Arquivo de Febreiro, 2011
Nº 10: Pois min amor non quer leixar (1º trimestre 2011)
por en Feb.01, 2011, arquivado en Airas Nunez, Números recentes
Na obra do clérigo Airas Nunez rexÃstrase un caso de notábel complexidade ecdótica que xa foi analizado a fondo, nas varias facetas que presenta, polo editor deste trobador, Giuseppe Tavani, na súa edición de 1963 (manexamos a edición galega: A poesÃa de Airas Nunez, Vigo: Galaxia, 1992). Sirva pois de pequena homenaxe ao grande mestre, esta volta a aquel seu traballo de hai case cincuenta anos.
A cuestión radica na presenza por duplicado nos cancioneiros quiñentistas (B873 e B885bis / V457 e V469) dunha das cantigas de amor, situadas nos lugares IV e XIV do total de quince composicións transmitidas por estes cancioneiros.
Partimos da idea xa indicada por Tavani de que se trata de dúas versións dun único texto poético.
Xunto coas imaxes de ambas as versións nos dous manuscritos, ofrecemos tamén as dúas versións editadas por Tavani, indicando as diverxencias máis salientábeis entre elas, aÃnda que non introduciremos aquà ningún argumento ou comentario nin do editor -que analizou os textos a fondo- nin propios.
A nosa intención é que, coa guÃa das variantes rexistradas por Tavani, poidamos mergullarnos comunalmente nos manuscritos para intentar dilucidar en toda a súa complexidade as vicisitudes sufridas por esta composición -na súa vertente textual- até que foi recollida por escrito, en versión dupla, polos cancioneiros quiñentistas.
Velaquà o texto da cantiga IV en B e V:
![]() |
![]() |
Velaquà o texto da cantiga XIV en B e V:
![]() |
![]() |
E velaquà o texto das cantigas IV e XIV na edición de G. Tavani:
![]() |
![]() |
As principais diverxencias entre ambas as versións son, moi esquematicamente, as seguintes:
a.   Cambio na orde das estrofas I e II.
b.   Carencia dun verso nas estrofas I e II (na cantiga IV).
c.   Redistribución e reelaboración do contido no lugar onde falta o verso (na cantiga IV).
d.   Encabezamento cos tres versos do refrán (na cantiga XIV), etc.
Son moitas e de moi diversa natureza as dúbidas e os interrogantes que se presentan: dende a tamén variada, e por veces aparentemente contraditoria, natureza das diverxencias entre ambas as versións, á decisión de editar dous textos ou un só e cómo.
Agardamos que a complexidade da cuestión formulada promova a participación.