Cantigas: I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII XIII XIV XV XVI XVII XVIII XIX XX XXI XXII XXIII XXIV XXV

Cantiga: XXIII      - Madre, pois amor ei migo

Métrica.

 

Cantiga de amigo do tipo de refrán, constituída por tres estrofas singulares de tres versos heptasílabos que combinan a rima feminina (os impares) coa masculina (o segundo). Cada estrofa consta tamén dun refrán de tres versos heptasílabos dos cales o primeiro repite a rima do verso segundo do corpo da estrofa, aguda polo tanto, e os dous finais son graves ou de rima feminina. O feito de que o primeiro verso do refrán retome a rima do segundo verso da estrofa fai que esta rima, a rima b, sexa a mesma en todas as estrofas. Refrán e corpo estrófico sóldanse así completamente a través deste verso cuarto de cada estrofa, xa que formando parte do refrán, desde o punto de vista da rima está máis ligado aos outros versos do corpo estrófico, cos que formaría dous pares de rimas alternas. Este é un dato moi a ter en conta e que demostra, unha vez máis, as pretensións innovadoras do noso poeta, posto que das oitenta e unha cantigas dos distintos xéneros que utilizan este esquema de rimas esta cantiga é a única en que o refrán ten tres versos e en que se explota este procedemento de ligazón entre as dúas partes da estrofa.

Rima derivada: 2, 3 III: querer - queredes.

Esquema métrico:

      
7’a  7b 7’a  7B 7’C  7’C 
Iigoerado
IIadaer
IIIedeser

(cf. Tavani, RM, esquema 99: 66).


Só se rexistra este esquema de rimas nunha composición occitana, pero sen refrán e con outro metro (cf. Frank, RM, esquema 538: 1).

Mölk-Wolfzettel, pola súa parte (esquema 1143), rexístrano en varias ocasións na lírica francesa desde as orixes a 1350: en once ocasións empregado como esquema de rimas en composicións con estrofas de seis versos, pero en ningún caso aplicado cun refrán BCC. É empregado ademais en cinco ocasións en estrofas soltas de composicións heteroestróficas, mentres que en catro ocasións é empregado como esquema de rimas do corpo estrófico de composicións con refrán variábel.

 

   Servizo de publicacións da Universidade de Vigo - 2010 Xosé Bieito Arias Freixedo