- Temática: Como xa se sinalou, as propostas de Locus Criticus xirarán ao redor de calquera aspecto ecdótico, codicolóxico ou hermenéutico da edición da lÃrica profana (ou mesmo relixiosa) galego-portuguesa medieval.
- Criterios de edición: Verbo dos criterios de edición, remitimos ás Normas de edición para a poesÃa trobadoresca galego-portuguesa medieval (ed. de M. Ferreiro, C. P. MartÃnez Pereiro e L. Tato FontaÃña), A Coruña: Universidade da Coruña, 2007, ou no enderezo http://www.udc.es/publicaciones/documentos/biblioteca/NormaEdicionPoesiaTF.pdf
- Remisión de propostas ou colaboracións: O camiño máis directo consiste no envÃo por correo electrónico a locuscriticus@uvigo.es; en todo caso, pode empregarse tamén o correo postal: Locus Criticus; Departamento de FiloloxÃa Galega e Latina; Facultade de FiloloxÃa e Tradución; Universidade de Vigo; Campus das Lagoas (Marcosende) s/n, 36310 Vigo (Galicia – España).
- Dereitos: Os distintos colaboradores de Locus Criticus posúen os dereitos sobre as propias intervencións, dereitos que comparten con Locus Criticus e con toda a comunidade cientÃfica internacional como creative commons.
- Periodicidade na publicación: Locus Criticus tivo unha primeira época na que se ofreceu mensualmente cada entrega (ano 2009). A partir do ano 2010, inaugurouse a segunda época cunha periodicidade trimestral nas entregas temáticas (catro números ó ano). En todo caso, se a cantidade de solicitudes asà o aconsellar, pódese acurtar o devandito perÃodo.
- Como citar Locus Criticus: Locus Criticus. CrÃtica textual en rede [en liña]. X. Bieito Arias Freixedo & Alexandre RodrÃguez Guerra (eds.): Vigo: Universidade de Vigo. 2009-. <https://webs.uvigo.es/locuscriticus/> [Data da consulta]. ISSN 1989-6344.
- Como citar unha contribución en Locus Criticus: Cohen, Rip (2009): “Non vos façan creer, senhor”, Locus Criticus [en liña], nº 5 (Novembro 2009), contribucións: 3, 5, 7 e 9. Vigo: Universidade de Vigo. <https://webs.uvigo.es/locuscriticus/?p=209> [6 de decembro de 2011]. ISSN 1989-6344.