Cantigas: | I | II | III | IV | V | VI | VII | VIII | IX | X | XI | XII | XIII | XIV | XV | XVI | XVII | XVIII | XIX | XX | XXI | XXII | XXIII | XXIV | XXV |
1. PAXECO-MACHADO len en B ey migo. A lección de B, uírgo, débese probabelmente a unha interpretación errónea das grafías do exemplar por parte do copista.
5. BRAGA seu , segundo a lectura de Monaci dos vv. 11 e 17, xa que os dous primeiros versos do refrán da primeira estrofa faltan en V e polo tanto na lectura diplomática do italiano.
Pensamos, de acordo coa interpretación de Nunes (Amigo, III: 241), que as expresións sen mandado do v. 5 e sen vosso grado do v. 6 constitúen unha única construción predicativa dependente do verbo irei...veer, dividida por razóns estilísticas en dúas partes, aínda que unidas pola conxunción copulativa e, que no seu encontro co enclítico lo, provoca a elisión do o do pronome (cf. Cunha, 1961: 34-35 e 38).
6. MONACI en nota (p. 435) pregúntase se haberá que ler vee-lo? BRAGA vêel-o sem, facéndose eco da nota do editor italiano. PAXECO-MACHADO len Ve o le (ídem nos vv. 12 e 18). Aínda que neste caso non o fan, nos vv. 11 e 17 puntúan con punto final, tratando de buscarlle un sentido independente, moi forzado, ao terceiro verso do refrán, cinxíndose á lectura diplomática: o sentido que pode adiviñarse da segmentación que fan é “Véxoo”. Limitándonos á lectura dos manuscritos: ueole sen, é posíbel tamén a lectura vee-lo, sen vosso grado, ou, tal como le COHEN: vee-lo sen.
Servizo de publicacións da Universidade de Vigo - 2010 | Xosé Bieito Arias Freixedo |