Cantigas: | I | II | III | IV | V | VI | VII | VIII | IX | X | XI | XII | XIII | XIV | XV | XVI | XVII | XVIII | XIX | XX | XXI | XXII | XXIII | XXIV | XXV |
I. Non debo agora apreciar nada a miña beleza, nin o meu ben falar, nin o meu bo siso, nin nada que eu poida ter bo, pois non son quen de convencervos, amigo, de que vos queirades partir de Sevilla, (a onde fostes servir ao rei).
II. Convenvos buscar outra señora porque eu nunca máis vos terei por meu, porque ides facer máis polo rei ca por min, nin vos podo rogar tanto, amigo, que faga que vos queirades partir de Sevilla, (a onde fostes servir ao rei).
III. Nunca máis vos presentedes ante min se é que nalgunha ocasión de alá, desexándome, viñerdes acá, xa que por moito que eu insista niso, non podo facer que vos queirades, amigo, partir de Sevilla, (a onde fostes servir ao rei).
Servizo de publicacións da Universidade de Vigo - 2010 | Xosé Bieito Arias Freixedo |