Cantigas: | I | II | III | IV | V | VI | VII | VIII | IX | X | XI | XII | XIII | XIV | XV | XVI | XVII | XVIII | XIX | XX | XXI | XXII | XXIII | XXIV | XXV |
Cantiga de amor, do tipo de refrán, formada por tres estrofas singulares de catro versos octosílabos agudos, de rima cruzada, máis un refrán de dous versos tamén octosílabos agudos, monorrimos con rima propia. A cantiga remata cunha fiinda de dous versos da mesma medida e natureza, que retoman a rima do refrán.
Coblas capcaudadas ao refrán, III-fiinda.
Coblas capfinidas ao refrán, III-fiinda (faz).
Coblas capdenals: 4 I, III tan; 1 II, III De.
Palabra volta 6, 2 fiinda: querer.
Existe correspondencia paralelística entre os cuartos versos das tres estrofas.
Esquema métrico:
8a | 8b | 8b | 8a | 8C | 8C | |
I | εn | al | er | |||
II | a | az | ||||
III | ar | ir | ||||
fiinda | 8c | 8c | ||||
er |
O esquema é, con diferenza, o máis usado pola escola galego-portuguesa; un total de 466 veces (cf. Tavani, RM, esquema 160: 379). Trátase tamén do máis frecuentado polo noso trobador, que o utiliza en dez composicións, das cales nove son de amor e unha de amigo, todas teñen refrán e oito rematan con fiinda. (Cf. o comentario á cantiga III do noso autor onde remitimos a I. Frank (RM, esquema 547), para a utilización deste esquema de distribución de rimas na escola provenzal, e a Mölk-Wolfzettel (esquema 1408) para a lírica francesa).
O rimante do v. 15 destroir, é moi raro (cf. A. Víñez, 1989 e a nosa nota a este verso).
Servizo de publicacións da Universidade de Vigo - 2010 | Xosé Bieito Arias Freixedo |