Cantigas: | I | II | III | IV | V | VI | VII | VIII | IX | X | XI | XII | XIII | XIV | XV | XVI | XVII | XVIII | XIX | XX | XXI | XXII | XXIII | XXIV | XXV |
I. Esta señora que agora tomei por namorada -en mal día o fixen- mirade o que fai, porque lle causa agravio ou non lle prace esta relación que con ela iniciei: asáñase agora contra min, e por iso [1] , sente pracer.
II. Ben sabe que eu non merezo tal saña, senón por amala moito, e aínda que non ten motivo para facelo, asáñase agora contra min, e por iso, sente pracer.
III. Ben vos digo que prefería matarme antes de lle causar ningún pesar, pero ela, porque lle dá por aí, asáñase agora contra min,e por iso, sente pracer.
Fiinda. E xa que o quere facer así, eu non sei o que pode ser de min.
[1] Empregamos o nexo por iso para poder manter a ambigüidade de interpretación entre un valor concesivo e un valor conclusivo de e pero.
Servizo de publicacións da Universidade de Vigo - 2010 | Xosé Bieito Arias Freixedo |