Cantigas: I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII XIII XIV XV XVI XVII XVIII XIX XX XXI XXII XXIII XXIV XXV

Cantiga: XVI      - Pero tant' é o meu mal d' amor

Métrica.

 

Cantiga de amor do tipo de refrán constituída por catro estrofas singulares de catro versos octosílabos agudos de rimas cruzadas, máis un refrán de dous versos tamén octosílabos e agudos con rima propia, pareada, e unha fiinda como remate constituída por dous versos do mesmo metro e natureza que retoman invertidos os rimantes do refrán, e xa que logo, a rima deste.

Coblas capdenals: 1 I pero, III per’; 3 I, II por vós.

Coblas capfinidas ao refrán: IV-f (a fiinda retoma practicamente todos os constituíntes do verso segundo do refrán, aínda que varía a orde).

Coblas capcaudadas ao refrán: IV-f.

Rima derivada: 2 I ei - 4 IV aver; 2 II sofri - 1 IV sofrer.

Palabra volta: 5-2 f mal; 6-1 f al.

 

Esquema métrico:

8a 8b 8b 8a 8C 8C
I or ei al
II εn i
III a ir
IV er ar
 
Fiinda 8c 8c
al

 

(cf. Tavani, RM, esquema 160:380).

 

A. Víñez (1989) rexistra no seu rimario un só caso en que o verbo ascoitar funciona como rimante

Só dous autores máis utilizan o termo ascoitar como rimante, pero xa no código da canción de muller. Johan Airas utilízao na pastorela B 967, V 554 e na cantiga V 596, e Airas Nunez úsao, curiosamente tamén nunha pastorela, en B 868, 869 e 870, V 454.

O noso autor empregará este termo ademais de nesta cantiga, nunha cantiga de amigo (cf. cantiga XXI, v. 25).

 

   Servizo de publicacións da Universidade de Vigo - 2010 Xosé Bieito Arias Freixedo