Joan GarcÃa de Guilhade
Nº 9: Quer’ eu, amigas, o mundo loar (4º trimestre 2010)
por en Set.28, 2010, arquivado en Joan GarcÃa de Guilhade
A cantiga de amigo (B 743, V 345) de Joan Garcia de Guilhade resulta moi orixinal pola linguaxe hiperbolizante do gozo amoroso. AÃnda que o sentido xeral se percibe nidiamente, o texto presenta algunhas dificultades de edición, sobre todo na segunda estrofa e tamén na fiinda. Para evitar condicionar as interpretacións dos participantes non imos incluÃr nesta presentación as versións dos diversos editores. Limitarémonos a ofrecer as imaxes dos manuscritos e, para contextualizar o contido, o texto da primeira das estrofas, que non presenta problemas, na edición máis recente, de Rip Cohen.
Eis as imaxes dos manuscritos:
![]() |
![]() |
(Imaxe de B) | (Imaxe de V) |
E velaquà o texto crÃtico da estrofa I, na edición citada de R. Cohen:
Quer’ eu, amigas, o mundo loar
por quanto ben m’ i Nostro Senhor fez;
fez me fremosa e de mui bon prez,
ar faz mi meu amigo muit’ amar;
aqueste mundo x’ est’ a melhor ren
das que Deus fez a quen El i faz ben.
Esperamos, xa que logo, as reflexións dos/das colegas a propósito dos lugares crÃticos sinalados: (i) versos 9-12 da segunda estrofa, (ii)versos 15-16 da terceira e (iii) fiinda.