Cantigas: | I | II | III | IV | V | VI | VII | VIII | IX | X | XI | XII | XIII | XIV | XV | XVI | XVII | XVIII | XIX | XX | XXI | XXII | XXIII | XXIV | XXV |
I. Foise de aquí o meu amigo e non quixo verme antes; mais que Deus me prive de toda a miña beleza e de todo outro ben que haxa en min, se el vén e eu non me vingo cando queira falar comigo.
II. Coida el que o hei querer máis por isto que me fixo; mais sexa el o señor e eu súa (que o non serei), se el vén e eu non me vingo cando queira falar comigo.
III. Para que vise eu que el non daba nada por min, non se despediu de min cando marchou da terra; mais quéiralle eu ben axiña, se el vén e eu non me vingo cando queira falar comigo.
IV. E verá o meu amigo en que acabará esta vez canto agora fixo; pois así sexa eu no seu poder, se el vén e eu non me vingo cando queira falar comigo,
Fiinda. pois non lle hei querer escoitar ningunha cousa do que me pida.
Servizo de publicacións da Universidade de Vigo - 2010 | Xosé Bieito Arias Freixedo |