Arquivo de Outubro, 2009
Nº 4: Non me posso pagar tanto (II) (Outubro 2009)
por en Out.02, 2009, arquivado en Alfonso X, Números recentes
En paralelo coa extremadamente complexa cuestión da interpretación da cantiga do Rei Sabio, e tal como anunciamos no seu dÃa, propomos agora centrar o debate nas cuestións textuais, sen que iso signifique que a discusión sobre aquela outra cuestión fique fechada.
Malia seren diversas as dificultades ecdóticas que se rexistran ao longo do texto, optamos por tratalas todas nunha única entrada. Por causa disto, e para manter unha mÃnima orde, faremos catro partes na formulación, unha por cada estrofa.
SerÃa conveniente, pois, que os comentarios dos participantes mantivesen a secuencia da cantiga e remitisen sempre ás estrofas e aos versos da mesma.
A versión de M. R. Lapa inserida na entrada anterior, poderá servir de referencia para o texto crÃtico.
Os diversos lugares crÃticos enúncianse de xeito moi sucinto e, tendo en conta que se achega a versión fotográfica dos dous manuscritos para facilitar a consulta, non incluÃmos transcricións paleográficas dos mesmos, para evitar condicionar as lecturas dos participantes.
Na edición de M. R. Lapa poden verse as versións de editores anteriores.
![]() |
Cobra I.
I.4
v. 4. nen d’amor nen…: d’am[b]içon [Michaëlis], d’amiçon [Lollis], de mixon [Lapa], d’anviçon [Lanciani-Tavani], de misson [G. V. Lopes].
I.7
v. 7. Verso hipométrico: mui [mui] perigosas [Michaëlis], mui perigo[o]sas [Lapa], mui[to] perigosas [G. V. Lopes].
Cobra II.
II.21
v. 21. mais tragerei un…:  dormon [Michaëlis, Lapa], dornon [suxestión de Lapa, G. V. Lopes].
Cobra III.
III.27
v. 27. Verso hipermétrico: nen de lançar a…: tav(o)lado [Michaëlis], tavolado [Lapa, con nota aclaratoria da pronuncia trisilábica], tav’lado [G. V. Lopes, coa nota: (por tavolado)].
III.30
v. 30.  …nen de bafordar: oimais, [Michaëlis], aqui, [Lapa], adés, [G. V. Lopes].
III.31
v. 31.  e andar de…: noute [Michaëlis, Lapa, G. V. Lopes], noite (?).
III.33
v. 33   e o roldar [Michaëlis], e a roldar [Lapa, Lopes], e a rold’ar (?).
Cobra IV.
IV.42
v. 42.  …pod’enganar: já já me i [Lollis], já mais me [Michaëlis], nunca me [Lapa, Lopes].
IV.43-47
vv.43-47.
Michaëlis: en armas, ca non m’é dado. / Doado / m’e de ar én razõar, / pois las non ei de provar.
Lapa: en armas, ca non m’é dado / (doado / m’é de as eu razõar, / pois las non ei a provar),
G. V. Lopes: em armas, ca non m’é dado / doado / de me as eu razõar, / poi’las nom hei a provar.
A estas cuestións, e a algunha máis que eventualmente se poida propor ao longo do debate, hai que engadir a do termo alacrán, editado con nasal por todos os editores aÃnda que tal vez sen unha base sólida nos manuscritos.