Cantigas: I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII XIII XIV XV XVI XVII XVIII XIX XX XXI XXII XXIII XXIV XXV

Cantiga: X      - De gran coita faz gran lezer

Versión interpretativa.

 

I. Deus é quen de facer dunha gran coita un gran gozo, polo que eu entendo e sei, e dun gran pesar un gran pracer, e direivos por que eu o teño (/penso): porque vin a miña señora irse de aquí, e agora véxoa vir.

II. Xa non me queixarei por ningunha coita ou pesar que teña no meu corazón, e direivos eu por que non o farei: porque vin a miña señora irse de aquí e agora véxoa vir.

III. De ter algún pesar, esforzareime sempre por perdelo; non o quererei ter de hoxe en diante, se Deus quixer, porque vin a miña señora irse de aquí e agora véxoa vir.

 

   Servizo de publicacións da Universidade de Vigo - 2010 Xosé Bieito Arias Freixedo