Cantigas: I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII XIII XIV XV XVI XVII XVIII XIX XX XXI XXII XXIII XXIV XXV

Cantiga: XXIV      - Ora non dev' eu preçar parecer

Métrica.

 

Cantiga de amigo do tipo de refrán, constituída por tres estrofas singulares de catro versos decasílabos masculinos de rimas cruzadas e por un refrán de dous versos decasílabos tamén masculinos, de rima pareada.

Coblas capfinidas: vos.

Coblas capdenals: 4 I-II pois.

En realidade rexístranse correspondencias paralelísticas entre os cuartos versos de todas as estrofas.

Esquema métrico:

10a 10b 10b  10a 10C 10C
I er εn ir
II ar ei
III in/i a

(Cf. Tavani, RM,esquema 155:10)

Tavani considera o refrán como monóstico; de consideralo como dístico, tal como xustificamos no apartado de notas á edición, habería que incluír a cantiga dentro do esquema 160, o máis utilizado polo noso clérigo, aínda que con versos doutra medida.

 

   Servizo de publicacións da Universidade de Vigo - 2010 Xosé Bieito Arias Freixedo