Cantigas: I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII XIII XIV XV XVI XVII XVIII XIX XX XXI XXII XXIII XXIV XXV

Cantiga: X      - De gran coita faz gran lezer

localización nos manuscritos.

 

MANUSCRITOS: B (906 bis) (fol. 195r. b), V 493 (fol.78v. b).

Esta cantiga, ao non estar a súa letra inicial remarcada polo copista, non foi numerada por Colocci en B (cf. este apartado, na cantiga 7 (B 904 bis). Posteriormente, o humanista si se decata da independencia desta composición, e, no lugar habitual, isto é, sobre o primeiro verso, á dereita, escribe a apostila dui tornel, indicando que se trata dunha cantiga con refrán duplo. Mais esta conclusión é errada e está inducida, de novo, por un erro previo do copista de B, quen na primeira estrofa, despois de copiar o refrán, escribe por segunda vez as dúas primeiras palabras do mesmo, de aí que Colocci pensase que debía repetirse. Unha vez máis Colocci separa os versos do refrán coa habitual marca en forma de ángulo.

 

   Servizo de publicacións da Universidade de Vigo - 2010 Xosé Bieito Arias Freixedo