Cantigas: | I | II | III | IV | V | VI | VII | VIII | IX | X | XI | XII | XIII | XIV | XV | XVI | XVII | XVIII | XIX | XX | XXI | XXII | XXIII | XXIV | XXV |
I. No intre mesmo en que vos vin, señora, decateime de que facía unha loucura ao pretender amarvos, e desistiría en seguida da miña intención, pero a vosa fermosura non mo deixou, señora, facer, nin mo deixa, señora, facer.
II. Entendo perfectamente que ir tentar namorar tal muller coma vós non era cousa para min, e eu quixera quitarme de facelo, pero a vosa fermosura non mo deixou, señora, facer, nin mo deixa, señora, facer.
III. Señora, non foi por vontade miña que vos fun amar, nin teño culpa por amarvos, pois eu quitaríame de facelo, pero a vosa fermosura non mo deixou, señora, facer, nin mo deixa, señora, facer.
IV. Non teñades pesar porque eu vos ame tan de corazón, porque Deus non me perdoe se eu non quixera deixar de facelo, pero a vosa fermosura non mo deixou, señora, facer, nin mo deixa, señora, facer.
Servizo de publicacións da Universidade de Vigo - 2010 | Xosé Bieito Arias Freixedo |