Cantigas: | I | II | III | IV | V | VI | VII | VIII | IX | X | XI | XII | XIII | XIV | XV | XVI | XVII | XVIII | XIX | XX | XXI | XXII | XXIII | XXIV | XXV |
MANUSCRITOS: B (904 bis) (fol. 194v. b), V 490 (fol. 78r. b e 78v. a).
Precedida, no cancioneiro B, da apostila tornel,situada coma sempre sobre o primeiro verso na marxe dereita, a presente cantiga foi saltada por Colocci na súa numeración. Seguindo a numeración colocciana das cantigas de Roi Fernandiz, á presente corresponderíalle o nº 905, pero ao ser este o número dado por Colocci á seguinte cantiga, nós numerámola, como é habitual nestes casos, co nº 904 bis. Ademais de separar co signo habitual en ángulo os versos do refrán do resto, o humanista italiano coloca tamén este signo na marxe esquerda do primeiro verso da cantiga, talvez para indicar que neste punto comeza unha nova composición, ao decatarse do erro de numeración. A explicación dos erros de numeración parece clara, neste caso, así coma no da cantiga 10 do noso poeta (906 bis), xa que se deduce que Colocci, polo menos No que se refire a esta zona do cancioneiro B, numerou as cantigas antes de lelas con atención e baseándose sobre todo na inicial máis recargada do primeiro verso, de aí que, ao non estar recargada de tinta polo copista a letra inicial destas dúas composicións, o sabio italiano fose inducido a erro.
Servizo de publicacións da Universidade de Vigo - 2010 | Xosé Bieito Arias Freixedo |