lat. vulg. como, do lat. clás. quomodo).

 

como2 interrog. ‘Cómo, de qué maneira’: 31 non me soub’ i conselh’ aver / per como podess' endurar / a coit’en que me vi. / (do lat. vulg. como, do lat. clás. quomodo).

 

con prep. Indica relación entre persoas ou cousas: 142 começar con atal molher / come vós; 318 do que con ela comecei. // Introduce a causa, a razón pola que algo ten lugar: 500 se vós en algũa sazon d’ ala / con meus desejos veerdes aca. / (do lat. cum).

 

[conhocer] v. t. ‘Coñecer’: 343 por vós, desque vos conhoci. // Como v. p. emprégase co significado de ‘recoñecer, darse conta, aceptar’: 397 Conhosco-me, meu amigo, / que sempre vos fiz pesar. // Formas: Ind. Pres. 1 Conhosco-me. Pret. conhoci. / (do lat. cognoscere).

 

conselho s. m. ‘Decisión, solución, remedio’: 30 Non me soub'i conselh' aver; 363 pois outro conselho non sei; 367 Nen un conselho én me sal. // Aver conselho vid. aver. / (do lat. consilium).

 

contra prep. Expresa unha idea de enfrontamento ou oposición: 216 esforç’ averei / contra pesar, se o ouver; 319 (325, 331) assanha-s’ ora contra mi; 368 Nen un conselho én me sal / contra vós, nen Deus non mi-o dá. // Pode expresar unha idea de dirección, co significado de ‘contra, cara a, en dirección a’: 391 e catarán muito contra u jaz / a terra desta dona. / (do lat. contra).

 

[conviir] v. i. ‘Convir, ser preciso’: 492 Outra senhor vos conven a buscar. // Formas: Ind. Pres. 3 conven. / (do lat. convenire).

 

convosco pron. pers. tón.; forma ligada da 2ª pers. pl. ‘Canda vós, con vós’: 406 se podess’ eu seer, / amigo, convosc' amiga. / (do lat. vulg. voscum, do lat. vobiscum).

 

cor s. m. ‘Corazón’: 107 logo mi veen ondas / al cor pola velida; 113 que mi non venhan ondas / al cor pola fremosa; 119 logo mi veen ondas / al cor pola ben feita. / (do prov. cor, e este do lat. cor, vid. T. Garcia-Sabell, 1991: 98-100).

 

coraçon s. m. ‘Corazón, ánimo’: 210 nen por pesar / que aja no meu coraçon; 222 a senhor do meu coraçon. // Aparece na loc. de coraçon: ‘De corazón, de verdade, con toda a sinceridade de sentimentos’:156 por vos eu mui de coraçon / amar. / (do lat. cor, cun sufixo aumentativo).

 

costeiras s. f. pl. ‘Ribeira marítima en pendente pronunciada’: 117 Se eu vejo las ondas / e vejo las costeiras. / (de costa + -eira).

 

cousa s. f. ‘Característica, don’: 488 nen cousa que en mi seja de ben. // Nulha cousa, ‘nada’: 234 nulha cousa non acabei. / (do lat. causa).

 

cousir v. i. ‘Aconsellar negativamente, reprender’: 284 E ben pod’ ũa ren creer / quen me d' esto quiser cousir. / (do gót. *kausjan, a través do prov. causir. Vid. T. Garcia-Sabell, 1991: 103-105, s. v. cousir).

 

creer v. t. ‘Dar creto, ter por certo’: 42 mai ũa ren posso creer; 283 E ben pod' ũa ren creer; 404 non lho queirades creer. / (do lat. credere).

 

cuidar v. t. e i. ‘Coidar, considerar, pensar, matinar’: 51 e no meu mal sempre cuidar; 60 e cuidava que m' ia ben; 90  (96, 102) non cuidara tant' a viver; 165 e cuidand' i / moir’ eu; 223 e de mi, ben cuidav’ enton; 230 non cuidava teer en ren; 233 De quant' eu cuidei acabar; 235 ca vede-lo que eu cuidei; 236 cuidei-me de coita quitar; 348 o sén, nen lhi cuid' a guarir. // Ás veces emprégase como pronominal, co mesmo significado de ‘pensar, imaxinar’: 430 E cuida-s' el que lhi querrei. // Formas: Inf. cuidar. Ind. Pres. 1 cuido; 3 cuida; Copret. 1 cuidava; Pret. 1 cuidei, cuidei; Antepret. 1 cuidara. Xer. cuidando. / (do lat. cogitare).

 

culpa s. f. ‘Responsabilidade, falta’: 150 nen ei / i culpa porque vos amei. / (do lat. culpa).

 

 

 

D

 

d’ vid. de.

 

da Contracción da prep. de e do art. f. sg. a (vid. do).

 

dar v. t. ‘Outorgar, conceder’: 198 tan bon parecer lhi foi dar; 368 Nen un conselho én me sal / contra vós, nen Deus non mi-o dá. // Rexístrase na expresión desiderativa quen me desse: 126 quen m' oj’ a mi desse / que a que ben quigi ben quisesse. // Forma parte da expresión depreciativa non dar ren por (alguén ou algo) ‘Non importar, non ter en consideración’: 436 Que viss' eu que non dava ren / el por mi. // Formas:  Inf. dar. Ind. Pres. 3. dá. Copret. 3 dava. Subx. Pret. 3 desse. / (do lat. dare).

 

de (d’) prep. Rexístrase con moi diversos valores. Punto de partida: 27 u vos foron d' aqui filhar; 207 (213, 219) ca vi mia senhor d' aquend' ir; 365 (371, 377, 383) alongar-me querrei d' aqui; 366 (372, 378, 384) e alongar-s’ á el de mi; 424 Id' é meu amigo d' aqui; 491 (497; 503) que vos queirades amigo partir / de Sevilha, u el-rei fostes servir; 518 -A Sevilha se vai d' aqui. // Orixe, procedencia: 340 (346, 352, 358) eu atendesse de vós al; 359 ca de vós non atend' eu al; 412 pero me de vós veesse; 499 se vós en algũa sazon d' ala / con meus desejos veerdes aca. // Separación, afastamento: 3 me quitei / de vós, e vosco non morei; 47 que nunca possa tolher / estes meus olhos de chorar; 71 quando s' Amor de min quitou; 89 que, pois que m' eu de vós parti; 195 De ja sempr' esta dona amar / por min non se pode partir; 236 cuidei-me de coita quitar; 244 (250, 256, 262, 264) ca nunca os ei a partir / de chorar, u vos eu non vir; 278 m’ estranhará / esto de vós, poi-lo disser; 349 se de min non se quer partir. // Causa, motivo: 77 non se dev’ om’ alegrar / muito de ren que poss' aver; 79 non ei ja de que m' alegrar. // Introduce un relativo: 25 de quantas Deus quiso fazer; 59 o meu mal / de que ja non temia ren; 84 la senhor / de que non sera sabedor; 233 De quant' eu cuidei acabar. // Con valor partitivo: 427 e quanto de ben á en mi; 488 nen cousa que en mi seja de ben. // Posesión: 223 a senhor do meu coraçon / e de mi. // Asunto ou materia: 191 e de tod' esto al xi mi faz; 203 De gran coita faz gran lezer; 205 e de gran pesar gran prazer; 403 Quen quer que vos d' end' al diga. // Aparece con frecuencia unindo un verbo subordinado en inf. ao verbo principal: 93 Que muito que eu desejei / de vos veer e vos falar; 136 vi eu que fazia mal sén / d' ir osmar de vos querer ben; 141 Assaz entendo eu que d' ir / começar; 189 De punhar de lhi nunc' a ja / querer algũa vez mi praz; 217 sempr’ eu esforç’ averei / contra pesar, se o ouver, / de o perder; 299 al / que tanto deseje non á / como d' ir u a possa ja / veer; 475 Gran coita me faz ousada / de vo-lo assi dizer; 521 madre, se vos prouguer d' ir i. // Forma parte de certas perífrases como enlace entre o verbo auxiliar e o principal: aver de + inf.: 22 Se om' ouvesse de morrer; 50 que nunca mi á d' escaecer; 184 non mi á de fazer, senon mal; 202 que lho non aja de querer (vid. s. v. aver); leixar de + inf. 44 por én me leixa de matar. // Rexístrase en diversas frases léxicas e locs. A força de, (vid. s. v. força); aver sabor de, (vid. s. v. sabor); coita d’ amor, (vid. s. v. coita); de coraçon, (vid. s. v. coraçon); de pran, (vid. s. v. pran); de seu ‘por si mesmo, por propia iniciativa’: 330 mais ela ben assi de seu / assanha-s’ ora contra min; mal d’ amor: 335 Pero tant' é o meu mal d' amor; 361 Aqueste mui gran mal d' amor; non aver poder de + inf., (vid. s. v. aver); non ser d’ oir (algo), (vid. s. v. oir); o demo de, (vid. s. v. demo); que (seer) de (alguén), (vid. s. v. seer); sair de mandado, (vid. s. v. sair); seer mao de + inf., (vid. s. v. seer). // Combínase coas formas do art. det. o, a, os, dando lugar ás formas do, da, dos (vid. do). // Combínase co pron. pers. el, ela, dando lugar ás formas del, dela (vid. del). // Contrae cos demostrativos este, esta, esto, dando lugar ás formas deste, desta, desto (vid. deste) // Contrae co indef. f. outra dando lugar á forma doutra (vid.) / (do lat. de).

 

debrocas  s. f. pl. ‘Costa marítima en pendente moi pronunciada, precipicios’; rexístrase só a forma en plural: 111 nen as altas debrocas (vid. nota ao verso). / (derivado de debrocar, do lat. de volvicare).

 

del, dela combinación da prep. de cos prons. pers. tón. de 3ª pers. m. e f. sg. el, ela: 130 E mentr' eu dela fui namorado; 185 nen eu dela non atend' al; 350 sabor averia del ja; 390 longi dela, nas terras u eu for.

 

demo s. m. ‘Diabo’; rexístrase referida ao Amor personificado, na construción propia da lingua coloquial o demo de (Amor), co valor de ‘o raio do, o trasno do’: 62 (68, 74, 80) ca o dem' agora d' Amor / me fez filhar outra senhor. // Tamén aparece nunha rara imprecación. 82 A Dem' acomend' eu Amor. / (do lat. daemon).

 

des prep. Emprégase en diversas locs. temporais. Des aqui, ‘desde agora’: 39 des aqui ja mais aguardar. // Des ali, ‘desde entón, desde aquela’: 273 que non visse, ca des ali / fui sandeu. // Des i, ‘desde entón, desde aquela’: 226 (232, 238) ouv' eu maior coita des i; 385 ca non viverei máis des i. / (do lat. de ex).

 

desacordado adx. m. ‘Sen sentido, sen xuízo’: 131 nunca me viron desacordado. / (do pref. des < do lat. dis e acordado, que á súa vez procede do lat. cordatu).

 

desassanhar v. t. ‘Facer perde-la saña, a ira (a alguén)’: 462 -Filha, polo desassanhar / falaredes per meu grado. // Formas: Inf. desassanhar. / (de des e assanhar).

 

desejar v. t. ‘Sentir desexo’: 10 desejando-vos a veer; 48 e que sempr' aj' a desejar / vós e o vosso parecer; 92 Que muito que eu desejei / de vos veer e vos falar; 295 (301, 307; 313) poi-la end' eu máis desejo / sempre cada que a vejo; 298 oje no mund’ al / que tanto deseje non á. // Formas: Inf. desejar. Ind. Pres. 1 desejo; Pret. 1 desejei. Subx. Pres. 1 deseje. Xer. desejando. / (de desejo).

 

desejo s. m. ‘Ansia viva’; rexístrase só nun caso e en plural: 500 d’ ala / con meus desejos veerdes aca. / (do lat. vulg. desidiu ou *desediu).

 

desque conx. temporal, ‘desde que’: 162 Desque eu vi / a que eu vi; 343 desque vos conhoci. / (de des e que).

 

desta, deste, desto contracción da prep. de cos demostrativos m. e f. sg. este e esta e co neutro esto, ‘deste, desta, desto’: 179 e deste mal / moir’ eu; 284 quen me desto quiser cousir; 322 non / meresco eu desta sanha ren; 392 a terra desta dona que os faz / sempre chorar.

 

destroir v. t. ‘Destruír’: 197 ca Deus, que me quis destroir. / (do lat. destruere).

 

Deus s. m. ‘Noso Señor’: 4 E, pois me Deus aduss' aqui; 18 e, pois me vos Deus amostrou; 25 de quantas Deus quiso fazer; 41 sempre m’aver a queixar / a Deus por el esto querer; 43 que Deus, que m' esto foi mostrar; 54 E nunc'a Deus queira prazer; 83 e bẽeiga Deus la senhor; 87 u me vos Deus mostrou, senhor; 94 e foi-mi-o Deus ora guisar; 98 E Deus, que mi fez este ben; 168 Fezme veer / Deus, per veer / quen me morrer faz; 178 E non mi val / Deus, non mi val; 197 ca Deus, que me quis destroir; 204 De gran coita faz gran lezer / Deus, per quant' eu entend' e sei; 247 e non quis assi Deus; 289 ca non querra Deus nen Amor; 368 contra vós, nen Deus non mi-o dá. // Rexístrase nas fórmulas se Deus quiser e seer o que Deus quiser, que expresan o sometemento á vontade divina: 218 non o querrei / aver oi mais, se Deus quiser; 279 mais sera o que Deus quiser. // Tamén se rexistra en expresións de súplica: 418 Irei, se Deus vos valha; 514 por Deus! mia madr' e mia senhor. / Tamén noutras fórmulas exclamativas con matices de significado diversos: 157 ca Deus non mi perdon; 426 e Deus mi tolha parecer / e quanto de ben á en mi. / (do lat. Deus).

 

dever v. i. Rexístrase na perífrase modal obrigativa dever (+ a) + inf., ‘ter que, deber’: 76 E non se dev’ om' alegrar;  312 pero devia-lh' a fogir; 486 Ora non dev’ eu preçar parecer. // Formas: Ind. pres. 1 devo, 3 deve; Copret. devia. / (do lat. debere).

 

dia s. m. ‘Xornada, ocasión’, rexístrase só en expresións lexicalizadas. Bon dia, ‘en boa hora’: 338 bon dia nacera, senhor. // (En) mal dia, ‘en día de mal agoiro, en mala hora’: 252 O vosso mui bon parecer / viron en mal dia per si; 253 e mal dia lhe-lo sofri. // Grave dia, ‘en mala hora’: 316 Esta senhor que ora filhei, / grave dia, vedes que faz. / (do lat. vulg. *dia, de dies).

 

dizer v. t. ‘Manifestar, contar’: 5 (12, 19) dizer-vos quer' o que m' aven; 95 e máis vos én direi; 170 quen me morrer / faz e dizer / moir’ eu; 206 e direi-vos por que o ei; 212 e direi-vos eu por que non; 267 non leixarei a trobar / nen a dizer eno cantar; 274 fui sandeu, mai-lo ben direi / que vos eu quero; 278 m’estranhará / esto de vós, poi-lo disser; 280 ca o ben a dizer ei ja; 286 que o ben non aja a dizer; 293 que non saberia dizer/ camanh’ é; 327 Ben vos digo que ante m' eu / queria ja siquer matar; 337 que dizer non o sei; 402 (408, 414) a vós eu nunca faria / pesar, nen vo-lo diria; 403 Quen quer que vos d' end' al diga; 475 de vo-lo assi dizer; 489 pois vos eu tanto non posso dizer. // Formas: Inf. dizer. Ind. Pres. 1 digo; Fut. 1 direi; Pospret. 1 diria. Subx. Pres. 3 diga;  Fut. 1 disser. / (do lat. dicere).

 

do, da, dos contracción da prep. de co art. det. m. e f. sg. o, a e m. pl. os: 24 da ren que máis soubess' amar; 222 a senhor do meu coraçon; 240 dos meus olhos, polo chorar; 318 do que con ela comecei; 438 quando se da terra partiu; 449 nulha ren do que m' el rogar.

 

doer v. i. ‘Queixarse, laiarse, sufrir’: 45 por én me leixa de matar, / que aja sempre que doer. // Formas: Inf. doer. / (do lat. dolere).

 

dona s. f. ‘Dama, señora’: 195 De ja sempr' esta dona amar; 291 A dona que eu quero ben; 392 a terra desta dona que os faz / sempre chorar. / (de domna, no canto de domina).

 

doo s. m. ‘Compaixón, pena’: 239 Que doo que agora ei / dos meus olhos; 421 E filhe-xi-vos doo. / (do lat. dolu).

 

[dormir] v. i. e t. ‘Durmir’: 64 E ja dormia tod' o meu / sono; 164 nunca dormi. // Formas: Ind. Copret. 1 dormia; Pret. 1 dormi. / (do lat. dormire).

 

dos contracción da prep. de co art. det. m. pl. os (vid. do).

 

doutra contracción da prep. de co indef. f. sg. outra, ‘dunha distinta’: 73 Mais doutra guisa me vai ja.

 

 

E

 

e conx. copulativa: 2 por vos veer, e me quitei / de vós; 3 me quitei / de vós, e vosco non morei; 4 E, pois me Deus aduss' aqui; 11 e, pois vos vejo, mia senhor; 16 tanto mal levou / com' eu levei, e tant' afan; 18 e, pois me vos Deus amostrou; 28 vos foron d’ aqui filhar / a força de vós e levar; 29 e vos non puid' eu i valer; 34 e quisera ante sofrer / mort’ ũa vez; 38 e nunca no mundo prazer / des aqui ja mais aguardar; 40 e sempre m' aver a queixar; 46 e que nunca possa tolher; 48 e que sempr' aj’ a desejar; 49 vós e o vosso parecer; 51 e no meu mal sempre cuidar; 54 E nunc’ a Deus queira prazer; 60 e cuidava que m' ia ben; 61 e todo se tornou en mal; 64 E ja dormia tod' o meu sono; 65e ja non era fol; 66 e podia fazer mia prol; 76 E non se dev’ om' alegrar; 83 A Dem’ acomend’ eu Amor / e bẽeiga Deus la senhor; 88 e ben vos faço sabedor; 93 de vos veer e vos falar; 94 e foi-mi-o Deus ora guisar; 95 e máis vos én direi; 98 E Deus, que mi fez este ben; 105 las ondas / e las muit' altas ribas; 117 e vejo las costeiras; 124 e pesa-mi, par Santa Maria; 130 E mentr' eu dela fui namorado; 137 e partira-m' end' eu logu' i; 144 e quisera-m' end' eu partir; 155 E non xe vos filhe pesar; 165 e cuidand' i / moir’ eu; 170 quen me morrer / faz e dizer; 173 Gran mal mi ven, / e non mi ven / nen verra ben; 175 end', e por én / moir’ eu; 177 E non mi val / Deus; 179 e deste mal / moir’eu; 191 e de tod' esto al xi mi faz; 201 e faz-mi que non ei poder; 204 De gran coita faz gran lezer / Deus, per quant' eu entend' e sei; 205 e de gran pesar gran prazer; 206 e direi-vos por que o ei; 208 (214, 220) vi mia senhor d’aquend’ ir / e ora vejo-a viir; 212 e direi-vos eu por que non; 215 E sempr' eu esforç' averei / contra pesar; 223 a senhor do meu coraçon / e de mi; 225 (231, 237) sol que a viss', e poi-la vi; 246 que vissen al / e non vissen vós estes meus / olhos; 247 e non quis assi Deus; 253 e mal dia lhe-lo sofri; 270 (276, 282, 288) que vos eu quero, mia senhor / e querrei, mentr' eu vivo for; 283 E ben pod' ũa ren creer; 321 E ben pode saber que non; 333 E poi-lo quer fazer assi; 336 tant’ é o meu mal d’ amor / e a mui gran coita que ei; 366 (372, 378, 384) e alongar-s’ á el de mi; 370 e pois mi aqui ven este mal; 373 E mentr' eu a guarir ouver; 382 e pois m' este mal aqui ven; 386 e alongar-s’ á end' assi; 388 viron mia senhor / e o seu mui fremoso parecer; 391 e catarán muito contra u jaz; 393 que os faz / sempre chorar e o sono perder; 394 E muito fezeran a si melhor; 395 e a min, se a non fossen veer; 421 E filhe-xi-vos doo; 425 e non me quis ante veer; 426 e Deus mi tolha parecer; 427 e quanto de ben á en mi; 428 (434, 440, 446) se el ven e m' eu non vingar; 430 E cuida-s' el que lhi querrei; 433 mais logu’ el seja o senhor / e eu sua, que non seerei; 442 E veerá mui ben o meu / amigo; 473 (479, 485) vee-l' e sen vosso grado; 476 e pois eu vivo coitada; 480 E ja que per mi sabedes; 513 e veer-lo-ei se vos prouguer; 514 por Deus! mia madr' e mia senhor; 520 e i-lo-ei veer por én. // Forma parte da loc. concesiva e pero (vid. s. v. pero). // Uso expletivo: 148 Senhor, e non foi pelo meu / grad’ u vos fui amar. / (do lat. et).

 

é vid. seer.

 

ei vid. aver.

 

el1 (‘l) art. det. m. sg., variante de o1 (vid.), ‘o’: Rexístrase, na súa forma plena, só co substantivo rei, como fórmula de respecto: 494 pois ides máis ca por mi por el-rei / fazer; 506 a Sevilha el-rei servir. / Rexistrámolo noutra ocasión anteposto ao substantivo mare, pero non na forma plena, senón co e- inicial elidido por asimilación coa vocal final da palabra precedente. 108 (114, 120) Maldito sea 'l mare. / (do lat. ille ou de illu > *elo > el? vid. C. Cunha, 1949: 74-75 e, do mesmo autor, 1956: 114-115; vid. tamén B. Pottier, 1968: 214-216 e R. Lorenzo II: 511-513, quen non convencido polas explicacións dunha orixe autóctona apunta a posibilidade de tratarse dunha forma introducida desde o reino leonés).

 

el2 , ela pron. pers. tón. 3ª pers. m. e f. sg., ‘el, ela’: 41 a Deus por el esto querer; 55 que nunca el queira mostrar; 57 quant' el poderia sofrer; 100 pois el quis que vos visse ja; 186 tan muito parec' ela ben; 318 do que con ela comecei; 330 mais ela ben assi de seu; 366 (372, 378, 384) e alongar-s’ á el de mi; 428 (434, 440, 446) se el ven e m' eu non vingar; 429 (435, 441, 447) quand' el quiser migo falar; 430 E cuida-s' el que lhi querrei; 431 por esto que m' el fez melhor; 432 mais logu' el seja o senhor; 437 el por mi, non se m' espediu; 443 amigo quant' el ora fez; 449 nulha ren do que m' el rogar; 452 u el falasse comigo / (do lat. ille, illa).

 

ela pron. pers. tón. 3ª pers. f. sg. (vid. el2).

 

en prep. Indica o lugar (cousa, persoa, asunto) onde se atopa, reside ou se orixina algo. 258 an / en vos veer mui gran sabor; 427 e quanto de ben á en mi; 465 que prol á, madr', en lhi falar; 488 nen cousa que en mi seja de ben. // Tempo en que se realiza ou acontece algo. 252 viron en mal dia per si; 499 se vós en algũa sazon d' ala. // Término do movemento. 61 e todo se tornou en mal. // Aparece nas expresións e locs.: en quanto. 85 nulh' om', en quant' eu vivo for (vid. s. v. quanto); teer en ren. 230 non cuidava teer en ren; 344 non o terria ja en ren (vid. s. v. teer); meter en falha. 419 por non meter en falha / meu amigo; (vid. s. v. meter); seer en poder (de alguén). 445 ca en seu poder seja eu (vid. s. v. seer). / (do lat. in).

 

én forma apocopada de ende ‘Iso, diso, niso, por iso’: 95 senhor, e máis vos én direi; 158 se m' én non quisera quitar; 248 mais sei que mi verra én mal; 356 pero máis én querria aver; 367 Nen un conselho én me sal; 456 -Non vos leixedes én por mi; 458 se vós én sabor avedes // Precedido da prep. por, forma unha locución con valor causal, ‘por iso’: 44 Deus, que m’esto foi mostrar / por én me leixa de matar; 175 nen verra ben / end', e por én / moir’ eu; 520 e i-lo-ei veer por én. / (do lat. inde).

 

ende pron. adv. ‘Iso, diso, de alí, por iso’: 137 e partira-m' end' eu logu' i; 144 e quisera-m' end' eu partir; 151 ca me vos partira end' eu; 175 nen verra ben / end', e por én; 285 nunca m' ende pode partir; 295 (301, 307, 313) poi-la end' eu máis desejo; 386 e alongar-s’ á end' assi; 403 Quen quer que vos d' end' al diga; 415 Se vos non pesar ende. / (do lat. inde).

 

endurar v. t. ‘Aturar, soportar’: 31 per como podess' endurar / a coit’ en que me vi andar. // Formas: Inf. endurar. / (do lat. indurare).

 

eno forma ligada da prep. en co artigo o, ‘no’: 267 nen a dizer eno cantar. // (vid. no).

 

[entender] v. t. ‘Comprender’: 141 Assaz entendo eu que d' ir / começar con atal molher. 204 De gran coita faz gran prazer / Deus, per quant' eu entend' e sei (=‘oír’?, vid. comentario ao verso). // Formas: Ind. Pres. 1 entendo. / (do lat. intendere).

 

enton adv. t. ‘Daquela’: 223 e de mi, ben cuidav’ enton / que podesse coita perder. / (do lat. intunc).

 

era vid. seer.

 

ergo conx. ‘Salvo, excepto, agás’: 323 non / meresco eu desta sanha ren / ergo se lhi quero gran ben. / (do lat. ergo).

 

[errar] v. i. (conxectural. vid. nota ao verso), ‘equivocarse, cometer unha falta’: 450 -Ai, madre, que muito errei. // Formas: Ind. Pret. 1 errei. / (do lat. errare).

 

escaecer v. i. ‘Esquecer’: 50 que nunca mi á d' escaecer. // Formas: Inf. escaecer. / (do lat. *excadescere).

 

esforço s. m. ‘Valor, ánimo, coraxe’: 215 E sempr' eu esforç' averei / contra pesar. / (de esforçar, e este de força).

 

[espedirse] v. p. ‘Ver (a alguén) por última vez antes de marchar’: 437 non se m' espediu / quando se da terra partiu. // Formas: Ind. Pret. 3 espediu. / (do lat. expetere).

 

esta pron. dem. f. sg. (vid. este).

 

estar v. cop. ‘Asistir, acharse presente’:  36 ficar / vivo por aver a estar / a tan grave pesar veer. / (do lat. stare).

 

este, esta, esto (m. pl. estes) pron. dem. As formas do masculino e do feminino aparecen só en función adxacente: 41 a Deus por el esto querer; 47 nunca possa tolher / estes meus olhos de chorar; 98 E Deus, que mi fez este ben; 191 e de tod' esto al xi mi faz; 195 De ja sempr' esta dona amar; 246 e non vissen vós estes meus / olhos; 278 esto de vós, poi-lo disser; 309 Esto soo non é d' oir; 310 que eu ja sempr' esta molher / non veja; 315 Esta senhor que ora filhei; 341 Tod' este mal quant' a mi ven; 347 Per' este mal mi tolherá; 369 per que perça este mal ja; 370 e pois mi aqui ven este mal; 376 este mal, mais se eu poder; 382 e pois m' este mal aqui ven; 431 por esto que m' el fez melhor; 444 a que lhi salra esta vez. (do lat. iste, ista, istu).

 

[estranhar] v. t. ‘Afastar’: 277 Ben tenh' eu que m' estranhará / esto de vós (vid. nota ao verso). // Formas: Ind. Fut. 3 estranhará. / (de estranho, do lat. straneu).

 

eu pron. pers. tón. 1ª pers. sg.: 16 quen tanto mal levou / com' eu levei; 26 eu non podera máis viver; 29 e vos non puid' eu i valer; 78 ca eu, que o quige fazer; 82 A Dem' acomend' eu Amor; 85 en quant' eu vivo for; 86 Que mui gran prazer oj’ eu vi; 89 pois que m' eu de vós parti; 92 Que muito que eu desejei / de vos veer; 104 Quand' eu vejo las ondas; 116 Se eu vejo las ondas; 122 Ja eu non amo a quen soia; 128 ca tenh' eu que meor coita ouvesse; 130 E mentr' eu dela fui namorado; 135 vi eu que fazia mal sén; 137 e partira-m' end' eu logu' i; 141 Assaz entendo eu que d' ir; 144 e quisera-m' end' eu partir; 151 ca me vos partira end' eu; 156 por vos eu mui de coraçon / amar; 162 Desque eu vi; 163 a que eu vi; 166  (171, 176, 180, 181, 182) moir' eu; 185 nen eu dela non atend' al; 204 per quant' eu entend' e sei; 211 non me quer' eu muito queixar; 212 e direi-vos eu por que non; 215 E sempr' eu esforç' averei; 221 Quand' eu non podia veer; 226 (232; 233, 238) ouv' eu maior coita des i; De quant' eu cuidei acabar; 235 ca vede-lo que eu cuidei; 241 poi-los eu levar / senhor, u vos non veerei; 244 (250, 256, 262, 264) u vos eu non vir; 245 Quisera-m’ eu que vissen al; 263 nen os poderei eu partir; 268 eno cantar / que eu fezer; 269 (275, 281, 287) o mui gran ben / que vos eu quero, mia senhor; 270 (276, 282, 288) e querrei, mentr' eu vivo for; 271 Vós quant' eu poder negarei; 272 que non sode-la que eu vi; 277 Ben tenh' eu que m' estranhará / esto de vós; 290 que vo-l’ eu non queira, senhor; 291 A dona que eu quero ben; 295 (301, 307, 313) poi-la end' eu máis desejo; 310 que eu ja sempr' esta molher / non veja cada que poder; 322 non / meresco eu desta sanha ren; 327 Ben vos digo que ante m' eu / queria ja siquer matar; 334 non sei eu que seja de min; 340 (346, 352, 358) eu atendesse de vós al; 359 ca de vós non atend' eu al; 362 Aqueste mui gran mal d’amor / que eu por vós, mia senhor, ei; 373 E mentr' eu a guarir ouver; 374 u vos eu soia veer; 376 se eu poder / alongar-me querrei d’ aqui; 380 pois vos eu falar / non ous’ ir; 390 longi dela, nas terras u eu for; 401 (407, 413) a vós eu nunca faria / pesar; 405 ca se podess' eu seer, / amigo, convosc’amiga; 409 Se eu por amig' ouvesse / vós; 410 vós, a que eu por meu mal / fiz pesar; 428 (434, 440, 446) se el ven e m' eu non vingar; 433 logu’el seja o senhor / e eu sua, que non seerei; 436 Que viss' eu que non dava ren / el por mi; 439 mais logo me lh' eu quera ben; 445 ca en seu poder seja eu; 476 e pois eu vivo coitada; 481 o ben que lh' eu sei querer; 486 Ora non dev’ eu preçar parecer; 487 nen palavra que eu aja, nen sén; 489 pois vos eu tanto non posso dizer; 493 ca nunca vos eu jamais por meu terrei; 501 pois m' eu tanto non poss' aficar i; 504 -Madre, quer' oj’ eu ir veer / meu amigo; 508 (515, 522) -Filha, ide; eu vosc’ irei. / (do lat. ego).

 

 

F

 

falar v. i. ‘Conversar, dirixi-la palabra’: 93 Que muito que eu desejei / de vos veer e vos falar!; 354 porque mi falar / non queredes; 380 pois vos eu falar / non ous’ ir; 429 (435, 441, 447) quand' el quiser migo falar,; 452 u el falasse comigo; 453 e pero lhi fale, ben sei; 456 -Non vos leixedes én por mi, / filha, que lhi non faledes; 463 polo desassanhar / falaredes per meu grado; 465 que prol á, madr', en lhi falar? // Formas: Inf. falar. Ind. Fut. 5 falaredes. Subx. Pres. 1 fale, 5 faledes; Pret. 3 falasse. / (do lat. fabulare).

 

falha s. f. Aparece só na expresión meter en falha (a alguén). vid. meter. / (do lat. vulg. *fallia, probablemente a través do provenzal antigo falha).

 

fazer v. t. ‘Crear, realizar, levar a cabo, tornar’: 25 de quantas Deus quiso fazer; 66 e podia fazer mia prol; 70 Que ledo me fezera ja; 78 ca eu, que o quige fazer; 139 (146, 153, 160) non mi-o leixou, senhor, fazer; 140 (147, 154, 161) nen mi-o leixa, senhor, fazer; 184 non mi á de fazer, senon mal; 203 De gran coita faz gran lezer; 241polo chorar / que faran poi-los eu levar; 268 eno cantar / que eu fezer; 306 mais por que o farei; 316 vedes que faz / porque lh’ é grav’ ou lhi non praz; 333 E poi-lo quer fazer assi; 354 Muito é o mal que mi sofrer / fazedes; 380 Non tenho i al, que seja sén, / que faça; 431 por esto que m' el fez; 443 veerá mui ben o meu / amigo quant' el ora fez; 495 ides máis ca por mi por el-rei / fazer.// ‘Tornar, converter en’: 474 Gran coita me faz ousada. // ‘Forzar, obrigar a’: 63 (69, 75, 81) me fez filhar outra senhor; 167 Fez-me veer; 170 quen me morrer / faz e dizer; 188 (194, 200) mi-a faz a força ben querer; 201 e faz-mi que non ei poder; 392 a terra desta dona que os faz / sempre chorar. // ‘Ocasionar, producir’: 98 E Deus, que mi fez este ben; 99 ainda m' outro ben fara; 109 (115, 121) que mi faz tanto male; 329 ca lhi fazer nen un pesar; 360 que mi façades, senon mal; 394 E muito fezeran a si melhor; 398 que sempre vos fiz pesar; 411 a que eu por meu mal / fiz pesar, u non jaz al. // v. p. ‘Tornarse, cambiar’: 191 e de tod' esto al xi mi faz. // Fazer amor, ‘dar probas de amor maternal’: 516 -Madre, faredes-mi amor. // Fazer ben (vid. ben). // Fazer mal sén, ‘obrar de forma insensata’: 135 vi eu que fazia mal sén. // Fazer pesar, ‘causar pesar’: 401 (407, 413) a vós eu nunca faria / pesar. // Fazer prazer (a alguén), ‘dar probas de cariño maternal’: 509 -Faredes-me atan prazer. // Fazer seu prazer (a si mesmo), ‘gozar, sentir agrado no que se fai’: 320 (326, 332) e pero faz seu prazer i, (vid. nota o verso e comentario). // Fazer sabedor (a alguén de algo), ‘facerlle coñecer, facerlle saber’: 88 e ben vos faço sabedor. // Formas: Inf. fazer. Ind. Pres. 1 faço, 3 faz, 5 fazedes; Fut. 1 farei, 3 fara, 5 faredes, 6 faran; Copret. 1 fazia; Pret. 1 fiz, 3 fez; Antepret. 1 fezera, 6 fezeran; Pospret. 1 faria. Subx. Pres. 1 faça; 5 façades; Fut. 1 fezer. / (do lat. facere).

 

feita adx. Aparece só na frase léxica ben feita, ‘fermosa’, como denominación perifrástica para referirse á amada: 119 mi veen ondas / al cor pola ben feita. / (do part. de fazer).

 

ficar v. i. ‘Quedar, seguir’: 35 e quisera ante sofrer / mort' ũa vez ja, ca ficar / vivo. // Formas: Inf. ficar. / (do lat. vulg. *figicare, frecuentativo de figere).

 

filha s. f. Rexístrase sempre en apóstrofes: 456 Non vos leixedes én por mi, / filha, que lhi non faledes; 462 -Filha, polo desassanhar / falaredes per meu grado; 508 (515, 522) -Filha, ide; eu vosc’ irei. / (do lat. filia).

 

filhar v. t. ‘Coller, prender, tomar’: 27 u vos foron d' aqui filhar; 63 (69, 75, 81) me fez filhar outra senhor; 315 Esta senhor que ora filhei. // ‘Invadir (o ánimo)’: 155 E non xe vos filhe pesar / por vos eu mui de coraçon / amar; 421 E filhe-xi-vos doo / como m’ atende soo. // Formas: Inf. filhar. Ind. Pret. 1. filhei; Subx. Pres. 3 filhe, fílhe-xi. / (de filho? vid. R. Lorenzo II, 648a).

 

fogir v. i. ‘Fuxir’: 312 pero devia-lh' a fogir. // Formas: Inf. fogir. / (do lat. fugere, vid. R. Lorenzo II, 670b).

 

fol adx. Aparece na expresión seer fol ‘estar tolo, sen siso’: 65 ja dormia tod’ o meu / sono, e ja non era fol. / (do lat. folle).

 

for vid. ir e seer.

 

força s. f. Rexístrase en dúas expresións con valores semellantes: A força ‘á forza’: 33 a coit’ en que me vi andar / pola forç'a que vos prender / vi; 188 (194, 200) mi-a faz a força ben querer. // A força de (alguén), ‘contra a vontade de (alguén), pola forza’: 28 u vos foron d’ aqui filhar / a força de vós e levar. / (do lat. fortia).

 

foron vid. ir.

 

fosse  vid. ir e seer.

 

fossen  vid. ir.

 

foi vid. ir e seer.

 

fremosa, fremoso adx.  ‘Belo, atractivo’: 228 pola fremosa mia senhor; 388 e o seu mui fremoso parecer. // Na forma feminina aparece substantivado, empregado como denominación para referirse á amada: 113 que mi non venhan ondas / al cor pola fremosa. / (do lat. formosu, formosa).

 

fui vid. ir e seer.

 

 

G

 

grado (grad') s. m. ‘Gusto, vontade, consentimento’: 149 non foi pelo meu / grad' u vos fui amar; 463 falaredes per meu grado; 473 (479, 485) vee-l' e sen vosso grado. / (do lat. gratu).

 

 gran forma apocopada do adx. grande: 23 veendo gran pesar; 86 Que mui gran prazer oj’ eu vi; 172 Gran mal mi ven; 203 De gran coita faz gran lezer; 205 e de gran pesar gran prazer; 258 an / en vos veer mui gran sabor; 268 o mui gran ben / que vos eu quero; 323 ergo se lhi quero gran ben; 336 e a mui gran coita que ei; 342 nen a gran coita que sofri; 361 Aqueste mui gran mal d' amor; 474 Gran coita me faz ousada. / (do lat. grandis).

 

grave adx. ‘Custoso, penoso’: 37 a tan grave pesar veer. // Grave dia, ‘en mal día; en mala hora’: 316 esta senhor que ora filhei, / grave dia, vedes que faz. // Seer grave (algo a alguén), ‘resultarlle penoso, desagradábel ou moi molesto’: 317 porque lh'é grav’ ou lhi non praz. / (do lat. gravis).

 

guarir v. i. ‘Fuxir, librarse de (algo)’: 348 nen lhi cuid' a guarir. // ‘Vivir, residir’: 373 E mentr' eu a guarir ouver / u vos eu soia veer. / (do gót. warjan)

 

guisa s. f. ‘Maneira, xeito, modo’: 73 Mais doutra guisa me vai ja. / (do lat. popular *guisa, do xerm. wisa).

 

guisar v. t. ‘Dispor, preparar, dar ocasión de’: 94 e foi-mi-o Deus ora guisar. / (de guisa).

 

 

 

I

i pron. adv. ‘Aí, niso’: 29 e vos non puid' eu i valer; 132 mais ora ja non á i recado; 137 e partira-m' end' eu logu' i; 150 nen ei / i culpa porque vos amei; 165 e cuidand' i; 320 (326, 332) e pero faz seu prazer i; 324 e pero non á i razon; 379 Nen tenho i al, que seja sén; 459 -Ai, madre!, non tenho prol i; 501 pois m' eu tanto non poss' aficar i; 523 -Madre, faredes-me ben i. // adv. ‘Naquel momento’: 134 I logo, senhor, que vos vi. / ‘Alá’: 521 madre, se vos prouguer d' ir i. // Des i (vid. s. v. des). / (do lat. ibi).

 

ia, ide vid. ir.

 

id', i-lo  vid. ir.

 

ides, irei  vid. ir.

 

ir v. i. ‘Marchar’: 207 (213, 219) ca vi mia senhor d' aquend' ir; 254 que o fossen veer; 299 como d' ir u a possa ja / veer; 381 pois vos eu falar / non ous' ir, senhor, nen catar; 390 longi dela, nas terras u eu for; 395 se a non fossen veer; 416 madr', irei u m' atende / meu amigo; 418 Irei, se Deus vos valha; 424 Id' é meu amigo d' aqui; 471 (477, 483) mandade-mi-o ir veer; 472 (478, 484) senon irei sen mandado; 504 -Madre, quer' oj’ eu ir veer / meu amigo; 507 ai, madre, ir-lo-ei veer! 508 (515, 522) -Filha, ide; eu vosc’ irei; 512 que me pesa, pois que s' ir quer; 518 -A Sevilha se vai d' aqui; 520 e i-lo-ei veer por én; 521 madre, se vos prouguer d' ir i. // ‘Acontecer, transcorrer a vida’: 60 e cuidava que m' ia ben; 73 Mais doutra guisa me vai ja. // Seguido dun infinitivo, sen preposición, forma perífrases con valor de intencionalidade, propósito, perdendo o seu valor de desprazamento físico: 136 fazia mal sén / d' ir osmar de vos querer ben; 141 Assaz entendo eu que d' ir / começar con atal molher. // Ás veces é difícil discernir entre o valor de intencionalidade e o de futuridade deste complexo verbal: 494 pois ides máis ca por mi por el-rei / fazer // Se a forma está en Ind. Pret., a perífrase equivale ao Ind. Pret. do verbo auxiliado. 27 u vos foron d' aqui filhar; 43 que Deus, que m'esto foi mostrar; 94 e foi-mi-o Deus ora guisar; 149 grad' u vos fui amar, nen ei; 198 tan bon parecer lhi foi dar. // Formas: Inf. ir. Ind. Pres. 3 vai, 5 ides; Fut. 1 irei, irei, ir-lo-ei, i-lo-ei; Copret. 3 ia; Pret. 1 fui, 3 foi, 6 foron. Subx. Pres. 6  fossen; Fut. 1 for. Imper. 5 ide. / (do lat. ire).

 

 

J

 

ja adv. t. ‘Xa’: 6  (13, 20) tanto me nembr' agora ja; 35 quiser’ante sofrer / mort' ũa vez ja, ca ficar / vivo; 59 de que ja non temia ren; 64 E ja dormia tod' o meu / sono; 65 e ja non era fol; 67 mais-lo poder ja non é meu; 70 Que ledo me fezera ja; 73 Mais doutra guisa me vai ja; 79 non ei ja de que m' alegrar; 100 pois el quis que vos visse ja; 122 Ja eu non amo a quen soia; 132 mais ora ja non á i recado; 189 De punhar de lhi nunc' a ja / querer; 195 De ja sempr' esta dona amar; 209 Ja por coita nen por pesar; 259 ja o pesar sera maior; 280 ca o ben a dizer ei ja / que vos eu quero; 299 como d' ir u a possa ja / veer; 310 que eu ja sempr' esta molher; 328 ante m’ eu / queria ja siquer matar; 344 non o terria ja en ren; 350 sabor averia del ja; 369 per que perça este mal ja. // Forma parte da loc. conx. causal ja que: 480 E ja que per mi sabedes. // (Vid. s. v. jamais). / (do lat. jam).

 

jamais adv. t. Rexístrase en contextos de negación onde se pode apreciar o proceso de adquisición do valor negativo que ten na actualidade ‘xamais’, flutuando entre este valor e o significado orixinal ‘xa máis’: 39 e nunca no mundo prazer / des aqui ja mais aguardar; 493 ca nunca vos eu jamais por meu terrei. / (do lat. jam magis).

 

[jazer] v. i. ‘Estar situado’: 391 e catarán muito contra u jaz / a terra desta dona. // Rexístrase no grupo fraseolóxico u non jaz al, ‘en verdade, certamente’: 411 a que eu por meu mal / fiz pesar, u non jaz al. // Formas. Ind. Pres. 3 jaz. / (do lat. jacere).

 

 

 

 

L

 

'l vid. el1.

 

l’ vid. lo2 e la2.

 

la1 do art. det. f. sg. (pl. las), (vid. lo1).

 

ledo adx. m. ‘Alegre, contento’: 70 Que ledo me fezera ja. / (do lat. laetus).

 

leixa vid. leixar.

 

[leixar] v. t. e i. ‘Permitir’: 139 (146, 153, 160) non mi-o leixou, senhor, fazer; 140 (147, 154, 161) nen mi-o leixa, senhor, fazer. // ‘Non realizar unha acción, actividade ou proxecto’: 44 por én me leixa de matar, / que aja sempre que doer; 266 ca non leixarei a trobar; 456 -Non vos leixedes én por mi, / filha, que lhi non faledes. // ‘Abandonar’: 72 un pouco que mi a min leixou. // Formas: Ind. Pres. 3 leixa; Fut. 1 leixarei; Pret. 3  leixou. Subx. 5 leixedes. / (do lat. laxare).

 

leixou  vid. leixar.

 

levar v. t. ‘Facer ir canda un mesmo’: 28 u vos foron d’aqui filhar / a força de vós e levar; 241 polo chorar / que faran poi-los eu levar, / senhor, u vos non veerei. // ‘Sufrir, soportar’: 15 Pero quen tanto mal levou; 16 com' eu levei, e tant' afan. // Formas: Inf. levar; Ind. Pret. 1 levei, 3 levou. Subx. Fut. levar/ (do lat. levare).

 

lezer s. m. ‘Gozo, prazer’: 203 De gran coita faz gran lezer. / (do lat. licere).

 

lh' vid. lhi.

 

lhe-lo combinación do pron. pers. dat. de 3ª pers. pl. lhes co pron. pers. acus. de 3ª pers. sg. lo: 253 e mal dia lhe-lo sofri.

 

lhi (lh’) pron. pers. de dat. 3ª per. sg.: 189 De punhar de lhi nunc' a ja / querer; 198 tan bon parecer lhi foi dar; 317 porque lh' é grav’ ou lhi non praz; 323 ergo se lhi quero gran ben; 329 ca lhi fazer nen un pesar; 439 mais logo me lh' eu quera ben; 348 nen lhi cuid' a guarir; 430 E cuida-s' el que lhi querrei; 444 a que lhi salra esta vez; 448 ca lhi non querrei ascuitar; 453 e pero lhi fale; 457 que lhi non faledes; 464 -Pois lhi saí de mandado; 465 que prol á, madr', en lhi falar; 481 o ben que lh' eu sei querer. / (do lat. illi).

 

lho combinación do pron. átono de dat. da 3ª pers. sg. lhe co pron. pers. átono de acus. da 3ª pers. m. sg.: 202 que lho non aja de querer; 404 non lho queirades creer.

 

lo1, la segunda forma do art. det. m. e f. sg. (f. pl. las): Rexístrase tras palabras rematadas en -s. Nalgúns casos non se representa graficamente a asimilación: 67 mais-lo poder ja non é meu; 159 mais-lo vosso bon parecer; 83 e bẽeiga Deus la senhor. Noutros casos a asimilación si aparece reflectida na grafía: 235 ca vede-lo que eu cuidei; 272 que non sode-la que eu vi. // A forma do feminino plural rexístrase en contextos en que a súa presenza constitúe un arcaísmo xa na época. 104 Quand' eu vejo las ondas; 105 e las muit' altas ribas; 110 Nunca vejo las ondas; 116 Se eu vejo las ondas; 117 e vejo las costeiras. // Combínase coa conx. mais dando lugar á forma mai-lo (vid.) / (do lat. illu, illa).

 

lo2 (l’) segunda forma do pron. pers. de acus. da 3ª pers. m. sg., que aparece despois dos infinitivos, rematados en -r. Ás veces a asimilación represéntase graficamente: 473 (479, 485) vee-l' e sen vosso grado; 520 e i-lo-ei veer por én. Noutras ocasións a asimilación non se representa na grafía: 507 ai, madre, ir-lo-ei veer; 513 e veer-lo-ei se vos prouguer; / Combínase coa conx. ou co adv. pois, dando lugar á forma poi-lo (vid.) / (do lat. illu).

 

logo (log’) adv. t. ‘Inmediatamente, sen tardar’: 106 (118, 134) logo mi veen ondas; 137 e partira-m' end' eu log' i; 432 mais log' el seja o senhor; 439 mais logo me lh' eu quera ben. // Logo que loc. conx. temporal, ‘tan pronto como, así que: 134 I logo, senhor, que vos vi. / (do lat. loco).

 

longi adv. lg. ‘Lonxe’:  390 longi dela, nas terras u eu for. / (do lat. longe).

 

 

M

 

m' vid. me.

 

 

madre (madr') s. f. ‘Nai’. Aparece en apóstrofes: 416 madr', irei u m' atende / meu amigo; 450 -Ai, madre, que muito errei; 459 -Ai, madre!, non tenho prol i; 465 que prol á, madr', en lhi falar; 468 Madre, pois amor ei migo; 504 -Madre, quer' oj’ eu ir veer; 507 ai, madre, ir-lo-ei veer; 514 por Deus! mia madr' e mia senhor; 516 -Madre, faredes-mi amor; 521 madre, se vos prouguer d' ir i; 523 -Madre, faredes-me ben i. / (do lat. matre).

 

mai-lo, mais-lo combinación da conx. advers. mais coa segunda forma do art. det. m. sg. lo: 138 (145, 152) mai-lo vosso bon parecer / non mi-o leixou, senhor, fazer; 274 fui sandeu, mai-lo ben direi / que vos eu quero. En ocasións non se representa graficamente a asimilación: 67 mais-lo poder ja non é meu; 159 mais-lo vosso bon parecer;

 

maior adx. ‘Máis grande’: 8 Pero que vivo na maior / coita; 125 (129, 133) ca m'ei outra coita d' amor maior; 226 (232, 238) ouv' eu maior coita des i; 259 ja o pesar sera maior; 305 se a vir averei maior / coita. / (do lat. majore).

 

mais conx. advers. ‘Pero, mais, nembargantes’: 42 mais ũa ren posso creer; 73 Mais doutra guisa me vai ja; 132 mais ora ja non á i recado; 248 mais sei que mi verra én mal; 279 mais sera o que Deus quiser; 306 mais por que o farei; 330 mais ela ben assi de seu / assanha-s’ora contra min; 376 mais se eu poder, / alongar-me querrei d’aqui; 399 mais se agor' amigar / quisessedes vós comigo; 432 mais logu' el seja o senhor; 439 mais logo me lh' eu quera ben. // Combínase co art. lo orixinando as formas mai-lo, mais-lo (vid.) / (do lat. magis).

 

máis adv. ‘Con maior intensidade, en maior número ou cantidade’: 26 eu non podera máis viver; 95 e máis vos én direi; 295 (301, 307, 313) poi-la end' eu máis desejo/ sempre cada que a vejo; 300 non a veer máis val; 356 pero máis én querria aver; 385 ca non viverei máis des i; 498 Nunca vos máis paredes ante min. // Expresa o grao superlativo relativo. 24 da ren que máis soubess' amar / de quantas Deus quiso fazer. // Introduce o primeiro termo dunha estrutura comparativa de superioridade. 494 pois ides máis ca por mi por el-rei / fazer. // (Vid. s. v. jamais) // Para a loc. temporal oi mais, vid. s. v. oje. / (do lat. magis).

 

mais-lo vid. mai-lo.

 

mal1 s. m. ‘Pesar, sufrimento’: 15 Pero quen tanto mal levou; 51 e no meu mal sempre cuidar; 58 Ora começa o meu mal; 61 e todo se tornou en mal; 172 Gran mal mi ven; 179 e deste mal / moir’eu; 184 non mi á de fazer, senon mal; 248 mais sei que mi verra én mal; 335 Pero tant' é o meu mal d' amor; 339  (345, 351, 357) se apos tod' aqueste mal; 341 Tod' este mal quant' a mi ven; 347 Per' este mal mi tolherá / o sén; 353 Muito é o mal que mi sofrer / fazedes; 360 ca de vós non atend’eu al / que mi façades, senon mal; 361 Aqueste mui gran mal d' amor; 369 per que perça este mal ja; 370 e pois mi aqui ven este mal; 376 non averei nunca a perder / este mal; 382 e pois m' este mal aqui ven; 410 vós, a que eu por meu mal / fiz pesar. / (do lat. male).

 

mal2 adx. ‘Malo’. Sempre proclítico, aparece nas locs. fazer mal sén (vid. s. v. fazer) e teer a mal sén (vid. s. v. teer), e no sintagma mal dia (vid. s. v. dia). / vid. maos. / (do lat. malu).

 

maldito adx. m. ‘Condenado’. Emprégase nunha fórmula de maldición: 108 (114, 120) Maldito sea 'l mare, que mi faz tanto male. / (do lat. maledictu).

 

male s. m. variante de mal, con -e paragóxico: 109 (115, 121) que mi faz tanto male.

 

mandado s. m. ‘Permiso’: 472 (478, 484) senon irei sen mandado. // Emprégase na loc. Sair de mandado. (vid. s. v. sair). / (do lat. mandatu).

 

[mandar] v. t. ‘Ordenar, conceder permiso’: 471 (477, 483) mandade-mi-o ir veer. // Formas: Imper. 5 mandade. / (do lat. mandare).

 

maos adx. m. pl. ‘Difíciles, traballosos’: 389 maos seran agora d' afazer / longi dela. / (do lat. malu).

 

maravilhar-se v. p. ‘Asombrarse, sorprenderse extraordinariamente’: 52 Ben me posso maravilhar / por mi a morte non aduzer. // Formas: Inf. maravilhar. / (de maravilla, do lat. mirabilia).

 

mare s. m. Variante de mar, con e paragóxico: 108 (114, 120) Maldito sea'l mare. / (do lat. mare).

 

Maria antrop. ‘María’: 124 e pesa-mi, par Santa Maria. / (do hebr. Mariam).

 

matar v. t. ‘Tirar a vida’: 44 por én me leixa de matar; 328 ante m’ eu queria ja siquer matar. // Formas: Inf. matar. / (de étimo incerto. vid. R. Lorenzo II, s. v. matar).

 

me (mi, m’) pron. pers. átono de acus. e dat. da 1ª pers.: Complemento directo: 4 E, pois me Deus aduss' aqui; 44 por én me leixa de matar; 53 por mi a morte non aduzer; 70 Que ledo me fezera ja; 72 un pouco que mi a min leixou; 131 nunca me viron desacordado; 197 ca Deus, que me quis destroir; 277 Ben tenh' eu que m' estranhará; 284 quen me d' esto quiser cousir; 285 nunca m' ende pode partir; 416 madr', irei u m' atende; 422 como m' atende soo; 425 e non me quis ante veer; 474 Gran coita me faz ousada. // Complemento indirecto: 5 (12, 19) dizer-vos quer' o que m' aven; 6 (13, 20) tanto me nembr' agora ja, (é un contexto ambiguo); 18 e, pois me vos Deus amostrou; 43 que Deus, que m' esto foi mostrar; 50 que nunca mi á d' escaecer; 60 e cuidava que m' ia ben; 63 (69, 75, 81) me fez filhar outra senhor; 73 Mais doutra guisa me vai ja; 87 u me vos Deus mostrou, senhor; 98 E Deus, que mi fez este ben; 99 ainda m' outro ben fara; 106 logo mi veen ondas; 109 (115, 121) que mi faz tanto male; 112 que mi non venhan ondas; 118 logo mi veen ondas; 126 Nostro Senhor!, quen m' oj’ a mi desse; 143 come vós non m' era mester; 157 amar, ca Deus non mi perdon; 169 quen me morrer / faz; 172 Gran mal mi ven; 173 e non mi ven; 177 E non mi val; 178 Deus, non mi val; 184 non mi á de fazer, senon mal; 190 De punhar de lhi nunc’a ja / querer algũa vez mi praz; 191 e de tod' esto al xi mi faz; 248 mais sei que mi verra én mal; 347 Per' este mal mi tolherá; 353 Muito é o mal que mi sofrer / fazedes; 354 porque mi falar / non queredes; 360 de vós non atend’eu al / que mi façades, senon mal; 367 Nen un conselho én me sal; 370 e pois mi aqui ven este mal; 382 e pois m' este mal aqui ven; 412 pero me de vós veesse; 426 e Deus mi tolha parecer; 431 por esto que m' el fez; 449 nulha ren do que m' el rogar; 482 por quanto ben mi queredes; 512 que me pesa, pois que s' ir quer. // Complemento terminativo: 437 non se m' espediu / quando se da terra partiu. // Aparece en construcións con verbos reflexivos, como reflexivo propiamente dito. 32 a coit' en que me vi andar; 327 Ben vos digo que ante m' eu / queria ja siquer matar. // Con verbos exclusivamente pronominais: 40 e sempre m' aver a queixar; 52 Ben me posso maravilhar; 79 non ei ja de que m' alegrar; 211 non me quer' eu muito queixar. // Con verbos que poden ser ou non pronominais (con ou sen cambio do significado léxico): 2 por vos veer, e me quitei / de vós; 89 pois que m' eu de vós parti; 137 e partira-m' end' eu logu' i; 144 e quisera-m' end' eu partir; 151 ca me vos partira end' eu; 158 se m' én non quisera quitar; 428 (434, 440, 446) se el ven e m' eu non vingar. // O uso do pronome pode mesmo cambiar o significado do verbo: 397 Conhosco-me, meu amigo / que sempre vos fiz pesar. // Rexístrase frecuentemente desempeñando unha función pragmática consistente en reforzar a implicación do suxeito na acción verbal (reflexivo de interese): 30 Non me soub' i conselh' aver; 125 (129, 133) ca m' ei outra coita d' amor maior; 236 cuidei-me de coita quitar; 245 Quisera-m’ eu que vissen al / ...estes meus olhos; 439 mais logo me lh' eu quera ben; 501 pois m' eu tanto non poss'aficar i. // En calquera dos usos citados, aparece frecuentemente enclítico ao verbo: 124 e pesa-mi, par Santa Maria; 167 Fez-me veer; 201 e faz-mi que non ei poder; 365 (371, 377, 383) alongar-me querrei d' aqui; 509 -Faredes-me atan prazer; 516 -Madre, faredes-mi amor; 523 -Madre, faredes-me ben i. / (do lat. me, vid. R. Lorenzo II: 825b).

 

melhor adv. modo ‘Máis ben’: 394 E muito fezeran a si melhor; 431 E cuida-s’el que lhi querrei / por esto que m' el fez melhor. / (do lat. meliore).

 

mentre adv. t. ‘Mentres’: 130 E mentr' eu dela fui namorado; 270 (276, 282, 288) mentr' eu vivo for; 373 E mentr' eu a guarir ouver. / (do lat. dum interim).

 

meor adx. ‘Menor’: 128 ca tenh' eu que meor coita ouvesse. / (do lat. minore).

 

[merecer] v. t. ‘Ser merecente’: 322 non / meresco eu desta sanha ren. // Formas. Ind. Pres. 1 meresco. / (do lat. vulg. *merescere, de merere).

 

mester s.m. Rexístrase só na loc. seer mester, ‘ser preciso, ser necesario’: 143 começar con atal molher / come vós non m' era mester. / (do prov. ant. mestier, mester, vid. T. García-Sabell, 1991: 232-236).

 

meter v. t. Rexístrase só na frase meter en falha, ‘faltar ao acordado, enganar’: 419 por non meter en falha / meu amigo, no monte. (vid. nota ao verso). // Formas: Inf. meter. / (do lat. mittere).

 

meu, mia  pron. pos. de 1ª pers. m. e f. sg. (m. pl. meus): 11 e, pois vos vejo, mia senhor; 47 estes meus olhos; 51 e no meu mal sempre cuidar; 58 Ora começa o meu mal; 64 E ja dormia tod' o meu / sono; 67 mais-lo poder ja non é meu; 66 e podia fazer mia prol; 101 el quis que vos visse ja, / mia senhor; 148 Senhor, e non foi pelo meu / grad’ u vos fui amar; 183 Pero mia senhor nulha ren; 207  (213, 219) ca vi mia senhor d' aquend' ir; 210 que aja no meu coraçon; 222 a senhor do meu coraçon; 228 pola fremosa mia senhor; 240 dos meus olhos; 246 e non vissen vós estes meus / olhos; 269 (275, 281, 287) que vos eu quero, mia senhor; 335 Pero tant' é o meu mal d' amor; 362 que eu por vós, mia senhor, ei; 387 Os meus olhos, que viron mia senhor; 397 Conhosco-me, meu amigo; 410 vós, a que eu por meu mal / fiz pesar; 417 (420, 423) meu amigo, no monte; 424 Id' é meu amigo d' aqui; 442 E veerá mui ben o meu / amigo; 451 que non vi o meu amigo; 463 falaredes per meu grado; 470 que non veja meu amigo; 493 ca nunca vos eu jamais por meu terrei; 505 meu amigo, que se quer ir; 514 por Deus! mia madr' e mia senhor; 519 -A Sevilha se vai d’aqui / meu amigo, por fazer ben. // ‘De min’: 500 con meus desejos veerdes aca. // Contrae co pron. pers. o, a, dando orixe ás formas mi-o, mi-a (vid.) / (do lat. meu, mea).

 

 

mi1 pron. pers. átono 1ª pers. variante de me (vid.).

 

mi2 pron. pers. tón. 1ª pers. ‘Min’: Complemento con preposición. 126 Nostro Senhor!, quen m' oj’ a mi desse; 223 a senhor do meu coraçon / e de mi; 319 assanha-s’ ora contra mi; 341 Tod' este mal quant' a mi ven; 366 (372, 378, 384) e alongar-s’ á el de mi; 427 e quanto de ben á en mi; 437non dava ren / el por mi; 456 -Non vos leixedes én por mi, / filha; 480 E ja que per mi sabedes; 488 nen cousa que en mi seja de ben; 494 pois ides máis ca por mi por el-rei. / (do lat. vulg. mi, do clás. mihi). (vid. min).

 

mia pron. pos. f. sg. (vid. meu).

 

mi-a vid. mi-o.

 

migo pron. pers. ‘Comigo’: 429 (435, 441, 447) quand' el quiser migo falar; 468 Madre, pois amor ei migo. / (do lat. mecum).

 

min pron. pers. tón. 1ª pers. Complemento con preposición. 71 quando s' Amor de min quitou; 72 un pouco que mi a min leixou; 196 por min non se pode partir; 304 non averei / nunca de min nen d' al sabor; 319 (325, 331) assanha-s’ ora contra min; 334 non sei eu que seja de min; 349 se de min non se quer partir; 395 e a min, se a non fossenveer; 498 Nunca vos máis paredes ante min. / (do lat. mihi)./ (vid. mi2).

 

mi-o (mi-a) combinación do pron. pers. átono de 1ª pers. me/mi co pron. pers. át. de acusat. de 3ª pers. m. e f. sg. o, a ‘Mo, ma’: 139 (146, 153, 160) non mi-o leixou, senhor, fazer; 140 (147, 154,.161) nen mi-o leixa, senhor, fazer; 188 (194, 200) mi-a faz a força ben querer; 265 Ora mi-o tenham a mal sén; 368 nen Deus non mi-o dá; 510 (517, 524) ca non sei quando mi-o verei. // Pode aparecer enclítico a un verbo. 94 e foi-mi-o Deus ora guisar; 471 (477, 483) mandade-mi-o ir veer.

 

moir' vid. morrer.

 

molher s. f. ‘Muller’: 142 começar con atal molher / come vós; 310 que eu ja sempr' esta molher / non veja. (do lat. muliere).

 

monte s. m. ‘Bosque’: 417 (420, 423) meu amigo, no monte. / (do lat. monte).

 

[morar] v. i. ‘Vivir, permanecer’: 3 me quitei / de vós, e vosco non morei. // Formas. Ind. Pret. 1 morei. / (do lat. morare).

 

morrer v. i. ‘Perder a vida’: 22 Se om' ouvesse de morrer; 166 (171, 176, 180, 181, 182) moir' eu; 169 quen me morrer / faz. // Formas: Inf. morrer; Ind. Pres. 1. moiro. / (do lat. vulg. morere).

 

morte s. f. ‘Perda da vida’: 35 quisera ante sofrer / mort' ũa vez ja, ca ficar / vivo; 53 por mi a morte non aduzer. / (do lat. morte).

 

mostrar v. t. ‘Pór á vista, facer ver’: 43 Deus, que m'esto foi mostrar; 55 que nunca el queira mostrar / a nulh’ ome tanto pesar; 87 u me vos Deus mostrou, senhor. // Formas: Ind. Pret. 3 mostrou. / (do lat. monstrare).

 

mui   forma apocopada do adv. muito. Intensifica o significado do adxectivo e do adverbio, no grao superlativo absoluto: 86 Que mui gran prazer oj’ eu vi; 156 por vos eu mui de coraçon / amar; 187 (193, 199) que o seu mui bon parecer; 251 O vosso mui bon parecer; 258 en vos veer mui gran sabor; 268 o mui gran ben / que vos eu quero; 336 e a mui gran coita que ei; 361 Aqueste mui gran mal d' amor; 388 e o seu mui fremoso parecer; 442 E veerá mui ben o meu / amigo.

 

muito adv. de cantidade ‘Moito, moi’: 77 non se dev’om’alegrar / muito de ren que poss' aver; 211 non me quer' eu muito queixar; 353 Muito é o mal que mi sofrer / fazedes; 391 e catarán muito contra u jaz; 394 E muito fezeran a si melhor / e a min. // Superlativo absoluto. 105 e las muit' altas ribas. // Rexístrase en expresións enfáticas. Que muito ‘Canto!’: 92 Que muito que eu desejei; 450 -Ai, madre, que muito errei, (vid. nota ao verso). Tan muito. ‘Tanto, ata tal punto’: 186 tan muito parec' ela ben. / (do lat. multu).

 

mundo s. m. ‘A vida terreal, o universo en que vivimos’: 38 e nunca no mundo prazer / des aqui ja mais aguardar; 297 Pero que oje no mund' al / que tanto deseje non á. / (do lat. mundu).

 

N

 

na contracción da prep. en co art. det. f. sg. a (vid. no).

 

[nacer] v. i. ‘Vir ao mundo’: 338 bon dia nacera, senhor. // Formas: Ind. Antepret. 1 nacera. / (do lat. vulg. nascer).

 

namorado part. de namorar. Emprégase na expresión seer namorado ‘estar namorado’: 130 E mentr' eu dela fui namorado. / (de en+amor+ado).

 

nas contracción da prep. en co art. det. f. pl. as (vid. no).

 

[negar] v. t. ‘Desmentir’: 271 Vós quant' eu poder negarei / que non sode-la que eu vi. // Formas. Ind. Fut. 1 negarei. / (do lat. negare).

 

nembrar v. t. e p. ‘Lembrar, lembrarse’: 6 (13, 20) tanto me nembr' agora ja; 17 a nembrar-lh' avia de pran. / Formas: Inf. nembrar; Ind. Pres. 3 nembra/nenbra / (do lat. memorare).

 

nen conx. copulativa ‘Nin’: 111 Nunca vejo las ondas / nen as altas debrocas; 123 nen ei a coita que ant' avia; 140 (147, 154, 161) nen mi-o leixa, senhor, fazer; 149 non foi pelo meu / grad'u vos fui amar, nen ei / i culpa; 174 e non mi ven / nen verra ben; 185 nen eu dela non atend' al; 209 Ja por coita nen por pesar; 263 nen os poderei eu partir; 267 non leixarei a trobar / nen a dizer eno cantar; 289 ca non querra Deus nen Amor; 304 nunca de min nen d' al sabor; 342 nen a gran coita que sofri; 348 este mal mi tolherá / o sén, nen lhi cuid' a guarir; 355 mi falar / non queredes, nen ascoitar; 368 Nen un conselho én me sal / contra vós, nen Deus non mi-o dá; 379 Nen tenho i al, que seja sén; 381 vos eu falar / non ous' ir, senhor, nen catar; 402 (408, 414) a vós eu nunca faria / pesar, nen vo-lo diria; 487 non dev’eu preçar parecer / nen palavra que eu aja, nen sén, 488 nen cousa que en mi seja de ben; 495 nen vos posso tanto rogar. / (do lat. nec).

 

nen un pron. indef. ‘Ningún’: Aparece en función adxacente. 101 mia senhor, ca per nen un sén; 329 ca lhi fazer nen un pesar; 367 Nen un conselho én me sal; 454 (460, 466) ca non ei nen un poder. / (do lat. nec unu, vid. R: Lorenzo II, s. v. nhũu).

 

no, na combinación da prep. en co art. det. sg. o, a (f. pl. nas): 8 Pero que vivo na maior / coita; 38 e nunca no mundo prazer; 51 e no meu mal sempre cuidar; 210 que aja no meu coraçon; 297 Pero que oje no mund' al; 390 longi dela, nas terras u eu for; 417 (420, 423) meu amigo, no monte. // Presenta a variante eno (vid.).

 

non adv. de negación: 3 e vosco non morei; 26 eu non podera máis viver; 29 e vos non puid' eu i valer; 30 Non me soub' i conselh' aver; 53 por mi a morte non aduzer; 59 de que ja non temia ren; 65 e ja non era fol; 67 mais-lo poder ja non é meu; 76 E non se dev’ om' alegrar; 79 non ei ja de que m' alegrar; 84 de que non sera sabedor; 90 (96, 102) non cuidara tant' a viver; 112 que mi non venhan ondas; 122 Ja eu non amo a quen soia; 132 mais ora ja non á i recado; 139 (146, 153, 160) non mi-o leixou, senhor, fazer; 143 non m' era mester; 148 e non foi pelo meu / grad’ u vos fui amar; 155 E non xe vos filhe pesar; 157 ca Deus non mi perdon; 158 se m' én non quisera quitar; 173 e non mi ven; 177 E non mi val; 178 Deus, non mi val; 184 non mi á de fazer, senon mal; 185 nen eu dela non atend' al; 196 por min non se pode partir; 201 e faz-mi que non ei poder; 202 que lho non aja de querer; 211 non me quer' eu muito queixar; 212 e direi-vos eu por que non; 217 non o querrei / aver; 221 Quand' eu non podia veer; 230 non cuidava teer en ren; 234 nulha cousa non acabei; 242 u vos non veerei; 244 (250, 256, 262, 264) u vos eu non vir; 246 e non vissen vós estes meus / olhos; 247 e non quis assi Deus; 260 pois, quando vos non veeran; 266 ca non leixarei a trobar; 272 negarei / que non sode-la que eu vi; 273 que non visse, ca des ali / fui sandeu; 286 que o ben non aja a dizer / que vos eu quero; 289 ca non querra Deus nen Amor; 290 que vo-l’ eu non queira, senhor; 293 que non saberia dizer; 294 pero non é sén; 298 al / que tanto deseje non á; 303 Se a non vir non averei / nunca de min nen d’al sabor; 309 Esto soo non é d' oir; 311 que eu ja sempr’esta molher / non veja cada que poder; 317 porque lh' é grav’ ou lhi non praz; 321 E ben pode saber que non / meresco eu desta sanha ren; 324 e pero non á i razon; 334 non sei eu que seja de min; 349 se de min non se quer partir; 355 mi falar / non queredes, nen ascoitar; 359 ca de vós non atend' eu al; 363 pois outro conselho non sei; 368 nen Deus non mi-o dá; 375 non averei nunca a perder / este mal; 381 vos eu falar / non ous' ir, senhor, nen catar; 385 ca non viverei máis des i; 395 se a non fossen veer; 396 ca por outra non mi ( verso incompleto); 404 non lho queirades creer; 411 vós, a que eu por meu mal / fiz pesar, u non jaz al; 415 Se vos non pesar ende; 419 por non meter en falha / meu amigo; 425 e non me quis ante veer; 428 (434, 440, 446) se el ven e m' eu non vingar; 433 mais logu’el seja o senhor / e eu sua, que non seerei; 436 Que viss' eu que non dava ren / el por mi; 437 non se m' espediu; 448 ca lhi non querrei ascuitar / nulha ren; 451 que non vi o meu amigo; 454 (460, 466) ca non ei nen un poder; 456 -Non vos leixedes én por mi, filha; 457 filha, que lhi non faledes; 459 -Ai, madre!, non tenho prol i; 469 non posso sofrer; 470 que non veja meu amigo; 486 Ora non dev’ eu preçar parecer; 489 pois vos eu tanto non posso dizer; 501 pois m' eu tanto non poss'aficar i; 510 (517, 524) ca non sei quando mi-o verei. // Ao combinarse co pronome lo, la, o l- deste asimílase ao -n final da partícula negativa, dando lugar ás formas non o, non a, con n alveolar resultado da asimilación:  300 non a veer máis val; 337 que dizer non o sei; 344 non o terria ja en ren. // Forma parte das construcións non dar ren por (vid. s. v. dar) e u non jaz al (vid. s. v. jazer). / (do lat. non).

 

nostro pron. pos. 1ª pers. varios posuidores ‘Noso’. Aparece só perante o substantivo Senhor: 126 Nostro Senhor!, quen m' oj’ a mi desse; 364 se prouguer a Nostro Senhor; 511 -Ben o sabe Nostro Senhor. / (do lat. nostru).

 

nulha (nulh’)  pron. indef. Rexístranse nos sintagmas nulh’ ome, (vid. s. v. ome); nulha cousa (vid. s. v. cousa) e nulha ren (vid. s. v. ren)./ (prov. nulh).

 

nunca (nunc’) adv. t. ‘En ningunha ocasión’: 7 (14, 21) come se nunca fosse rem; 38 e nunca no mundo prazer / des aqui ja mais aguardar; 46 e que nunca possa tolher / estes meus olhos de chorar; 50 que nunca mi á d' escaecer; 54 E nunc' a Deus queira prazer; 55 que nunca el queira mostrar / a nulh’ome tanto pesar; 110 Nunca vejo las ondas; 131 nunca me viron desacordado; 164 nunca dormi; 243 (249, 255, 261) ca nunca os ei a partir / de chorar; 285 nunca m' ende pode partir; 304 non averei / nunca de min nen d' al sabor; 375 non averei nunca a perder / este mal; 401 (407, 413) a vós eu nunca faria / pesar. // En locucións con outros adverbios ve reforzado o seu carácter negativo. Nunca ja: 189 De punhar de lhi nunc' a ja / querer; nunca jamais: 493 ca nunca vos eu jamais por meu terrei; nunca máis: 498 Nunca vos máis paredes ante min. / (do lat. nunquam).

 

O

o1, a1 art. det. m. e f. sg. (m. pl. os, f. pl. as): 5 (12, 19) dizer-vos quer' o que m' aven; 32 a coit'en que me vi andar; 49 vós e o vosso parecer; 53 por mi a morte non aduzer; 58 Ora começa o meu mal; 62 (68,74, 80) ca o dem' agora d' Amor; 64 E ja dormia tod' o meu / sono; 111 nen as altas debrocas; 123 nen ei a coita que ant' avia; 127 que a que ben quigi ben quisesse; 163 a que eu vi; 187 (193, 199) o seu mui bon parecer; 222 a senhor do meu coraçon; 227 Pero que perdia o sén; 251 O vosso mui bon parecer; 259 ja o pesar sera maior; 268 o mui gran ben / que vos eu quero; 279 mais sera o que Deus quiser; 280 ca o ben a dizer ei ja; 286 que o ben non aja a dizer; 291 A dona que eu quero ben; 335 Pero tant' é o meu mal d' amor; 336 e a mui gran coita que ei; 342 nen a gran coita que sofri; 348 mi tolherá / o sén; 353 Muito é o mal que mi sofrer/ fazedes; 387 Os meus olhos, que viron mia senhor; 388 e o seu mui fremoso parecer; 392 a terra desta dona; 393 os faz / sempre chorar e o sono perder; 432 mais logu' el seja o senhor; 442 E veerá mui ben o meu / amigo; 451 que non vi o meu amigo; 481 sabedes / o ben que lh' eu sei querer. // Combínase coas prep. en e por (vid. s. v. no, na, eno, polo), e coa conx. mais (vid. mai-lo). // Presenta os alomorfos lo e el no m. e la (pl. las) no f. (vid. lo1 e el1). / (do lat. illu, illa).

 

o2, a2 pron. pers. átono. de 3ª pers.: 78 ca eu, que o quige fazer; 189 De punhar de lhi nunc' a ja / querer; 206 e direi-vos por que o ei; 216 esforç’ averei / contra pesar, se o ouver; 217 de o perder; non o querrei / aver; 225 (231, 237) sol que a viss', e poi-la vi; 243 (249, 255, 261) ca nunca os ei a partir; 254 que o fossen veer; 263 nen os poderei eu partir; 292 tal sabor ei de a veer; 296 (302, 308, 314) sempre cada que a vejo; 299 como d' ir u a possa ja / veer; 300 non a veer máis val; 303 Se a non vir non averei; 305 se a vir averei maior / coita; 306 mais por que o farei; 392 a terra desta dona que os faz / sempre chorar; 455 (461, 467) non ei nen un poder / de o por amig' aver. // Cando segue a unha palabra rematada en -n, o l- inicial da forma etimolóxica asimilouse ao -n final da palabra precedente, que se realiza como alveolar: 337 que dizer non o sei; 344 non o terria ja en ren; 511 -Ben o sabe Nostro Senhor. // Combínase coa prep. por (vid. s. v. polo), co adv. pois (vid. poi-lo), e co pron, átono mi (vid. s. v. mi-a, mi-o) / (do lat. illu, illa).

 

oje (oj’) adv. t. ‘Hoxe’: 86 Que mui gran prazer oj’ eu vi; 126 quen m' oj’ a mi desse / que a que ben quigi ben quisesse!; 297 Pero que oje no mund' al / que tanto deseje non á; 504 -Madre, quer' oj’ eu ir veer / meu amigo. // Rexístrase na loc. oi mais ‘de hoxe en diante, desde agora’: 218 non o querrei / aver oi mais, se Deus quiser. / (do lat. hodie).

 

olhos s. m. pl. ‘Órganos do sentido da vista’.  Aparece sempre en plural no sintagma meus olhos: 47 que nunca possa tolher / estes meus olhos de chorar; 240 Que doo que agora ei / dos meus olhos; 247 e non vissen vós estes meus / olhos; 387 Os meus olhos, que viron mia senhor. / (do lat. oculu).

 

ome (om’) s. m. Rexístrase con valor de indefinido ‘alguén’: 22 Se om' ouvesse de morrer, / senhor, veendo gran pesar. // Nunha construción negativa equivale a ‘ninguén’: 76 E non se dev’ om' alegrar / muito de ren que poss’ aver. // Nulh’ ome, ‘ninguén’: 56 que nunca el queira mostrar / a nulh' ome tanto pesar; 85 de que non sera sabedor / nulh' om', en quant' eu vivo for. / (do lat. homine)

 

ondas s. f. pl. ‘Ondulacións da superficie do mar, vagas’. Alterna o sentido real co figurado de ‘onda de paixón’: 104 Quand' eu vejo las ondas; 106 (118) logo mi veen ondas / al cor; 110 Nunca vejo las ondas; 112 que mi non venhan ondas / al cor; 116 Se eu vejo las ondas. / (do lat. unda).

 

ora adv. t. ‘Agora’: 58 Ora começa o meu mal; 94 e foi-mi-o Deus ora guisar; 132 mais ora ja non á i recado; 208  (214, 220) e ora vejo-a viir; 257 Pero que ora, senhor, an; 265 Ora mi-o tenham a mal sén; 315 Esta senhor que ora filhei; 319 (325, 331) assanha-s’ ora contra mi; 443 quant' el ora fez; 486 Ora non dev’ eu preçar parecer. / (do lat. hora).

 

os art. det. m. pl. ou pron. pers. áton. de 3ª per. m. pl. (vid. s. v. o1 e o2).

 

osmar v. t. ‘Pensar, matinar’: 136 vi eu que fazia mal sén / d' ir osmar de vos querer ben. / Formas: Inf. osmar. / (do lat. aestimare, vid. R. Lorenzo II, 944b)

 

ou conx. disx. ‘Ou’: 317 porque lh' é grav’ ou lhi non praz. / (do lat. aut).

 

ousar v. t. ‘Ousar’: 381 pois vos eu falar / non ous' ir, senhor, nen catar. / Formas: Ind. Pres. 1 ouso / (do lat. vulg. *ausare, de ausus, part. de audere).

 

ousada adx. f. sg. ‘Atrevida’: 474 Gran coita me faz ousada. / (de ousar)

 

outra, outro pron. indef. f. e m. sg. ‘Unha distinta, un distinto’: Aparece sempre en función adxacente. 63 (69, 75, 81) me fez filhar outra senhor; 99 ainda m' outro ben fara; 125 (129, 133) ca m' ei outra coita d' amor maior; 363 pois outro conselho non sei; 396 ca por outra non mi; 492 Outra senhor vos conven a buscar. / (do lat. alteru, altera).

 

ouv', ouver, ouvesse vid. aver.

 

oi vid. oje.

 

oir v. t. ‘Oír, escoitar’: Rexístrase na expresión non ser de oir (unha cousa), co significado de ‘estar totalmente descartada de antemán’: 309 Esto soo non é d' oir. / Formas. Inf. oir. / (do lat. audire).

 

P

 

palavra s. f. ‘Elocuencia’: 487 non dev’ eu preçar parecer, / nen palavra que eu aja, nen sén. / (do lat. parabola, vid. R. Lorenzo II, 971a).

 

par prep. ‘Por’. Aparece en fórmulas de xuramento: 124 e pesa-mi, par Santa Maria. / vid. per, por) / (do lat. per).

 

[parar-se] v. p. ‘Deterse, pórse, presentarse’: 498 Nunca vos máis paredes ante min. // Formas: Subx. Pres. 5 paredes. / (do lat. parare).

 

parec' vid. parecer1.

 

[parecer]1 v. i. Rexístrase na expresión parecer ben, ‘ser moi fermoso’: 186 tan muito parec' ela ben.  // Formas: Ind. Pres. 3 parece. / (do lat. vulg. parescere).

 

parecer2 s. m. ‘Aspecto, figura’: 49 vós e o vosso parecer; 138 (145, 152, 159) mai-lo vosso bon parecer; 187 (193, 199) que o seu mui bon parecer; 192 pois tan bon parecer á; 198 tan bon parecer lhi foi dar; 251 O vosso mui bon parecer; 388 e o seu mui fremoso parecer; 426 e Deus mi tolha parecer; 486 Ora non dev’ eu preçar parecer. / (do v. parecer).

 

partir v. t e p. ‘Separarse, irse’: 89 que, pois que m' eu de vós parti; 349 se de min non se quer partir; 438 quando se da terra partiu; 490 (496, 502) que vos queirades, amigo, partir. // ‘Deixar de, desistir de’: 137 e partira-m' end' eu logu' i; 144 e quisera-m' end' eu partir; 151 ca me vos partira end' eu; 196 por min non se pode partir. // ‘Disuadir, desviar, privar’: 243 (249, 255, 261) ca nunca os ei a partir / de chorar; 263 nen os poderei eu partir / de chorar; 285 nunca m' ende pode partir. // Formas: Inf. partir. Ind. Pret. 1 parti, 3 partiu; Antepret. 1 partira / (do lat. partire).

 

pelo contracción da prep. per co art. det. m. sg. lo, ‘polo’: 148 Senhor, e non foi pelo meu / grad’ u vos fui amar. / (vid. polo).

 

per1 prep. ‘Por’. Indica o medio: 31 Non me soub’ i conselh’ aver / per como podess' endurar; 252 viron en mal dia per si; 369 Nen un conselho én me sal / per que perça este mal ja; 480 E ja que per mi sabedes. // Forma parte de varias locs. per meu grado (vid. s. v. grado); per nen un sén (vid. s. v. sén); per quanto (vid. s. v. quanto) / (vid. par, por). / (do lat. per).

 

per2 Partícula adverbial que como prefixo verbal ten valor intensificador: 168 fezme veer / Deus, per veer, / quen me morrer faz.

 

per' vid. pero.

 

perça vid. perder.

 

perder v. t. ‘Deixar de ter’: 217 esforç’averei / contra pesar, se o ouver, / de o perder; 224 que podesse coita perder; 369 per que perça este mal ja; 375 non averei nunca a perder / este mal; 393 sempre chorar e o sono perder. // Perder o sén, ‘perde-la razón; tolear’: 227 Pero que perdia o sén / pola fremosa mia senhor. // Formas: Inf. perder. Ind. Copret. 1 perdia. Subx. Pres. 1 perça. / (do lat. perdere).

 

[perdoar] v. t. ‘Conceder perdón’. Aparece nunha fórmula de xuramento: 157 ca Deus non mi perdon. // Formas: Subx. Pres. 3 perdon. / (do lat. perdonare).

 

pero conx. adversativa ‘Mais’: 294 non saberia dizer / camanh' é, pero non é sén; 356 Muito é o mal que mi sofrer / fazedes... pero máis én querria aver. // conx. concesiva, ‘aínda que’: 15 Pero quen tanto mal levou / com’eu levei, e tant’ afan/ a nembrar-lh’ avia de pran; 183 Pero mia senhor nulha ren / non mi á de fazer; 312 pero devia-lh' a fogir; 335 Pero tant' é o meu mal d' amor; 412 pero me de vós veesse; 347 Per' este mal mi tolherá / o sén. // Forma parte das locs. conx. concesivas pero que e e pero, ‘aínda que’: 8 Pero que vivo na maior / coita que podia viver; 227 Pero que perdia o sén; 257 Pero que ora, senhor, an / en vos veer mui gran sabor; 297 Pero que oje no mund' al / que tanto deseje non á; 320 (326, 332) e pero faz seu prazer i (vid. nota ao verso); 324 e pero non á i razon; 453 e pero lhi fale, ben sei / ca non ei nen un poder. / (do lat. per hoc).

 

pesar1 v. i. ‘Causar pena ou dor’: 124 e pesa-mi, par Santa Maria; 415 Se vos non pesar ende; 512 Ben o sabe Nostro Senhor / que me pesa, pois que s' ir quer // Formas: Inf. pesar. Ind. Pres. 3 pesa. Subx. Fut. 3 pesar. / (do lat. pensare).

 

pesar2 s. m. ‘Pena, mágoa’: 23 veendo gran pesar / da ren que máis soubess’amar; 37 a tan grave pesar veer; 56 nunca el queira mostrar / a nulh' ome tanto pesar; 155 E non xe vos filhe pesar; 205 e de gran pesar gran prazer; 209 Ja por coita nen por pesar / que aja; 216 eu esforç’averei / contra pesar, se o ouver; 259 ja o pesar sera maior; 329 ca lhi fazer nen un pesar; 398 que sempre vos fiz pesar; 402 (408, 414) a vós eu nunca faria / pesar, nen vo-lo diria; 411 a que eu por meu mal / fiz pesar, u non jaz al./ (do v. pesar).

 

poder1 s. m. ‘Capacidade, potestade, dominio’: 67 mais-lo poder ja non é meu. // Forma parte das expresións non aver poder (vid. s. v. aver), e seer en poder (de alguén) (vid. s. v. seer). / (do v. poder).

 

poder2 v. i. ‘Ter capacidade para; ter a facultade de’: 9 vivo na maior / coita que podia viver; 26 eu non podera máis viver; 29 e vos non puid' eu i valer; 31 per como podess' endurar / a coit’en que me vi; 42 mais ũa ren posso creer; 46 e que nunca possa tolher; 52 Ben me posso maravilhar; 57 quant' el poderia sofrer; 66 e podia fazer mia prol; 77 non se dev’ om’ alegrar / muito de ren que poss' aver; 196 por min non se pode partir; 221 Quand' eu non podia veer / a senhor; 224 que podesse coita perder; 263 nen os poderei eu partir / de chorar; 271 Vós quant' eu poder negarei; 283 E ben pod' ũa ren creer; 285 nunca m' ende pode partir; 299 como d' ir u a possa ja / veer; 311 non veja cada que poder; 321 E ben pode saber que non; 376 mais se eu poder, / alongar-me querrei d’aqui; 405 ca se podess' eu seer, / amigo, convosc’amiga; 469 que non posso sofrer / que non veja meu amigo; 489 pois vos eu tanto non posso dizer; 495 nen vos posso tanto rogar; 501 pois m' eu tanto non poss'aficar i. // Formas. Ind. Pres. 1 posso, 3 pode; Fut. 1 poderei; Copret. 1 podia; Pret. 1 puide; Antepret. 1 podera; Pospret. 3 poderia. Subx. Pres. 3 possa; Pret. 1 podesse; Fut. 1 poder. / (do lat. vulg. *potere, do clás. posse).

 

poi-la, poi-lo combinación do adv. de t. ou da conx. causal pois co pron. pers. átono f. sg. la  ou m. sg. lo  (m. pl. poi-los), ‘despois de o; xa que o’: 225 (231, 237) sol que a viss', e poi-la vi / ouv’eu maior coita des i; 241 polo chorar / que faran poi-los eu levar; 278 m’ estranhará / esto de vós, poi-lo disser; 295 (301, 307, 313) poi-la end' eu máis desejo / sempre cada que a vejo; 333 E poi-lo quer fazer assi / non sei eu que seja de min.

 

pois conx. causal ‘Posto que, xa que’: 4 E, pois me Deus aduss' aqui; 11 e, pois vos vejo, mia senhor; 18 e, pois me vos Deus amostrou; 100 pois el quis que vos visse ja; 192 pois tan bon parecer á; 363 pois outro conselho non sei; 370 e pois mi aqui ven este mal; 380 pois vos eu falar / non ous’ir; 382 e pois m' este mal aqui ven; 464 -Pois lhi saí de mandado; 468 Madre, pois amor ei migo; 476 e pois eu vivo coitada; 489 pois vos eu tanto non posso dizer; 494 pois ides máis ca por mi por el-rei / fazer; 501 pois m' eu tanto non poss'aficar i. // adv. t. ‘Despois’: 260 pois, quando vos non veeran. // Pois que. loc. conx. Con valor causal ‘xa que, dado que’: 512 que me pesa, pois que s' ir quer. Con valor temporal ‘despois de que’: 89 pois que m' eu de vós parti. (vid.  poi-la, poi-lo, poi-los). / (do lat. post).

 

pola, polo combinación da prep. por co art. det. sg. f. la, m. lo: 33 pola forç'a que vos prender / vi; 107 al cor pola velida; 113 al cor pola fremosa; 119 al cor pola ben feita; 228 pola fremosa mia senhor; 240 dos meus olhos, polo chorar / que faran. // Combinación da prep. por co pron. pers. átono m. sg. lo. 462 -Filha, polo desassanhar / falaredes per meu grado.

 

por prep. Indica causa: 2 Quantas coitas, senhor, sofri / por vos veer, e me quitei; 41 m’ aver a queixar / a Deus por el esto querer; 53 me posso maravilhar / por mi a morte non aduzer; 156 non xe vos filhe pesar / por vos eu mui de coraçon; 209 Ja por coita nen por pesar; 337 a mui gran coita que ei / por vós, que dizer non o sei; 343 a gran coita que sofri / por vós, desque vos conhoci; 362 gran mal d’ amor / que eu por vós, mia senhor, ei; 396 ca por outra non mi; 431 por esto que m' el fez melhor; 456 -Non vos leixedes én por mi; 482 por quanto ben mi queredes; 494 pois ides máis ca por mi por el-rei / fazer // Finalidade: 36 ficar / vivo por aver a estar / a tan grave pesar veer (vid. nota ao v.); 420 Irei, se Deus vos valha, / por non meter en falha / meu amigo; 519 se vai d’ aqui / meu amigo, por fazer ben. // Medio: 196 por min non se pode partir. // Consecuencia: 410 vós, a que eu por meu mal / fiz pesar. // Forma parte da fórmula exclamativa por Deus! 514 por Deus! mia madr' e mia senhor. // Acompaña ao pron. que na fórmula interrogativa por que?, tanto en interrogativas directas coma indirectas: 206 e direi-vos por que o ei; 212 e direi-vos eu por que non; 306 mais por que o farei, / poi-la end’ eu máis desejo / sempre cada que a vejo? // Forma parte de diversas expresións: aver por amigo (vid. s. v. aver), non dar ren por (vid. s. v. dar), por én (vid. s. v. én) e tẽer (a alguén) por seu (vid. s. v. tẽer). / (do lat. per).

 

porque conx. causal ‘Por causa de que’: 150 nen ei / i culpa porque vos amei; 317 porque lh' é grav’ ou lhi non praz; 354 o mal que mi sofrer / fazedes porque mi falar / non queredes. / (de por e que).

 

poss', possa, posso vid. poder2.

 

pouco pron. indef. Aparece na loc. adv. un pouco, con valor temporal, ‘un breve período de tempo’: 72 un pouco que mi a min leixou. / (do lat. paucu).

 

pran adx. Aparece só na loc. adv. de pran ‘con certeza’: 17 a nembrar-lh' avia de pran. / (do prov. plan, do lat. planu).

 

prazer1 s. m. ‘Gozo, contento’: 38 e nunca no mundo prazer / des aqui ja mais aguardar; 86 Que mui gran prazer oj’ eu vi; 205 e de gran pesar gran prazer. // Para as expresións fazer prazer (a alguén) e fazer seu prazer (alguén), vid. s. v. fazer / (do lat. placere).

 

prazer2 v. i. ‘Agradar, causar satisfacción’: 54 E nunc' a Deus queira prazer; 190 De punhar de lhi nunc’ a ja / querer algũa vez mi praz; 317 porque lh' é grav’ ou lhi non praz; 364 se prouguer a Nostro Senhor; 513 e veer-lo-ei se vos prouguer; 521 madre, se vos prouguer d' ir i. // Formas: Inf. prazer. Ind. pres. 3 praz. Subx. Fut. 3 prouguer.

 

preçar v. t. ‘Estimar’: 486 Ora non dev’ eu preçar parecer. // Formas: Inf. preçar. / (do lat. pretiare)

 

prender v. t. ‘Apresar, agarrar con violencia’: 33 pola forç' a que vos prender / vi. // Formas: Inf. prender. / (do lat. vulg. prendere, do clás. prehendere).

 

prol s. f. ‘Proveito, beneficio’: 66 e podia fazer mia prol; 459 -Ai, madre!, non tenho prol i; 465 que prol á, madr', en lhi falar? / (do lat. vulg. prode).

 

prouguer  vid. prazer2.

 

puid' vid. poder2.

 

punhar v. i. ‘Esforzarse, tratar de’: 189 De punhar de lhi nunc' a ja / querer. // Formas: Inf. punhar. / (do lat. pugnare).

 

 

Q

 

quando1 conx. temporal ‘Cando, no tempo en que’: 71 Que ledo me fezera ja / quando s' Amor de min quitou; 104 Quand' eu vejo las ondas; 221 Quand' eu non podia veer; 260 ja o pesar sera maior, / pois, quando vos non veeran; 429 (435, 441, 447) se el ven e m’ eu non vingar / quand' el quiser migo falar; 438 quando se da terra partiu. / (do lat. quando).

 

quando2 adv. ‘Cando, en qué momento’: 510 (517, 524) ca non sei quando mi-o verei. / (do lat. quando).

 

quanta, quanto (quant’), pron. relat. (f. pl. quantas) ‘Canto, todo o que’: 25 da ren que máis soubess’ amar / de quantas Deus quiso fazer; 233 De quant' eu cuidei acabar / nulha cousa non acabei; 271 Vós quant' eu poder negarei; 341 Tod' este mal quant' a mi ven; 427 e quanto de ben á en mi; 443 E veerá mui ben o meu / amigo quant' el ora fez. // Introduce o segundo membro dunha estrutura comparativa: 57 tanto pesar / quant' el poderia sofrer. // pron. indef. ‘Canto’, en función adxacente: 229 quanta coita avia d' amor / non cuidava teer en ren. // exclam. 1 Quantas coitas, senhor, sofri / por vos veer! // En quanto loc. conx. temporal, ‘mentres que’:  85 de que non sera sabedor / nulh' om', en quant' eu vivo for. / Per-por quanto, ‘por todo o que’: 204 Deus, per quant' eu entend' e sei; 482 por quanto ben mi queredes. / (do lat. quantu, quanta).

 

que1 pron. rel. 5 (12, 19) dizer-vos quer' o que m' aven; 9 na maior / coita que podia viver; 24 da ren que máis soubess' amar; 32 a coit' en que me vi andar; 33 pola forç' a que vos prender / vi; 43 Deus, que m' esto foi mostrar; 50 o vosso parecer / que nunca mi á d' escaecer; 59 o meu mal / de que ja non temia ren; 72 un pouco que mi a min leixou; 77 alegrar / muito de ren que poss' aver; 78 ca eu, que o quige fazer; 84 la senhor / de que non sera sabedor; 98 E Deus, que mi fez este ben; 109 (115, 121) Maldito sea’l mare / que mi faz tanto male; 123 nen ei a coita que ant' avia; 127 que a que ben quigi ben quisesse; 163 a que eu vi; 197 ca Deus, que me quis destroir; 210 nen por pesar / que aja no meu coraçon; 235 ca vede-lo que eu cuidei; 239 Que doo que agora ei; 241 polo chorar / que faran poi-los eu levar; 268 eno cantar / que eu fezer; 269 o mui gran ben / que vos eu quero, mia senhor; 272 que non sode-la que eu vi; 273 que non visse, ca des ali; 279 mais sera o que Deus quiser; 291 A dona que eu quero ben; 298 oje no mund’ al / que tanto deseje non á; 315 Esta senhor que ora filhei; 318 lhi non praz / do que con ela comecei; 336 e a mui gran coita que ei; 342 nen a gran coita que sofri; 353 Muito é o mal que mi sofrer / fazedes; 360 non atend’ eu al / que mi façades, senon mal; 362 gran mal d’ amor / que eu por vós, mia senhor, ei; 369 Nen un conselho én me sal / per que perça este mal ja; 379 Nen tenho i al, que seja sén; 380 Nen tenho i al, que seja sén, / que faça; 387 Os meus olhos, que viron mia senhor; 392 a terra desta dona que os faz / sempre chorar; 410 vós, a que eu por meu mal / fiz pesar; 431 por esto que m' el fez; 433 e eu sua, que non seerei; 449 nulha ren do que m' el rogar; 481 o ben que lh' eu sei querer; 487 nen palavra que eu aja, nen sén; 488 nen cousa que en mi seja de ben; 505 meu amigo, que se quer ir. // Uso pleonástico con valor intensificador: 92 Que muito que eu desejei. / (do lat. quem).

 

que2 conx. completiva: 43 ũa ren posso creer: / que Deus, que m'esto foi mostrar; 55 E nunc’ a Deus queira prazer / que nunca el queira mostrar; 60 e cuidava que m' ia ben; 89 e ben vos faço sabedor / que, pois que m' eu de vós parti; 100 pois el quis que vos visse ja; 127 quen m’ oj’ a mi desse / que a que ben quigi ben quisesse; 128 ca tenh' eu que meor coita ouvesse; 135 vi eu que fazia mal sén; 141 Assaz entendo eu que d' ir / começar; 201 e faz-mi que non ei poder; 224 ben cuidav’ enton / que podesse coita perder; 245 Quisera-m’ eu que vissen al; 248 mais sei que mi verra én mal; 254 mal dia lhe-lo sofri / senhor, que o fossen veer; 272 negarei / que non sode-la que eu vi; 275 mai-lo ben direi / que vos eu quero, mia senhor; 277 Ben tenh' eu que m' estranhará; 281 ca o ben a dizer ei ja / que vos eu quero, mia senhor; 286 nunca m’ende pode partir / que o ben non aja a dizer; 287 que o ben non aja a dizer / que vos eu quero, mia senhor; 290 ca non querra Deus nen Amor / que vo-l’ eu non queira, senhor; 310 non é d’ oir: / que eu ja sempr' esta molher / non veja; 316 grave dia, vedes que faz; 321 E ben pode saber que non / meresco eu desta sanha ren; 327 Ben vos digo que ante m' eu; 398 Conhosco-me meu amigo / que sempre vos fiz pesar; 430 E cuida-s' el que lhi querrei; 436 Que viss' eu que non dava ren; 470 non posso sofrer / que non veja meu amigo; 512 Ben o sabe Nostro Senhor / que me pesa, pois que s' ir quer. // conx. final. 45 por én me leixa de matar, / que aja sempre que doer; 46 e que nunca possa tolher / estes meus olhos de chorar; 48 e que sempr'aj’a desejar / vós e o vosso parecer; 436 Que viss' eu que non dava ren / el por mi. // conx. consecutiva. 112 Nunca vejo las ondas /.../ que mi non venhan ondas; 187 (193 199) tan muito parec’ ela ben / que o seu mui bon parecer / mi-a faz a força ben querer; 202 non ei poder / que lho non aja de querer; 337 Pero tant’ é ..., que dizer non o sei; 456 Non vos leixedes én por mi, / filha, que lhi non faledes; 490 (496, 502) vos eu tanto non posso dizer / que vos queirades, amigo, partir. // conx. causal. 451...que muito errei! / que non vi o meu amigo / u el falasse comigo. // Forma parte das locs. cada que (vid. s. v. cada que), ja que (vid. s. v. ja), pero que (vid. s. v. pero), por que (vid. s. v. porque), pois que (vid. s. v. pois1, pois2), quen quera que (vid.), sol que (vid. s. v. sol que), tal...que (vid. s. v. tal) e da perífrase aver+que+inf. (vid. s. v. aver). / (do lat. quia e quid).

 

que3 exclam.: 70 Que ledo me fezera ja; 86 Que mui gran prazer oj’ eu vi; 92 Que muito que eu desejei; 239 Que doo que agora ei; 450 -Ai, madre, que muito errei. // interrog. 79 non ei ja de que m' alegrar; 334 non sei eu que seja de min; 444 E veerá mui ben o meu amigo / quant’ el ora fez / a que lhi salra esta vez; 465 que prol á, madr', en lhi falar?; 306 averei maior / coita, mais por que o farei. / (do lat. quid).

 

queixar-se v. p. ‘Laiarse, manifestar dor ou pesar’: 40 e sempre m' aver a queixar / a Deus; 211 non me quer' eu muito queixar. // Formas: Inf. queixar. / (do lat. vulg. *quassiare, do clás. quassare; vid. R. Lorenzo II, 1087a).

 

quen pron. rel. ‘A persoa ou persoas que’: 15 Pero quen tanto mal levou; 122 Ja eu non amo a quen soia; 169 Fezme veer / Deus, per veer/ quen me morrer / faz; 284 E ben pod’ ũa ren creer / quen me d' esto quiser cousir. // exclam. 126 Nostro Senhor!, quen m' oj’ a mi desse. / (do lat. quem).

 

quen quer que loc. pron. indef. ‘Quen queira que’: 403 Quen quer que vos d' end' al diga.

 

querer v. t. ‘Ter vontade de, ter intención de, desexar’: 5 (12, 19) dizer-vos quer' o que m' aven; 25 de quantas Deus quiso fazer; 34 e quisera ante sofrer; 41 a Deus por el esto querer; 54 E nunc' a Deus queira prazer; 55 que nunca el queira mostrar; 78 ca eu, que o quige fazer; 100 pois el quis que vos visse ja; 144 e quisera-m' end' eu partir; 158 se m' én non quisera quitar; 197 ca Deus, que me quis destroir; 211 non me quer' eu muito queixar; 217 non o querrei / aver oi mais; 245 Quisera-m’ eu que vissen al; 247 e non quis assi Deus; 284 quen me d' esto quiser cousir; 289 ca non querra Deus nen Amor; 328 ante m’ eu / queria ja siquer matar; 333 E poi-lo quer fazer assi; 349 se de min non se quer partir; 355 porque mi falar / non queredes, nen ascoitar; 356 pero máis én querria aver; 365 (371, 377, 383) alongar-me querrei d' aqui; 400 quisessedes vós comigo; 404 non lho queirades creer; 425 e non me quis ante veer; 429 (435, 441, 447) quand' el quiser migo falar; 448 ca lhi non querrei ascuitar / nulha ren; 490 (496, 502) que vos queirades, amigo, partir; 504 -Madre, quer' oj’ eu ir veer; 505 meu amigo, que se quer ir; 512 que me pesa, pois que s' ir quer. // ‘Amar’: 127 que a que ben quigi ben quisesse; 127 que a que ben quigi ben quisesse; 136 d' ir osmar de vos querer ben; 188 (194, 200) mi-a faz a força ben querer; 190 nunc’a ja / querer algũa vez mi praz; 202 que lho non aja de querer; 269 (275, 281, 287) que vos eu quero, mia senhor; 270 (276, 282; 288) e querrei, mentr' eu vivo for; 290 que vo-l’ eu non queira, senhor; 291 A dona que eu quero ben; 323 ergo se lhi quero gran ben; 430 E cuida-s' el que lhi querrei; 439 mais logo me lh' eu quera ben; 481 o ben que lh' eu sei querer; 482 por quanto ben mi queredes. // Se Deus quiser, seer o que Deus quiser (vid. s. v. Deus). // Formas: Inf. querer. Ind. Pres. 1 quero, 5 queredes; Fut. 1 querrei, 3 querra; Copret. 1 queria; Antepret. 1 quisera  1 Pospret. 1 querria; Pret. 1 quige, quigi, 3 quis, quiso. Subx. Pres. 1 quera, queira, 5 queirades, queirades; Pret. 1 quisesse, 5 quisessedes; Fut. 3 quiser. / (do lat. quaerere).

 

quitar-se v. p. ‘Liberarse, separarse, afastarse’: 2 e me quitei / de vós, e vosco non morei; 71 quando s' Amor de min quitou; 158 se m' én non quisera quitar; 236 cuidei-me de coita quitar. // Formas: Inf. quitar. Ind. Pret. 1 quitei, 3 quitou. / (do lat. quietare ou do adx. quito, e este do lat. quietu; vid. R. Lorenzo II: 1095a-1906).

 

 

R

razon s. f. ‘Causa, motivo’: 324 e pero non á i razon. / (do lat. ratione).

 

recado s. m. ‘Coidado, remedio, solución’: 132 Mentr’eu dela fui namorado / nunca me viron desacordado, / mais ora ja non á i recado, / ca m’ ei outra coita d’ amor maior (vid. comentario). / (de recadar, do lat. vulg. recapitare; vid. R. Lorenzo II, 1103b).

 

ren s. f.  ‘Cousa’: 24 da ren que máis soubess' amar; 42 mais ũa ren posso creer; 283 E ben pod' ũa ren creer; // pron. indef. ‘Nada’: 7 (14, 21) come se nunca fosse rem; 59 de que ja non temia ren; 77 non se dev’ om’ alegrar / muito de ren que poss' aver; 322 non / meresco eu desta sanha ren. // Non dar ren por, ‘non ter en aprezo, non estimar en nada’: 436 Que viss' eu que non dava ren / el por mi. // Non teer en ren, ‘non ter en aprezo, non darlle importancia’: 230 quanta coita avia d’ amor / non cuidava teer en ren; 344 non o terria ja en ren. // Nulha ren, ‘nada’: 183 Pero mia senhor nulha ren / non mi á de fazer ; 449 nulha ren do que m' el rogar. / (do lat. rem).

 

rei s. m. ‘Monarca’: 494 pois ides máis ca por mi por el-rei / fazer; 506 a Sevilha el-rei servir. / (do lat. rege).

 

ribas s. f. pl. ‘Ribeiras’: 105 e las muit' altas ribas. / (do lat. ripas).

 

rogar v. t. ‘Implorar, suplicar’: 449 nulha ren do que m' el rogar; 495 nen vos posso tanto rogar. / Formas: Inf. rogar. Subx. Fut. 3 rogar. / (do lat. rogare).

 

 

S

 

s' vid. se1 e se2.

 

sabedor adx. m. e f. ‘Coñecedor’: 88 e ben vos faço sabedor. / Emprégase na expresión seer sabedor de: 84 de que non sera sabedor / nulh’ om / (de saber).

 

saber v. t. ‘Saber, coñecer, entender de’: 24 da ren que máis soubess' amar / de quantas Deus quiso fazer; 30 Non me soub'i conselh' aver; 204 Deus, per quant' eu entend' e sei; 293 que non saberia dizer; 248 mais sei que mi verra én mal; 321 E ben pode saber que non; 334 non sei eu que seja de min; 337 que dizer non o sei; 363 pois outro conselho non sei; 453 e pero lhi fale, ben sei / ca non ei nen un poder; 480 E ja que per mi sabedes / o ben que lh’eu sei querer; 481 o ben que lh' eu sei querer; 510 (517, 524) ca non sei quando mi-o verei; 511 -Ben o sabe Nostro Senhor. // Formas: Inf. saber. Ind. Pres. 1 sei, sei, 3 sabe, 5 sabedes; Pret. soube; Pospret. saberia. Subx. 3 soubesse. / (do lat. sapere).

 

sabor s. m. ‘Pracer, desexo’: Rexístrase só na expresión aver sabor (vid. s. v. aver). / (do lat. sapore).

 

[sair] v. i. Emprégase en diversas expresións. Non sair conselho, ‘non ocorrerse unha solución’: 367 Nen un conselho én me sal. // Sair (unha cousa) a, ‘acabar en, ir parar a’: 444 E veerá mui ben o meu / amigo quant’ el ora fez / a que lhi salra esta vez. // Sair de mandado, ‘desobedecer, faltar ao ordenado ou acordado’: 464 -Pois lhi saí de mandado. (vid. nota ao verso). // Formas: Ind. Pres. 3 sal; Fut. 3 salra; Pret. 1 saí. / (do lat. salire).

 

sal, salra vid. sair.

 

sandeu adx. m. ‘Tolo, louco, sen xuízo’: 274 des ali / fui sandeu. / (De orixe incerta; quizais da expresión latina sancte Deu (vid. Corominas, s. v) e tal vez a través dalgunha forma do francés medieval sancz ou sanz + Dieu).

 

sanha s. f. ‘Ira’: 322 Non / meresco eu desta sanha ren. / (do lat. insania, vid. R. Lorenzo II, 1153).

 

santa s. f. ‘Santa’: 124 e pesa-mi, par Santa Maria. / (do lat. sancta).

 

sazon s. f. ‘Ocasión, tempo’: 499 se vós en algũa sazon d' ala / con meus desejos veerdes aca. / (do lat. satione).

 

se1 conx. condicional: 22 Se om' ouvesse de morrer, / senhor, veendo gran pesar; 116 Se eu vejo las ondas; 158 ca Deus non mi perdon / se m' én non quisera quitar; 216 contra pesar, se o ouver; 303 Se a non vir non averei; 305 se a vir averei maior / coita; 323 ergo se lhi quero gran ben; 339 (345, 351, 357) se apos tod' aqueste mal; 349 se de min non se quer partir; 364 se prouguer a Nostro Senhor; 376 mais se eu poder / alongar-me querrei d’aqui; 395 e a min, se a non fossen veer; 399 mais se agor' amigar; 405 ca se podess' eu seer; 409 Se eu por amig' ouvesse / vós; 415 Se vos non pesar ende; 428 (434, 440, 446) se el ven e m' eu non vingar; 458 se vós én sabor avedes; 499 se vós en algũa sazon d' ala / con meus desejos veerdes aca; 513 e veer-lo-ei se vos prouguer; 521 madre, se vos prouguer d' ir i. // Rexístrase con valor optativo condicional, ‘así’, nas locs. se Deus quiser, 218 non o querrei / aver oi mais, se Deus quiser, e se Deus vos valha, 418 Irei, se Deus vos valha. / (do lat. si).

 

se2 (s’) pron. pers. áton. de 3ª pers. reflex. Non se atopan casos dun valor reflexivo propiamente dito. // Con verbos pronominais: 76 E non se dev’ om' alegrar; 319 (325, 331) assanha-s’ ora contra mi. // Con verbos que poden ser ou non pronominais, con ou sen cambio do significado léxico: 61 e todo se tornou en mal; 71 quando s' Amor de min quitou; 349 de min non se quer partir; 366 (372, 378, 384) e alongar-s’ á el de mi; 386 e alongar-s’ á end' assi; 437 non se m' espediu; 438 quando se da terra partiu; 505 meu amigo, que se quer ir; 512 que me pesa, pois que s' ir quer; 518 -A Sevilha se vai d' aqui. // Rexístrase tamén desempeñando unha función pragmática consistente en intensificar a implicación do suxeito na acción verbal (reflexivo de interese): 430 E cuida-s' el que lhi querrei. // Con valor impersoal e mais reflexivo: 196 De ja sempr’ esta dona amar / por min non se pode partir. / (do lat. se)

 

seer v. cop.‘Ser’: 65 e ja non era fol; 67 mais-lo poder ja non é meu; 108 (114, 120) Maldito sea'l mare; 148 Senhor, e non foi pelo meu / grad’ u vos fui amar; 259 ja o pesar sera maior; 279 mais sera o que Deus quiser; 335 Pero tant' é o meu mal d' amor; 353 Muito é o mal que mi sofrer / fazedes; 432 mais logu' el seja o senhor; 433 e eu sua, que non seerei. // ‘Estar’: 85 en quant' eu vivo for; 130 E mentr' eu dela fui namorado; 270 (276, 282, 288) e querrei, mentr' eu vivo for. // ‘Pórse, quedar, sentirse’: 274 ca des ali / fui sandeu. // ‘Existir, haber’: 7 (14, 21) come se nunca fosse rem; 488 nen cousa que en mi seja de ben. // Rexístrase un caso dunha perífrase ser + part., que ten un valor perfectivo (vid. R. Álvarez et al., 1986: 418). 424 Id' é meu amigo d' aqui. // Non seer d’ oir (algo). (vid. s. v. oir). // Non seer mester (algo). (vid. s. v. mester. // Que (seer) de (alguén), ‘qué será de, cal será o futuro de’: 334 non sei eu que seja de min. // Seer amiga (con). (vid. s. v. amiga). // Seer grave (algo a alguén). (vid. s. v. grave). // Seer en poder (de alguén), ‘estar sometido, baixo o poder ou o dominio (de alguén). 445 ca en seu poder seja eu / se el ven e m’ eu non vingar. // Seer mao de, ‘ser malo de, ser difícil de’: 389 maos seran agora d' afazer. // Seer sabedor (vid. s. v. sabedor). // Seer sén (algo), ‘ser razoábel, sensato’: 294 camanh' é, pero non é sén; 379 Nen tenho i al, que seja sén / que faça. // Nun caso rexístrase a asimilación do -s final do verbo ao l inicial da forma la do art., dando lugar á forma sode-la: 272 que non sode-la que eu vi. // Formas: Inf. seer. Ind. Pres. 3 é, 5 sodes; Fut. 1 seerei, 3 sera, 5 seran; Copret. 3 era; Pret. 1 fui, 3 foi. Subx. Pres. 3 seja, sea; Fut. 1 for; Pret. 3 fosse. /  (do lat. sedere)

 

sei vid. saber.

 

sempr' vid. sempre.

 

sempre (sempr’) adv. ‘En toda ocasión, en todo momento, sen cesar’: 40 e sempre m' aver a queixar; 45 que aja sempre que doer; 51 e no meu mal sempre cuidar; 195 De ja sempr' esta dona amar; 215 E sempr' eu esforç' averei; 296 (302, 308; 314) sempre cada que a vejo; 310 que eu ja sempr' esta molher / non veja cada que poder; 393 sempre chorar e o sono perder; 398 que sempre vos fiz pesar. / (do lat. semper).

 

sen prep. Indica falta, carencia: 91 (97, 103) como vevi, sen vos veer; 472 (478, 484) senon irei sen mandado; 473 (479, 485) vee-l' e sen vosso grado. / (do lat. sine).

 

sén s. m. ‘Sentido común, siso, xuízo’: 348 Per’ este mal mi tolherá / o sén, nen lhi cuid' a guarir; 487 nen palavra que eu aja, nen sén. // Fazer mal sén (vid. s. v. fazer). // Perder o sén (vid. s. v. perder). // Per nen un sén, ‘de ningún xeito’: 101 ca per nen un sén / non cuidara tant’ a viver. // Teer a mal sén (vid. s. v. teer). // adx. Rexístrase na expresión  seer sén (algo) (vid. s. v. seer). / (do xerm. sinn a través do prov. sen; vid. T. Garcia-Sabell, 1991: 308-312).

 

senhor s.f. ‘Dona, señora’. Vai frecuentemente precedido do posesivo mia: 1 Quantas coitas, senhor, sofri; 11 e, pois vos vejo, mia senhor; 23 Se om’ouvesse de morrer, / senhor, veendo gran pesar; 63 (69, 75, 81) me fez filhar outra senhor; 83 e bẽeiga Deus la senhor; 87 u me vos Deus mostrou, senhor; 95 e foi-mi-o Deus ora guisar, / senhor, e máis vos én direi; 101 mia senhor, ca per nen un sén; 134 I logo, senhor, que vos vi; 139 (146, 153, 160) non mi-o leixou, senhor, fazer; 140 (147, 154, 161) nen mi-o leixa, senhor, fazer; 148 Senhor, e non foi pelo meu / grad’ u vos fui amar; 183 Pero mia senhor nulha ren / non mi á de fazer; 207 (213, 219) ca vi mia senhor d' aquend' ir; 222 a senhor do meu coraçon; 228 pola fremosa mia senhor; 242 poi-los eu levar / senhor, u vos non veerei; 254 e mal dia lhe-lo sofri, / senhor, que o fossen veer; 257 Pero que ora, senhor, an; 269 (275, 281, 287) que vos eu quero, mia senhor; 290 que vo-l’ eu non queira, senhor; 315 Esta senhor que ora filhei; 338 bon dia nacera, senhor; 362 que eu por vós, mia senhor, ei; 381 pois vos eu falar / non ous' ir, senhor, nen catar; 387 Os meus olhos, que viron mia senhor; 492 Outra senhor vos conven a buscar; 514 por Deus! mia madr' e mia senhor. // s. m. ‘Señor, dono’: 432 mais logu' el seja o senhor / e eu sua. // Referido a Deus vai sempre precedido do posesivo Nostro: 126 Nostro Senhor!, quen m' oj’ a mi desse; 364 se prouguer a Nostro Senhor; 511 -Ben o sabe Nostro Senhor. / (do lat. seniore).

 

senon conx. adversativa, ‘excepto, salvo’: 184 non mi á de fazer, senon mal; 360 que mi façades, senon mal. // conx. condicional, ‘se non’: 472 (478, 484) mandade-mi-o ir veer / senon irei sen mandado. / (de se + non).

 

servir v. t. ‘Estar ás ordes de, prestar servizo’: 506 a Sevilha el-rei servir. // Formas: Inf. servir. / (do lat. servire)

 

seu, sua pron. pos. ‘Del, dela’: 187 (193, 199) que o seu mui bon parecer; 320 (326, 332) e pero faz seu prazer i; 388 e o seu mui fremoso parecer; 433 logu’ el seja o senhor / e eu sua, que non seerei; 445 ca en seu poder seja eu. // De seu, ‘pola súa propia vontade e maneira de ser’: 330 mais ela ben assi de seu / assanha-s’ora contra min; / (do lat. suu, sua).

 

Sevilha topónimo ‘Sevilla’: 491 (497, 503) que vos queirades, amigo, partir / de Sevilha; 506 a Sevilha el-rei servir; 518 -A Sevilha se vai d' aqui.

 

si  pron. pers. tón. reflex. de 3ª pers.: 252 viron en mal dia per si; 394 E muito fezeran a si melhor. / (do lat. vulg. si, do lat. clás. sibi).

 

siquer adv. ‘Mesmo, aínda’: 328 ante m’ eu / queria ja siquer matar. / ( de se + quer).

 

sode-la vid. seer.

 

[soer] v. i. ‘Adoitar’: 122 Ja eu non amo a quen soia; 374 u vos eu soia veer. // Formas: Ind. Pret. 1 soia. / (do lat. solere).

 

sofrer v. t. ‘Sufrir, aturar’: 1 Quantas coitas, senhor, sofri; 34 e quisera ante sofrer / mort’ ũa vez ja; 57 quant' el poderia sofrer; 253 e mal dia lhe-lo sofri; 342 nen a gran coita que sofri; 353 Muito é o mal que mi sofrer / fazedes; 469 que non posso sofrer / que non veja meu amigo. // Formas: Inf. sofrer. Ind. Pret. 1 sofri. / (do lat.*sufferere, de sufferre).

 

soia vid. soer.

 

sol que loc. conx. condicional, ‘só que, con tal que’: 225 (231, 237) sol que a viss', e poi-la vi.

 

sono s. m. ‘Estado de somnolencia, ganas de durmir’: 65 E ja dormia tod’ o meu / sono, e ja non era fol; 393 sempre chorar e o sono perder. / (do lat. somnu).

 

soo adv. ‘Só, unicamente’: 309 Esto soo non é d' oir. // adx. ‘Só, sen compañía’: 422 como m' atende soo, / meu amigo, no monte. / (do lat. solu).

 

soubess', soub' vid. saber.                                                                                                          

 

sua pron. pos. de 3ª pers. f. sg. (vid. seu).

 

 

T

 

tal pron. indef. Na expresión bimembre tal...que, ten valor ponderativo, mentres que o que ten valor consecutivo. 292 tal sabor ei de a veer, / que non saberia dizer / camanh’é; 469 pois amor ei migo / tal que non posso sofrer. / (do lat. tale).

 

tan forma apocopada de tanto. Acompaña outros adxectivos intensificándoos: 37 a tan grave pesar veer. // Tan...que, en oracións consecutivas, tan introduce o primeiro membro e mantén este valor intensificador: 186 tan muito parec' ela ben / que o seu mui bon parecer / mi-a faz a força ben querer; 192 pois tan bon parecer á / que o seu mui bon parecer / mi-a faz a força ben querer; 198 tan bon parecer lhi foi dar / que o seu mui bon parecer / mi-a faz a força ben querer. / (vid. tanto).

 

tanto (tant') adv. ‘En tal grao, de tal maneira’: Forma parte do primeiro membro de estruturas comparativas, en fórmulas como tanto...come, tanto... como: 6 (13, 20) tanto me nembr' agora ja / come se nunca fosse rem; 90 (96, 102) non cuidara tant' a viver / como vevi; 298 al / que tanto deseje non á / como d’ir u a possa ja / veer. // De igual modo forma parte do primeiro membro de estruturas consecutivas, na fórmula tanto...que: 489 pois vos eu tanto non posso dizer / que vos queirades, amigo, partir; 495 nen vos posso tanto rogar / que vos queirades, amigo, partir; 501 pois m' eu tanto non poss'aficar i / que vos queirades, amigo, partir. // pron. indef. m. sg. ‘Tan grande, en tal cantidade’: 109 (115, 121) que mi faz tanto male. / Do mesmo xeito que o adv. forma parte do primeiro membro dunha estrutura comparativa ou consecutiva. Tanto... como:15 Pero quen tanto mal levou; 16 com' eu levei, e tant' afan;. Tanto...quanto: 56 nunca el queira mostrar / a nulh' ome tanto pesar / quant’el poderia sofrer. Tanto...que: 335 Pero tant' é o meu mal d' amor / e a mui gran coita que ei / por vós, que dizer non o sei / (do lat. tantu).

 

teer v. t. ‘Posuír, haber’: 379 Nen tenho i al, que seja sén; 459 -Ai, madre!, non tenho prol i. // ‘Considerar, pensar’: 128 ca tenh' eu que meor coita ouvesse; 277 Ben tenh' eu que m' estranhará / esto de vós. // Non teer en ren (cf s. v. ren). // Teer a mal sén, ‘considerar unha loucura, unha insensatez’: 265 Ora mi-o tenhan a mal sén. // Teer por seu (a alguén), ‘ter por vasalo’; en sentido figurado ‘ter por servidor, por namorado’: 493 ca nunca vos eu jamais por meu terrei. // Formas: Inf. teer. Ind. Pres. 1 tenho; Fut. 1 terrei. Pospret. 1 terria; Subx. Pres. 6 tenhan. / (do lat. tenere).

 

[temer] v. t. ‘Ter temor’: 59 Ora começa o meu mal / de que ja non temia ren. // Formas: Ind. Copret. 1 temia / (do lat. timere).

 

tenh', tenhan, tenho vid. teer.

 

terra s. f. ‘País, territorio’: 390 longi dela, nas terras u eu for; 392 a terra desta dona; 438 quando se da terra partiu. / (do lat. terra).

 

terrei, terria vid. teer.

 

todo (tod') pron. indef. ‘O conxunto, completo, enteiro’. Rexístrase tanto en función nuclear coma adxacente: 61 e todo se tornou en mal; 64 E ja dormia tod' o meu / sono; 191 e de tod' esto al xi mi faz; 339 (345, 351, 357) se apos tod' aqueste mal; 341 Tod' este mal quant' a mi ven. / (do lat. totu).

 

tolha, tolherá vid. tolher.

 

tolher v. t. ‘Impedir, privar de’: 46 e que nunca possa tolher / estes meus olhos de chorar; 347 Per' este mal mi tolherá / o sén; 426 e Deus mi tolha parecer. // Formas: Inf. tolher. Ind. Fut. 3 tolherá. Subx. Pres. 3 tolha. / (do lat. tollere).

 

[tornar-se] v. p. ‘Tornarse, virarse, converterse’: 61 e todo se tornou en mal. // Formas: Ind. Pret. 3 tornou. / (do lat. tornare).

 

trobar v. i. ‘Compoñer cantigas’: 266 ca non leixarei a trobar. // Formas: Inf. trobar. / do lat. *tropare? vid. T. García-Sabell, 1991: 334-339).

 

 

U

 

u adv. ‘Onde’: 242 senhor, u vos non veerei; 244 (250, 256, 262, 264) u vos eu non vir; 299 como d' ir u a possa ja / veer; 374 u vos eu soia veer; 390 longi dela, nas terras u eu for; 391 e catarán muito contra u jaz / a terra desta dona; 416 madr', irei u m' atende; 452 non vi o meu amigo / u el falasse comigo. // ‘Cando’ 27 eu non podera máis viver / u vos foron d' aqui filhar; 87 Que mui gran prazer oj’ eu vi / u me vos Deus mostrou, senhor. // Forma parte da frase u non jaz al (vid. s. v. jazer). / (do lat. ubi).

 

ũa art. indet. f. (vid. un).

 

un, ũa art. indet. ‘Un, unha’: 42 mais ũa ren posso creer; 283 E ben pod' ũa ren creer. // A forma do masculino rexístrase só na loc. adv. de tempo un pouco. 72 un pouco que mi a min leixou. // Ũa vez (vid. s. v. vez). / (do lat. unu, una).

 

 

 

V

 

vai vid. ir.

 

valer v. i. ‘Socorrer, axudar’: 29 e vos non puid' eu i valer; 177 E non mi val / Deus; 178 Deus, non mi val. // Valer máis, ‘ser preferible, ser mellor’: 300 non a veer máis val. // Emprégase na fórmula desiderativa se Deus vos valha (vid. s. v. Deus). // Formas: Inf. valer. Ind. Pres. 3 val. Subx. Pres. 3 valha. / (do lat. valere).

 

valha vid. valer.

 

vede-lo, vedes, vee-l' vid. veer.

 

veen vid. viir.

 

veer v. t. ‘Percibir polo sentido da vista, ollar, contemplar, mirar, decatarse’: 2 Quantas coitas, senhor, sofri / por vos veer; 10 desejando-vos a veer; 11 e, pois vos vejo, mia senhor; 23 veendo gran pesar / da ren que máis soubess’amar; 32 a coit'en que me vi andar; 34 pola forç’a que vos prender / vi; 37 a tan grave pesar veer; 86 Que mui gran prazer oj’ eu vi; 91 (97, 103) como vevi, sen vos veer; 93 Que muito que eu desejei / de vos veer e vos falar; 104 Quand' eu vejo las ondas; 100 pois el quis que vos visse ja; 110 Nunca vejo las ondas; 116 Se eu vejo las ondas; 117 e vejo las costeiras; 131 nunca me viron desacordado; 134 I logo, senhor, que vos vi; 135 vi eu que fazia mal sén; 162 Desque eu vi; 163 a que eu vi; 167 Fezme veer Deus; 168 per veer, quen me morrer / faz; 207(213, 219)  ca vi mia senhor d' aquend' ir; 208 (214, 220) e ora vejo-a viir; 221 Quand' eu non podia veer / a senhor do meu coraçon; 225 (231, 237) sol que a viss', e poi-la vi; 235 ca vede-lo que eu cuidei; 242 senhor, u vos non veerei; 244 (250, 256, 262, 264) u vos eu non vir; 245 Quisera-m’ eu que vissen al; 246 e non vissen vós estes meus / olhos; 252 O vosso mui bon parecer / viron en mal dia per si; 254 mal dia lhe-lo sofri, / senhor, que o fossen veer; 258 Pero que ora, senhor, an / en vos veer mui gran sabor; 260 pois, quando vos non veeran; 272 que non sode-la que eu vi; 273 que non visse, ca des ali / fui sandeu; 292 tal sabor ei de a veer; 296 (302, 308, 314) sempre cada que a vejo; 300 al / que tanto deseje non á / como d’ir u a possa ja / veer, non a veer máis val; 300 non a veer máis val; 303 Se a non vir non averei / nunca de min nen d’al sabor; 305 se a vir averei maior / coita; 311 que eu ja sempr’esta molher / non veja cada que poder; 316 Esta senhor que ora filhei, /grave dia, vedes que faz; 374 u vos eu soia veer; 387 Os meus olhos, que viron mia senhor; 395 e a min, se a non fossen veer; 425 e non me quis ante veer; 436 Que viss' eu que non dava ren / el por mi; 442 E veerá mui ben o meu / amigo; 451 que non vi o meu amigo; 470 que non veja meu amigo; 471 (477, 483) mandade-mi-o ir veer; 473 (479, 485) senon irei sen mandado / vee-l' e sen vosso grado; 504 -Madre, quer' oj’ eu ir veer / meu amigo; 507 ai, madre, ir-lo-ei veer; 510 (517, 524) ca non sei quando mi-o verei; 513 e veer-lo-ei se vos prouguer; 520 e i-lo-ei veer por én. // Formas: Inf. veer. Ind. Pres. 1 vejo, 5 vedes; Fut. 1 veerei, verei, 3 veerá, 6 veeran. Pret. 1 vi, 6 viron, viron. Subx. Pres. 1 veja. Fut. 1  vir; Pret. 1 visse, 6  vissen. / (do lat. videre).

 

veerdes, veesse vid. viir.

 

veja, vejo vid. veer.

 

velida adx. f. ‘Bela, fermosa’. Está substantivado: 107 al cor pola velida. / (dun *bellitus, do lat. bellu por influencia de mellitu; vid. Corominas-Pascual I: 561b-562).

 

verei vid. veer.

 

verra vid. viir.

 

vevi vid. viver.

 

vez s. f. ‘Ocasión’: 190 algũa vez mi praz; 444 a que lhi salra esta vez. // Ũa vez, ‘dunha vez, de vez’: 35 e quiser’ ante sofrer / mort' ũa vez ja, ca ficar / vivo. / (do lat. vicis).

 

vi vid. veer.

 

viir v. i. ‘Vir’: 106 (118) logo mi veen ondas; 112 que mi non venhan ondas; 172 Gran mal mi ven; 173 e non mi ven; 174 nen verra ben; 208 (214, 220) e ora vejo-a viir; 248 mais sei que mi verra én mal; 341 Tod' este mal quant' a mi ven; 370 e pois mi aqui ven este mal; 382 e pois m' este mal aqui ven; 412 pero me de vós veesse; 428  (434, 440, 446) se el ven e m' eu non vingar; 500 con meus desejos veerdes aca // Formas: Inf. viir. Ind. Pres. 3 ven, 6 veen; Fut. 3 verra. Subx. Pres. 3 venhan; Fut. 5 veerdes; Pret. 3 veesse. / (do lat. venire).

 

[vingar-se] v. p. ‘Tomar vinganza’: 428 (434, 440, 446) se el ven e m' eu non vingar. // Formas: Subx. Fut. 1 vingar. / (do lat. vindicare).

 

vir, viron, viss', visse, vissen vid. veer.

 

viver v. i. ‘Vivir’: 8 Pero que vivo na maior / coita; 9 na maior / coita que podia viver; 26 eu non podera máis viver; 90  (96, 102) non cuidara tant' a viver; 91 (97, 103) como vevi, sen vos veer; 385 ca non viverei máis des i; 476 e pois eu vivo coitada. // Formas. Inf. viver. Ind. Pres. vivo; Fut. 1 viverei; Pret. 1 vevi. / (do lat. vivere).

 

vivo adx. m. ‘Con vida’: 36 quisera ante sofrer / mort’ ũa vez ja ca ficar / vivo; 85 de que non sera sabedor / nulh' om', en quant' eu vivo for; 270 (276, 288) que vos eu quero, mia senhor, / e querrei, mentr' eu vivo for; 282 e querrei, mentr' eu vivo for. // (do lat. vivu).

 

vo-lo (vo-l') combinación do pron. pers. átono de 2ª pers. pl. co pron. pers. lo (vid. vos).

 

vos pron. pers. átono de 2ª pers. pl. Complemento directo: 2 por vos veer, e me quitei; 10 desejando-vos a veer; 11 e, pois vos vejo, mia senhor; 18 e, pois me vos Deus amostrou; 27 u vos foron d' aqui filhar; 33 pola forç'a que vos prender / vi; 87 u me vos Deus mostrou, senhor; 88 e ben vos faço sabedor; 91 (97, 103) como vevi, sen vos veer; 93 de vos veer e vos falar; 100 pois el quis que vos visse ja; 134 I logo, senhor, que vos vi; 136 d' ir osmar de vos querer ben; 149 u vos fui amar; 150 porque vos amei; 156 por vos eu mui de coraçon / amar; 242 senhor, u vos non veerei; 244  (250, 256; 262; 264) de chorar, u vos eu non vir; 258 en vos veer mui gran sabor; 260 pois, quando vos non veeran; 269 (275, 281, 287) que vos eu quero, mia senhor; 343 por vós, desque vos conhoci; 374 u vos eu soia veer; 418 Irei, se Deus vos valha; 493 ca nunca vos eu jamais por meu terrei. // Complemento indirecto: 5 (12, 19) dizer-vos quer' o que m' aven; 29 e vos non puid' eu i valer; 95 senhor, e máis vos én direi; 155 E non xe vos filhe pesar; 206 e direi-vos por que o ei; 212 e direi-vos eu por que non; 327 Ben vos digo que...; 380 pois vos eu falar / non ous’ ir; 398 que sempre vos fiz pesar; 403 Quen quer que vos d' end' al diga; 415 Se vos non pesar ende; 421 E filhe-xi-vos doo; 489 pois vos eu tanto non posso dizer; 492 Outra senhor vos conven a buscar; 495 nen vos posso tanto rogar; 513 e veer-lo-ei se vos prouguer; 521 madre, se vos prouguer d' ir i. // Con verbos que poden ser ou non pronominais, con ou sen cambio do significado léxico: 151 ca me vos partira end' eu; 490 (496, 502) que vos queirades, amigo, partir; 498 Nunca vos máis paredes ante min. // Desempeña unha función pragmática de reforzo da implicación do suxeito na acción verbal (reflexivo de interese): 456 -Non vos leixedes én por mi. // Combínase co pron. pers. de 3ª pers. lo, dando orixe á estrutura con interpolación vo-lo: 290 que uo-l' eu non queira, senhor; 402 (408, 414) nen vo-lo diria; 475 de vo-lo assi dizer. / (do lat. vos).

 

vós pron. pers. tón. de 2ª pers. pl. Suxeito: 458 se vós én sabor avedes; 499 se vós en algũa sazon d' ala / con meus desejos veerdes aca. // Complemento precedido de preposición: 3 me quitei / de vós, e vosco non morei; 28 a força de vós e levar; 89 pois que m' eu de vós parti; 278 m’estranhará / esto de vós, poi-lo disser; 337 e a mui gran coita que ei / por vós; 340 (346, 352, 358) eu atendesse de vós al; 343 nen a gran coita que sofri / por vós, desque vos conhoci; 359 ca de vós non atend' eu al; 362 Aqueste mui gran mal d’amor / que eu por vós, mia senhor, ei; 368 Nen un conselho én me sal / contra vós, nen Deus non mi-o dá; 400 amigar / quisessedes vós comigo; 401 (407, 413) a vós eu nunca faria / pesar; 412 pero me de vós veesse. // Complemento directo, sen prep.: 49 que sempr’ aj’ a desejar / vós e o vosso parecer; 246 e non vissen vós estes meus / olhos; 271 Vós quant' eu poder negarei; 410 Se eu por amig’ ouvesse / vós, a que eu por meu mal / fiz pesar. // Segundo termo da comparación: 143 atal molher / come vós non m' era mester. / (do lat. vos).

 

vosco (vosc’) ‘Convosco’: 3 e vosco non morei; 508 (515, 522) -Filha, ide; eu vosc’ irei. / (do lat. vulg. voscum, de vobiscum).

 

vosso pron. pos. m. 2ª pers. pl. ‘Da persoa a quen se fala’: Só se rexistra en función adxacente. 49 vós e o vosso parecer; 138 (145, 152, 159) mai-lo vosso bon parecer; 251 O vosso mui bon parecer; 473 (479, 485) vee-l' e sen vosso grado. / (lat vulg. *vossu, do clás. vestru).

 

 

X

 

xe (xi) pron. pers. átono de 3ª pers. reflex. ‘Se’: Con valor reflexivo. 191 e de tod' esto al xi mi faz. // Desempeña unha función pragmática de reforzo da implicación do suxeito na acción verbal (reflexivo de interese). 155 E non xe vos filhe pesar; 421 E filhe-xi-vos doo. / (da combinación do pron. se cos pron. o(s) ou a(s): se+o>sjo>xo, de onde sae xe).

 

xi vid. xe.

 

 

 



*Os números que acompañan os exemplos remiten para o verso en que se atopa o vocábulo da entrada, considerando a obra no seu conxunto. Os números entre paréntese fan referencia a versos onde se repite o mesmo contexto, o que ocorre loxicamente nos versos de refrán, pero tamén nalgúns casos de versos pertencentes á fiinda ou de versos entre os que se dá paralelismo literal.

As diferentes formas conxugadas dos verbos inclúense na entrada do correspondente infinitivo. De tódolos xeitos, naqueles casos en que o cambio do radical, a grafía empregada ou a asimilación do -r ou -s final ó l da segunda forma do pronome ou do artigo, poida dificulta-la identificación do termo, este leva entrada á parte, remitindo para o infinitivo.

As abreviaturas son as habituais: adv. (adverbio, adverbial), adx. (adxectivo), antepret. (antepretérito), antrop. (antropónimo), art. (artigo), compl. (complemento), conx. (conxunción, conxuntivo), copret. (copretérito), dem. (demostrativo), dir. (directo), f. (feminino), fut. (futuro), i. (intransitivo), ind. (indicativo), indef. (indefinido), indir. (indirecto), inf. (infinitivo), lat. (latín), loc. (locución), m. (masculino), pers. (persoal), pos. (posesivo), prep. (preposición, preposicional), pres. (presente), pret. (pretérito), pron. (pronome), prov. (provenzal), rel. (relativo), s. (substantivo), sg. (singular), subx. (subxuntivo), reflex. (reflexivo), sux. (suxeito), tón. (tónico), top. (topónimo), v. (verbo), xerm. (xermánico).

 

   Servizo de publicacións da Universidade de Vigo - 2010 Xosé Bieito Arias Freixedo