Cantigas: I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII XIII XIV XV XVI XVII XVIII XIX XX XXI XXII XXIII XXIV XXV

Cantiga: XIV      - A dona que eu quero ben

Versión interpretativa.

 

I. É tal o desexo que teño de ver a dona que amo, que non sabería dicir o grande que é, pero non é sensato, pois sempre a desexo máis aínda cada vez que a vexo.

II. Aínda que hoxe non hai no mundo nada que eu desexe tanto como ir onde a poida ver, máis vale non a ver, pois sempre a desexo máis aínda cada vez que a vexo.

III. De non vela, xa nada me resultará agradábel; de vela, terei unha coita maior; mais por que o farei, se sempre a desexo aínda máis cada vez que a vexo?

IV. Isto si que é impensábel: que eu non vexa sempre que poida esta muller, aínda que lle debería de fuxir, porque sempre a desexo máis aínda cada vez que a vexo.

 

   Servizo de publicacións da Universidade de Vigo - 2010 Xosé Bieito Arias Freixedo