Cantigas: | I | II | III | IV | V | VI | VII | VIII | IX | X | XI | XII | XIII | XIV | XV | XVI | XVII | XVIII | XIX | XX | XXI | XXII | XXIII | XXIV | XXV |
MANUSCRITOS: B 927 (fol. 199r. b), V 515 (fol. 82r. a).
Esta cantiga está precedida en B polo nº 927, sobre a inicial, e pola habitual apostila colocciana tornel indicadora da presenza do refrán, que o humanista separa, como adoita, por medio da coñecida marca en forma de ángulo, aínda que só nas dúas primeiras estrofas. No v. 2, Colocci subliña matende, e en nota na marxe superior, sobre esta columna b, anota "atende", aclarando así que a forma matende do manuscrito é resultado da amálgama do pronome me coa forma verbal.
Servizo de publicacións da Universidade de Vigo - 2010 | Xosé Bieito Arias Freixedo |