Locus Criticus

Proxecto

Na súa orixe, a elaboración e xestión de Locus Criticus encádranse no marco do subproxecto de investigación As cantigas do cancioneiro de clérigos: edición e estudo (PGIDIT06CS20401PR), do que é investigador principal o profesor da Universidade de Vigo Xosé Bieito Arias Freixedo, subvencionado pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia na súa convocatoria de 2006 dentro do Plan sectorial. Os outros dous subproxectos son O cancioneiro dos cabaleiros (do que é investigadora principal -e coordinadora xeral- Mercedes Brea, da Universidade de Santiago de Compostela) e O segundo Cancioneiro Aristocrático (do que é investigador principal Carlos Paulo Martínez Pereiro, da Universidade da Coruña).

Dende o mesmo momento da súa xestación, Locus Criticus naceu coa intención de superar as estreitas barreiras que presentaban os devanditos proxectos. Deles recolleu a metodoloxía de traballo, o rigor científico, o espírito de labor de equipo e o xeito de traballar na lírica medieval galego-portuguesa. Pero transcéndeos, sobre todo, a través da súa proxección internacional e por medio dunha interactividade completa entre todos os expertos ou profesionais deste eido.

logo_innovacion_industria-investigacion