Cantigas: I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII XIII XIV XV XVI XVII XVIII XIX XX XXI XXII XXIII XXIV XXV

Cantiga: VII      - I logo, senhor, que vos vi

Métrica.

 

Cantiga de amor de refrán. Está composta por catro estrofas singulares constituídas por un corpo de catro versos octosílabos agudos dispostos en rima cruzada, máis un refrán de tres octosílabos tamén masculinos con rima propia e única para os tres versos.

Coblas capfinidas : I-II eu; III-IV vos.

Coblas capfinidas ao refrán: II-III senhor.

Coblas capdenals : 1 I, 3 III i.

Palabra volta: 6, 7 senhor, fazer.

Hai correspondencia paralelística entre os cuartos versos de todas as estrofas, literal en I-III.

Esquema métrico:

8a 8b 8b 8a 8C 8C 8C
I i εn er
II ir εr
III eu ei
IV ar on

 

Só tres cantigas utilizan esta combinación de rimas, pero en todas elas o esquema estrófico é diferente, xa que unha delas, de Afonso X, carece de refrán e noutra atribuída a Johan Fernandez Ardeleiro os versos son heptasílabos e o refrán consta só de dous versos (cf. Tavani, RM, esquema 164: 2)

Esta distribución de rimas é empregada tamén en catro ocasións polos provenzais, aínda que con outro metro e sempre en composicións de mestría e unissonans. Tres destes textos son de Cerverí de Girona (cf. Frank, RM,esquema 563).

 

   Servizo de publicacións da Universidade de Vigo - 2010 Xosé Bieito Arias Freixedo