Cantigas: I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII XIII XIV XV XVI XVII XVIII XIX XX XXI XXII XXIII XXIV XXV

Cantiga: VII      - I logo, senhor, que vos vi

Xustificación da edición.

 

Xustificación da edición.

5. PAXECO-MACHADO len ben en B.

7. MONACI non mho leixa. BRAGA nom m'o leixou, repetindo íntegro o segundo verso do refrán. A remota posibilidade de ler o no canto de e, na partícula negativa, en V, dado que non está completa a grafía, perde consistencia dada a lectura de B uen.

8. BRAGA Assás, por erro tipográfico?; entendend'eu, seguindo a lectura diplomática de Monaci.

9. BRAGA a tal, divide o indefinido e interpreta o a como artigo, o que non ten sentido, xa que a cantiga está dirixida directamente á senhor e non é precisa a determinación.

10. BRAGA como á moderna.

11. BRAGA e qual será m'end'eu partir, de difícil intepretación, e a pesar da correcta lectura diplomática de Monaci, da que se deduce claramente o sentido.

16. BRAGA grad'u a vós. Introduce a preposición, tornando o verso hipermétrico, e consecuentemente marca a tonicidade do pronome.

18. BRAGA e NUNES interpretan o comeu 9  dos manuscritos como ca me vos. Adoptamos esta lectura, que parece indiscutíbel; porén apuntaremos que tal vez coubese unha lectura literal dos manuscritos, entendendo a frase como unha comparativa: Porque vos amei/ come vos partira, co sentido de 'Así como vos amei, ben puido ocorrer que vos deixase', aínda que esta posibilidade parece remota, sobre todo tendo en conta o paralelismo existente entre os cuartos versos de cada estrofa.

20. BRAGA m'ho, conservando o h que eliminou sistematicamente no refrán das outras estrofas, salvo no v. 27.

25. MONACI le semẽ non pero en nota a pé de páxina presenta semĩ como outra hipótese de lectura. Porén pensamos que non hai dúbida posíbel. BRAGA se me nom a pesar da representación do til de nasalidade na edición de Monaci, da que parte.

26. Nesta cantiga temos un exemplo da alternacia asistemáticade grafías para representar a forma arcaica do artigo, cando vai precedida dunha palabra rematada en -s. Así, mentres neste verso B/V len mays lo nos versos 5, 12 e 19, represéntase a asimilación do s ao l, coa eliminación daquel na escrita (cf. nota ao v. 10 da cantiga III). PAXECO-MACHADO uoss por erro tipográfico.

 

   Servizo de publicacións da Universidade de Vigo - 2010 Xosé Bieito Arias Freixedo