Cantigas: I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII XIII XIV XV XVI XVII XVIII XIX XX XXI XXII XXIII XXIV XXV

Cantiga: I      - Quantas coitas, senhor, sofri

Texto crítico [1] .

 

I
Quantas coitas, senhor, sofri
por vos veer, e me quitei
de vós, e vosco non morei!
E, pois me Deus aduss' aqui,
5dizer-vos quer' o que m' aven:5
tanto me nembr' agora ja
come se nunca fosse ren.
  
Pero que vivo na maior
coita que podia viver,
10desejando-vos a veer10
e, pois vos vejo, mia senhor,
dizer-vos quer' o que m' aven:
tanto me nembr' ago[ra] ja
come se nunca fosse ren.
  
15Pero quen tanto mal levou,15
com' eu levei, e tant' afan,
a nembrar-lh' avia de pran,
e, pois me vos Deus amostrou,
dizer-vos quer' o que mi aven:
20[tanto me nembr' agora ja20
come se nunca fosse ren].

Variantes.

 

13 ago[ra] ja ] agoya B, agoia V


[1]  Para a presente edición seguimos as Normas de edición para a poesía trobadoresca galego-portuguesa (http://www.udc.es/publicaciones/documentos/biblioteca/NormaEdicionPoesiaTF.pdf). Isto supón unha modificación importante con respecto á versión ofrecida en 1998 na nosa tese de doutoramento, dirixida polo profesor Ramón Lorenzo, que é a base da que partimos para este traballo.

 
   Servizo de publicacións da Universidade de Vigo - 2010 Xosé Bieito Arias Freixedo