Cantigas: I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII XIII XIV XV XVI XVII XVIII XIX XX XXI XXII XXIII XXIV XXV

Cantiga: XII      - Que doo que agora ei

Xustificación da edición.

 

7. BRAGA Quiçá m'en , interpretando como ç a abreviatura de ser da lectura diplomática de Monaci (ſ/  ).

8. PAXECO-MACHADO uiss eu; MONACI mo9, advertindo en nota (p. 435) que debe lerse meos olhos.

10. BRAGA mays sey que mi verram em mal, afastándose da lectura diplomática de Monaci e dándolle ao verso probabelmente o sentido de 'mais sei que acabarán (os meus olhos) mal parados'; a non ser que interprete erroneamente a forma verram como futuro de veer. Esta última hipótese, que en principio parecería improbábel, cobra peso ao comprobar que no v. 22, o editor portugués si interpreta a lectura diplomática de Monaci uerrã, de V, como futuro de veer.

13. PAXECO-MACHADO uoss muj , suprimen o o final do posesivo, que no manuscrito se le claramente.

14. BRAGA, NUNES, PAXECO-MACHADO por.

16. BRAGA que fossem , seguindo a lectura diplomática de Monaci de V, co que o verso resulta hipométrico. En B si se rexistra o pronome, aínda que na súa forma feminina a, o que nos permite restituílo na forma masculina, como fai Nunes, en concordancia co seu antecedente, o parecer  da senhor, dado que sería insólito na tradición trobadoresca que o poeta mostrase o seu respecto pola dama dirixíndose a ela en terceira persoa, sobre todo cando acaba de facelo, no v. 13, en segunda persoa do plural, a fórmula habitual do tratamento cortés.

22. MONACI uerrã. Aínda que podería interpretarse así, a lección correcta do cancioneiro V pensamos que é a que nós damos. BRAGA verram , seguindo a lectura do italiano de V, polo que o verso é hipométrico. Esta lectura explica a errónea corrección realizada por Braga no v.10 (cf. nota ao v. 10). NUNES tamén le uerrã  en V, e remite ás súas Cantigas d’amigo I, 389, onde trata os valores do futuro de indicativo.

25. BRAGA Nem vos partindo da lectura diplomática de Monaci, sobre V, pero sen ter en conta a nota do editor italiano na p. 435, onde indica que a interpretación correcta de Neu9 debe ser Nen os.

 

   Servizo de publicacións da Universidade de Vigo - 2010 Xosé Bieito Arias Freixedo