Cantigas: I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII XIII XIV XV XVI XVII XVIII XIX XX XXI XXII XXIII XXIV XXV

Cantiga: XII      - Que doo que agora ei

Versión interpretativa.

 

I. ¡Que gran dó teño, señora, dos meus ollos, por canto han chorar cando os leve a onde non vos verei, pois non hei impedir que choren, cando eu non vos vexa.

II. Quixera que os meus ollos visen outra cousa e non a vós, pero Deus non o quixo así, e sei que por iso me virá mal, pois nunca hei impedir que choren, cando eu non vos vexa.

III. O voso fermoso rostro viron en mal día, e mal día lles tolerei, señora, que o fosen ver, porque nunca hei impedir que choren, cando eu non vos vexa.

IV. Aínda que agora, señora, gozan dun gran pracer véndovos, o pesar será maior despois, cando non vos vexan, pois nunca hei impedir que choren, cando eu non vos vexa;

Fiinda.  nin lles poderei impedir que choren, cando eu non vos vexa.

 

   Servizo de publicacións da Universidade de Vigo - 2010 Xosé Bieito Arias Freixedo