D. Denis
chamar-m’ han (per)jurada/ do amor
por en Feb.13, 2013, arquivado en D. Denis
O colega Rip Cohen proponnos analizar un paso do penúltimo verso da cantiga de D. Denis Mia madre velida (B 592, V 195).
Neste verso (v. 23), podemos ler como rimante a palabra periurada en V e a mesma palabra, sen punto sobre o <ı>, en B: perıurada.
Eis as dúas últimas estrofas nos apógrafos italianos:
![]() |
|
Imaxe de B 592 | Imaxe de V 195 |
(Para a versión Ãntegra dos textos manuscritos remitimos á páxina do Projeto Littera: http://www.cantigas.fcsh.unl.pt/cantiga.asp?cdcant=616&pv=sim)
O problema de edición radica en que se respectamos a lección dos manuscritos o verso resulta hipermétrico, fronte á perfecta isometrÃa do resto da composición.
H. Lang, primeiro editor das cantigas de D. Denis, optou por prescindir da partÃcula inicial per- e leu o verso deste xeito: chamar-mh am jurada. Lectura que seguirÃa J. J. Nunes, con leves variacións gráficas: chamar-m’ an jurada. O significado que lle dan á palabra jurada no contexto das dúas últimas estrofas é o de ‘prometida, desposada, amada’.
En edicións posteriores, o propio Rip Cohen (500 Cantigas d’Amigo) cualifica a lectura de Lang como ‘imaginary’ e retoma a lección fiel aos manuscritos, malia a hipermetrÃa do verso: chamar m’ án perjurada.
Graça V. Lopes, na máis recente edición en rede do Projeto Littera, edita tamén o verso hipermétrico segundo os manuscritos: chamar-m’-am perjurada, e dálle o sentido de ‘falso, que cometeu perjúrio’
Trátase, como vemos, dun locus criticus que atinxe dous aspectos da poética: a métrica e o sentido. Pode xustificarse unha funcionalidade especÃfica para un verso hipermétrico, case conclusivo da cantiga, en relación ao contido global da mesma? Ten sentido o termo ‘perjurada’ (perjurada do amor) en relación ao resto da composición? TerÃa máis sentido o termo ‘jurada’ (jurada do amor) no conxunto do texto?