Locus Criticus

Arquivo de Setembro, 2010

Nº 9: Quer’ eu, amigas, o mundo loar (4º trimestre 2010)

por en Set.28, 2010, arquivado en Joan García de Guilhade

A cantiga de amigo (B 743, V 345) de Joan Garcia de Guilhade resulta moi orixinal pola linguaxe hiperbolizante do gozo amoroso. Aínda que o sentido xeral se percibe nidiamente, o texto presenta algunhas dificultades de edición, sobre todo na segunda estrofa e tamén na fiinda. Para evitar condicionar as interpretacións dos participantes non imos incluír nesta presentación as versións dos diversos editores. Limitarémonos a ofrecer as imaxes dos manuscritos e, para contextualizar o contido, o texto da primeira das estrofas, que non presenta problemas, na edición máis recente, de Rip Cohen.

Eis as imaxes dos manuscritos:

guilhade-b PDF Printing 600 dpi
(Imaxe de B) (Imaxe de V)

E velaquí o texto crítico da estrofa I, na edición citada de R. Cohen:

Quer’ eu, amigas, o mundo loar
por quanto ben m’ i Nostro Senhor fez;
fez me fremosa e de mui bon prez,
ar faz mi meu amigo muit’ amar;
aqueste mundo x’ est’ a melhor ren
das que Deus fez a quen El i faz ben.

Esperamos, xa que logo, as reflexións dos/das colegas a propósito dos lugares críticos sinalados: (i) versos 9-12 da segunda estrofa, (ii)versos 15-16 da terceira e (iii) fiinda.

2 Comentarios máis...