Cantigas: | I | II | III | IV | V | VI | VII | VIII | IX | X | XI | XII | XIII | XIV | XV | XVI | XVII | XVIII | XIX | XX | XXI | XXII | XXIII | XXIV | XXV |
MANUSCRITOS: B 930 (fol. 199v. b) , V 518 (fol. 82v. a).
A cantiga está numerada en B co nº 930 por Colocci, colocado sobre a parte media do primeiro verso. Á altura deste primeiro verso, na marxe dereita, unha cruz (+), debida moi probabelmente tamén a Colocci [1] , indica que a cantiga está incompleta. Sobre esta marca, a consabida apostila tornel indica que se trata dunha cantiga de refrán. Na primeira estrofa, do primeiro verso do refrán só se conserva a primeira sílaba e falta íntegro o segundo verso, mentres que o terceiro está completo. Colocci separa o refrán coa habitual marca en forma de ángulo, aínda que só o fai na segunda e terceira estrofas, e ademais coloca a marca de separación erroneamente á esquerda do segundo verso do refrán.
En V o copista deixa catro ringleiras en branco, destinadas aos dous primeiros versos do refrán, que faltan íntegros, e a continuación o terceiro verso está completo.
[1] Sobre a autoría e valor do signo +, cf. o noso comentario e notas a esta sección da cantiga XII.
Servizo de publicacións da Universidade de Vigo - 2010 | Xosé Bieito Arias Freixedo |