Cantigas: | I | II | III | IV | V | VI | VII | VIII | IX | X | XI | XII | XIII | XIV | XV | XVI | XVII | XVIII | XIX | XX | XXI | XXII | XXIII | XXIV | XXV |
5. PAXECO-MACHADO non me ter en falha. A lectura que primeiro salta á vista é esta dos editores portugueses, pero o verbo rexistrado na época é tẽer non ter. A pesar de que se rexistran locucións co verbo tẽer, como tẽer en caro, tẽer en desden, non tẽer en ren, nestas o verbo adquire o significado global de “considerar”, que non lle acae moi ben no noso contexto. Ademais non se rexistra noutras ocasións a expresión tẽer en falha. A expresión meter en falha (a alguén), é empregada unicamente nesta ocasión, polo que nós sabemos, en todo o corpus dos cancioneiros. J. J. Nunes (C. arc., p. 429), e T. García-Sabell (1991, s. v. falha), definen a expresión neste mesmo contexto como “faltar, enganar”. Precisando un pouco máis, pensamos que meter en falha ten o significado de “facer [unha persoa] que [outra] sinta, sufra, a súa falta” (por exemplo, non acudindo a unha cita acordada), e considerámola paralela a outras expresións como meter en coita [1] , ou meter en erro [2] (a alguén).
7. PAXECO-MACHADO ffilh er uos doo , tratan unha vez máis de buscarlle sentido ao verso baseándose exclusivamente en B, e unha vez máis non o conseguen. ÁLVAREZ BLÁZQUEZ (1975: 82) acentúa filléxivos , lectura á que non lle atopamos sentido.
[1] Empregada por Vasco Fernandez Praga de Sandin: que vos mi-avedes metud'en atal/ coita por vos, que, co significado de “facer caer en coita, facer sufrir coita” (B. 84; Michaëlis, CA, 368, vv. 8-9, por onde cito); D’Heur, 1975: 474 e 477 non a inclúe entre as locucións equivalentes a coitar, aínda que si na súa variante reflexiva meter-se en coita, co valor de atormentarse.
[2] Rexistrada por Mettmann no Glosario da súa edición das Cantigas de Santa Maria, s. v. meter, co significado de “facer caer en erro”.
Servizo de publicacións da Universidade de Vigo - 2010 | Xosé Bieito Arias Freixedo |