Cantigas: I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII XIII XIV XV XVI XVII XVIII XIX XX XXI XXII XXIII XXIV XXV

Cantiga: X      - De gran coita faz gran lezer

Xustificación da edición.

 

2. MONACI quanteu eu tende, indicando en nota (p. 435) que debe ser lido entend'e . Escollemos a lectura de V entend'e, sobre a de B entendo e, porque sendo as dúas posíbeis, a lectura de V rexistra a tendencia habitual á elisión da vogal prepositiva neste tipo de encontros vocálicos (cf. Cunha, 1961: 33-36).

Polo que respecta ao significado, é posíbel que neste contexto o verbo entender teña o valor de oír, xa que alude a unha sentenza  de tipo proverbial (vid. infra as notas ao comentario). O verbo aparece rexistrado con este significado por R. Lorenzo e W. Mettmann nos glosarios das respectivas edicións.

4. NUNES por que o [s]ey. Optamos por respectar a lectura coincidente dos manuscritos porque, en principio, ofrece unha interpretación coherente, se se considera o deíctico o como anafórico de lezer e de prazer. Estariamos logo ante a expresión aver prazer, antónima das frecuentísimas aver coita e aver pesar. Aínda que moitísimo menos frecuente ca estas últimas, a expresión aver prazer rexístrase en máis ocasións (cf. por ex. MICHAËLIS, Glossário, ou METTMANN, CSM, Glosario, s.v. prazer). En que o hai hiato (cf. Cunha, 1961: 58-74 e 135-165).

5. O posesivo mia é monosílabo. BRAGA d'aquem d'ir  modernizando o adverbio aquende e escurecendo o claro sentido do verso. Loxicamente, repite a lectura nos vv. 11 e 17. PAXECO-MACHADO  d aquendo uír baseándose só en B, o que non ten sentido.

6. NUNES le Ca ey  o comezo do refrán que aparece repetido en B entre esta liña e a seguinte.

7. BRAGA per nos dous casos. PAXECO-MACHADO nem.

8. O que, neste caso relativo, mantén a súa independencia silábica (cf. Cunha, 1961: 58-74 e 135-165).

13. BRAGA esforçarey, seguindo a lectura diplomática de Monaci de V, manuscrito en que falta o signo de abreviatura. Interpreta a palabra, polo tanto, como futuro do verbo esforçar, cando en realidade se trata dun encontro entre o substantivo esforço e o futuro do verbo aver, resolto como é habitual nestes casos coa elisión da vogal prepositiva (cf. Cunha, 1961: 33-36).

14-15-16. BRAGA contra pesar se o ouver,/ de o perder nom o quererey/ aver oy mays, se deus quiser;

En realidade, a última estrofa íntegra presenta problemas de interpretación e de puntuación. En efecto, é posíbel outra lectura, coincidente no sentido coa de Braga: E sempr'eu esforç'averei/ contra pesar, se o ouver;/ de o perder non o querrei/ aver oi mais, se Deus quiser... É errada, porén, a lectura de Nunes, que altera a dos manuscritos no v. 16, engadindo un v en deo: dev'o e cambiando o nono dos dous apógrafos por nen o. Tampouco cremos axeitada a súa puntuación: E sempr'eu esforç'averey/ contra pesar; se o ouver,/ dev'o perder, nen o querrey/ aver oy mays,...  Noutra orde de cousas, tanto a conxunción condicional (cf. Cunha, 1961: 77-86 e 170) coma o pronome (cf. Cunha, 1961: 37), manteñen a súa individualidade silábica.

 

   Servizo de publicacións da Universidade de Vigo - 2010 Xosé Bieito Arias Freixedo