Cantigas: I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII XIII XIV XV XVI XVII XVIII XIX XX XXI XXII XXIII XXIV XXV

Cantiga: XXII      - Ai, madre, que mui[to err]ei!,

localización nos manuscritos.

 

MANUSCRITOS: B 929 (fol. 199v. a/b), V 517 (fol. 82r. b e fol. 82v. a).

Cantiga numerada por Colocci co nº 929 no cancioneiro B; o número aparece inscrito, case na súa totalidade, dentro dunha liña ovalada irregular. O humanista italiano separa coa habitual marca os versos do refrán, pero non indica a presenza  deste en apostila previa.

En V, ao final do v. 12, remata a columna cunha liña vertical ondulada que o copista utiliza frecuentemente, aínda que non de xeito sistemático, para indicar final de columna.

 

   Servizo de publicacións da Universidade de Vigo - 2010 Xosé Bieito Arias Freixedo