Cantigas: I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII XIII XIV XV XVI XVII XVIII XIX XX XXI XXII XXIII XXIV XXV

Cantiga: XXV      - Madre, quer' oj' eu ir veer

localización nos manuscritos.

 

MANUSCRITOS: B 932 (fol. 200r. a/b), V 520 (fol. 82v. b).

Esta cantiga leva en B o nº 932 da numeración de Colocci, quen no lugar de costume, sobre o primeiro verso á dereita coloca a apostila tornel indicadora do refrán. O italiano separa tamén neste caso, co habitual signo angular, o refrán do resto dos versos, nas tres estrofas, aínda que de novo se trabuca na segmentación, xa que coloca a marca antes do último verso do refrán, confundido probabelmente pola súa estrutura intercalar.

 

   Servizo de publicacións da Universidade de Vigo - 2010 Xosé Bieito Arias Freixedo