Cantigas: I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII XIII XIV XV XVI XVII XVIII XIX XX XXI XXII XXIII XXIV XXV

Cantiga: VIII      - Desque eu vi

localización nos manuscritos.

 

MANUSCRITOS: B 905 (fol. 194v. b e 195r. a), V 491 (fol. 78v. a).

Esta cantiga leva o nº 905 da numeración de Colocci, quen sobre o v. 1 anota a apostila unisono tornel, que indica por unha parte que cada estrofa ten rima única e por outra que se trata dunha cantiga de refrán. Noutra nota situada na marxe inferior do folio, baixo a columna b, o douto prelado renacentista cualifica a cantiga como descor, considerando a distinta distribución dos versos da estrofa e do refrán na última estrofa. O refrán aparece separado, salvo na primeira estrofa, coa marca habitual en forma de ángulo lixeiramente obtuso. Na última estrofa Colocci repite este signo antes de cada un dos tres versos idénticos do refrán, co que tal vez quere indicar que considera que a estrofa consta só de tres versos e que o refrán, monóstico, se repite tres veces.

 

   Servizo de publicacións da Universidade de Vigo - 2010 Xosé Bieito Arias Freixedo