Cantigas: | I | II | III | IV | V | VI | VII | VIII | IX | X | XI | XII | XIII | XIV | XV | XVI | XVII | XVIII | XIX | XX | XXI | XXII | XXIII | XXIV | XXV |
I. Aínda que é tanto o meu mal de amor e a moi gran coita que sufro por vós, que non o sei dicir, en bo día nacera, señora, se despois de todo este mal eu agardase de vós outra cousa.
II. A todo este mal que me vén, e á gran coita que sufrín por vós desde que vos coñecín, non lles daría ningunha importancia se despois de todo este mal eu agardase de vós outra cousa.
III. Aínda que este mal me fará perder a razón, e non penso que poida salvarme del se non se me vai e me deixa, sufriríao con gusto se despois de todo este mal eu agardase de vós outra cousa.
IV. Moito é o mal que me facedes sufrir porque non queredes falar comigo nin escoitarme, pero aínda querería sufrir máis mal, se despois de todo este mal eu agardase de vós outra cousa;
Fiinda. porque de vós non agardo eu que me fagades outra cousa, senón mal.
Servizo de publicacións da Universidade de Vigo - 2010 | Xosé Bieito Arias Freixedo |