Cantigas: I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII XIII XIV XV XVI XVII XVIII XIX XX XXI XXII XXIII XXIV XXV

Cantiga: XXIV      - Ora non dev' eu preçar parecer

Xustificación da edición.

 

1.      BRAGA dev'empregar . Lectura fantasiosa debida quizais á lectura c en vez de ç en V, mediante a lectura diplomática de Monaci.

5. NUN que non. COHEN segue esta corrección hipotética de Nunes sobre a lectura u9 dos manuscritos B e V, argüíndo que hai dous caso máis en que se confunde u9 con non. En efecto, se se considera que a estrofa remata no v. 5, a corrección sería necesaria para evitar a incongruencia semántica, pois iría contra a tópica do xénero que a moza se laiase por non ser quen de convencer o amigo para partir. Trocando vos por non cadraría todo o sentido coa lóxica predominante no xénero. Mais se a estrofa continuase un verso máis, como propoñemos, (vid. nota ao v. 6) xa non habería tal incongruencia.

6. BRAGA, aínda que puntúa con punto final o verso anterior, deixa unha liña de puntos para reflectir a carencia do manuscrito V recollida na lectura diplomática de Monaci por medio de catro liñas en branco. NUNES pola súa parte, a pesar de que recolle na sección de variantes (Amigo, III, p. 511) o inicio do v. 6 que aparece incompleto en B, non o toma en consideración e considera o refrán formado unicamente por un só verso: que vos queirades, amigo, partir. PAXECO-MACHADO len De seuy correctamente, pero non lle atopan significado. Propoñen seuy = seur? segur? seruir? ceur? senhor? Finalmente na edición completan o verso dunha maneira que cremos moi desacertada: Des eu y [tanto rog al:] (ídem nos vv. 11 e 17.) TAVANI (RM: 149) tampouco toma en consideración este fragmento, polo que considera o refrán monóstico.

COHEN interpreta este fragmento como a parte inicial do primeiro verso dunha hipotética segunda estrofa, polo que tamén considera o refrán monóstico.

B recolle a secuencia: de seuy, que case con seguridade é o comezo do segundo verso incompleto do refrán; téñase en conta que os dous apógrafos italianos reflicten unha lagoa do exemplar, deixando ambos varias liñas en branco, e que Colocci sinalou a cantiga coa cruz (+) que usa habitualmente para facer notar este tipo de lagoas. Pondo o pequeno fragmento en relación coa cantiga seguinte onde aparecen as secuencias: meu amigo, que se quer ir/a Sevilha el-rei servir... e A Sevilha se vai d' aqui / meu amigo, por fazer ben, e cos versos 9 e 10 desta mesma cantiga: pois ides máis ca por mí por el-rei / fazer, afirmámonos na idea de que se trata dunha alusión á conquista da cidade andaluza por parte do rei Fernando III, na cal tomaría parte o amigo que a moza, celosa do propio monarca, pretende facer volver. Ou ben ao servizo do amigo ao rei na corte, establecida na cidade andaluza con posterioridade á súa conquista. Partindo desta premisa e a título meramente conxectural, o segundo verso do refrán podería reconstruírse máis ou menos do seguinte xeito: de Sevi<lha, u el-rei fostes servir>, ou destoutro: de Seui<lha, u el-rei ides servir>. (Véxase o comentario literario, onde se explica a interpretación deste segundo verso do refrán).

Un seguimento máis pormenorizado do contraste entre estas dúas opcións pode verse na revista Locus Criticus, no seguinte enderezo: http://webs.uvigo.es/locuscriticus/?p=295

8. Para evitar a hipermetría é preciso prescindir dunha sílaba; a cuestión é decidir se se elimina o pronome persoal eu e lemos: nunca vos ja mais por meu, ou se suprimimos a partícula adverbial ja da locución ja mais e lemos: nunca vos eu máis por meu, ou se eliminamos máis e lemos: nunca vos eu ja por meu. Considerando válidas as tres opcións, inclinámonos por esta última polo feito de que atopamos outro caso da locución nunca ja na obra do noso autor, concretamente no v. 7 da cantiga IX: de punhar de lhi nunc’ a ja/ querer. A loc. nunca ja rexístrase en máis ocasións, tamén con elementos gramaticais inseridos entre os seus constituíntes (cf. Cohen, 2003: 332).

10. A opción para a restauración é obvia neste caso.

13. NUNES mi , aínda que le ĩ con til de nasalidade nos dous manuscritos; para non rimar ĩ con i (cf. Cunha, 1961: 173-200).

14. NUNES se vos, en algũa. O pronome vos pode interpretarse tanto como tónico coma como átono, sen que varíe o significado do verso.

16-17. BRAGA nom poss' assy / ficar, que , lectura incorrecta condicionada pola necesidade de rimar en -i o v. 16, que torna hipométrico este verso e hipermétrico o seguinte. O verso 16 garda un paralelismo semántico cos versos correspondentes das dúas primeiras cobras: a moza non pode aficar i, isto é 'insistir nese tema, apremiar' o amigo para que regrese de Sevilla. (Para o significado do verbo aficar véxase por exemplo, Mettmann: CSM, Glossário, s.v. aficar ou R. Lorenzo, Glosario, s.v.).

   Servizo de publicacións da Universidade de Vigo - 2010 Xosé Bieito Arias Freixedo