Cantigas: I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII XIII XIV XV XVI XVII XVIII XIX XX XXI XXII XXIII XXIV XXV

Cantiga: XIX      - Conhosco-me, meu amigo,

localización nos manuscritos.

 

MANUSCRITOS: B 926 (fol. 199r. a/b), V 514 (fol. 82r. a)

 

Cantiga precedida en B, sobre o primeiro verso, da rúbrica atributiva Roy fernãdiz da man de Colocci, quen a numera co nº 926, sobre o primeiro verso á esquerda, e indica que se trata dunha cantiga de refrán coa habitual apostila tornel, sobre o primeiro verso á dereita, separando tamén os versos do refrán, nas tres estrofas, coa marca habitual en forma de ángulo.

En V, esta cantiga está tamén precedida da rúbrica atributiva colocciana Roy fer nan diz  , e á altura do v. 1, na marxe esquerda, o número 175, ao parecer tamén da man de Colocci, remite ao exemplar empregado para a súa copia.

 

   Servizo de publicacións da Universidade de Vigo - 2010 Xosé Bieito Arias Freixedo