Cantigas: I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII XIII XIV XV XVI XVII XVIII XIX XX XXI XXII XXIII XXIV XXV

Cantiga: IX      - Pero mia senhor nulha ren

Versión interpretativa.

 

I. Aínda que nada me ha de facer a miña señora, senón mal, nin eu espero outra cousa dela, é tal a súa fermosura que me fai querela á forza.

II. Algunha vez gústame intentar non querela nunca máis, pero o resultado deses intentos é moi distinto ao desexado, pois é tal a súa fermosura que me fai querela á forza.

III. Amar por sempre esta dona é algo que eu non podo deixar de facer, pois Deus, que me quixo destruír, deulle unha fermosura tal que me fai querela á forza

IV. e fai que non teña poder para deixar de querela.

 

   Servizo de publicacións da Universidade de Vigo - 2010 Xosé Bieito Arias Freixedo